boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os nazis procuraron o Santo Graal en Galiza
Os que querían converter Galiza en "patacaland" estiveron por estes lares na procura do Santo Graal

As claves mitolóxicas coruñesas

O lendario investigador alemán Otto Rahn -segundo revelou recentemente a Orde Martinista- visitou A Coruña en 1937 para seguir unha pista que levaba á tumba do Apóstolo en Compostela. Rahn permaneceu varios meses na cidade herculina camuflado coa nutrida rede de asistentes militares nazis que asesoraban entón o bloqueo franquista do Cantábrico para impedir a chegada de armas á zona republicana.
Sábese que o enigmático investigador alemán visitou a casa natal do seu mestre martinista no número 13 da rúa Olmos -que aínda segue tal cal- e que rastrexou lendas relacionadas coa ruta galega do Graal. Rahn deixou constancia nun escrito que Galicia foi o reino europeo occidental máis antigo -despois do visigodo con sede en Toulouse- tras a caída do Imperio Romano e o único país de substrato céltico que ostenta o graal no seu escudo.
Segundo os martinistas, Rahn interesouse moi especialmente polas bases etnográficas que sustentan o mito da Pedra do Destino -a pedra máxica que segundo a lenda foi transportada de Brigantium a Gran Bretaña, sobre a que se coroaron os monarcas ingleses, entre eles a actual Isabel II- e que os estudos esotéricos identifican como Pedra de Enoch ou de Jacob -o patriarca da estirpe aria segundo Himmler-. Rahn escribiu ese ano ao xerarca das SS un informe no que se mostraba seguro de que era o hereje Prisciliano -decapitado en Tréveris o ano 385 acusado de mago- e non o apóstolo Santiago quen estaba enterrado verdadeiramente no sepulcro da catedral compostelá. Os priscilianistas -entre eles bispos- constituíronse en sociedade secreta en Galicia á súa morte. Para o ocultista alemán, ambos os episodios mitolóxicos coruñeses formaban parte do secreto crebacabezas do verdadeiro Graal simbólico: isto é, a pista borrada polos primigenios seguidores cátaros da suposta liñaxe humana de Cristo traído a Europa.


A reportaxe ao completo na ligazón de abaixo
A obsesión de Himmler
Comentarios (2) - Categoría: historia - Publicado o 03-12-2007 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 O tema é interesantísimo. Até hai uns anos no Arquivo Pacheco de Vigo existían unhas fotos de Massó con arqueólogos nacistas no Mon#blgtk08#te do Facho, n'O Hío.

A mistificación histórica é considerábel, pero o tema apasiona polo seu esoterismo novelesco.
Comentario por XiaoRoel (30-12-2007 18:46)
2 grac#blgtk08#ias
Comentario por coussin monstre raisin en peluche (05-09-2013 10:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0