boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O galego fóra das nosas fronteiras
CONCERTO

Os cativos de Lubián (Zamora) poderán gozar con música en directo na súa lingua propia
JUAN FLORIANI . COMPOSTELA

O grupo de música infantil en galego Mamá Cabra ofrecerá hoxe ás doce e media da mañá un concerto na Casa do Pobo do Concello de Lubián (Zamora), organizado pola Fundación Via Galego e o Concello de Lubián coa colaboración da Vicepresidencia da Xunta de Galiza. O obxectivo da actuación, aberta a todo o público, é achegarlle aos cativos da bisbarra das Portelas, onde se calcula que o 90 por cento da poboación fala en galego, a oportunidade de escoitar música en directo na súa lingua.

Ademais de en Lubián, na provincia de Zamora fálase en galego nos concellos de Hermisende, As Pías e na pedanía de Calabor. A pesar de que a lingua tiña xa recoñecemento no Estatuto de Autonomía de Castela e León do 1999 e continúa a telo no novo Estatuto do 2007, o único beneficio de que goza o galego nesta comunidade é a súa simbólica introdución escolar e certa vitalidade cultural e reivindicativa. Está totalmente excluído ­doutros eidos de uso, como o da Administración (a pesar dos esforzos realizados polo Concello de Lubián) ou o dos medios de comunicación. Unha mostra de que a situación non é fácil para a cultura da zona é que na escola de Lubián, até hai un ano, os nenos e as nenas tiñan prohibido falar en galego.

Un dos obxectivos da Fundación Via Galego, creada no ano 2006 e auspiciada pola Mesa pola Normalización Lingüística, é apoiar as organizacións e colectivos que traballan pola normalización do galego alí onde se fala historicamente fóra das fronteiras de Galiza.
DATOS

Sons para os máis pequenos

O grupo Mamá Cabra é recoñecido pola súa música viva e chea de ledicia, ademais de polo espectáculo activo e atractivo para os máis pequenos. Basean o seu espectaculo no xogo e no baile tentando que sexa o máis participativo posibel para os cativos.
O galego fóra das nosas fronteiras
Comentarios (1) - Categoría: Galiza estremeira - Publicado o 29-12-2007 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por lion embusqué en peluche (05-09-2013 10:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0