boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sarille: "Vexo unha Galiza cun 10% de galego-falantes"
Afirma non ser pesimista e indica que só pretende elaborar unha radiografia da situación actual da lingua galega. Salienta que nos últimos 30 anos percíbese unha caida continuada no número de falantes do noso idioma, "e non houbo un cambio cualitativo na maneira de tratar a lingua dende a Xunta de Galicia, tampouco percibo na sociedade enerxias para impulsar mutacións sustantivas" apunta Xosé Manuel Sarille, ex presidente da Mesa pola Normalización Lingüistica que ven de publicar o libro "A impostura e a desorientación na normalización lingüistica".

Sarille recoñece que nas pasadas tres décadas "aumentaron as destrezas lingüisticas e medra tamén o prestixio do galego, que cae incluso nunha certa sacralización, pero non se deu recuperado a transmisión espontánea da lingua de pais a fillos".

O profesor de Galego nun Instituto de Santiago de Compostela indica que se parece o momento actual ao da desaparición do latín: "Estúdase cada vez máis nas universidades, pero fálase cada vez menos".

Xosé Manuel Sarille amósase tamén escéptico sobre a posibilidade dunha norma única para todas as variantes do portugués no mundo, como forma de afrontar a globalización: "Penso que o galego precisa unha norma propia e estable, pero no que habería que afondar sería nas relacións culturais, sociais e económicas con Portugal, pero sobor de todo con Brasil, cunha maior potencia demográfica e cunha economia emerxente".

Escoita aquí a entrevista completa realizada en Radiofusión a Xosé Manuel Sarille.

Autor : Henrique Sanfiz Raposo
Sarille: "Vexo unha Galiza cun 10% de galego-falantes"
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 25-12-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por rat grignotant en peluche (05-09-2013 10:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0