boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un 40% da poboación galega emigrou durante o século XX
Un estudo presentado pola Fundación BBVA analiza a evolución demográfica das comunidades autónomas.

Máis do 40% da poboación galega emigrou ao resto de España ou a outros países durante o século XX, segundo un estudo sobre a evolución demográfica das comunidades autónomas.
O informe «Evolución da poboación española no século XX», presentado hoxe pola Fundación BBVA, subliña que un total de 823.853 persoas abandonaron Galicia para instalarse fóra dese territorio.
Precisa que a emigración neta a outras provincias españolas foi de 597.712 persoas, o equivalente ao 30,3% da poboación galega residente en 1900, que era de 1,97 millóns.
Engade que o pasado século outras 226.141 persoas marcharon de Galicia a outros países, o que equivale ao 11,5% da poboación galega residente en 1900.
O documento observa ademais que «a emigración neta galega ao estranxeiro foi irregular aos longo do século, superando sempre a emigración á inmigración, salvo entre 1930-1940 e 1990-2000».
Puntualiza ademais que no período de 1920 a 1930 houbo un retorno de 106.805 emigrantes do resto de España, e engade que ese regreso da diáspora galega produciuse tamén de 1990 a 2000, cando houbo un retorno neto de 25.495 persoas.
O estudo precisa que durante o século XX a poboación galega aumentou en 38,78%, para situarse ao 31 de decembro de 2000 en 2.741.236 residentes, fronte a 1.975.196 en 1990.
Destaca que en Galicia, os nacementos «na primeira parte do século foron similares á media española» para, a partir de 1980, «seguir a pauta decreciente do conxunto nacional» e no período 1995-2000 situáronse en 3,41% da poboación residente, fronte ao 4,53% no conxunto de España.
Respecto das defuncións, subliña que foron en «progresivo descenso» ata 1985, aínda que no último quinquenio pasaron a ser «superiores á media nacional»para situarse en 5,20% da poboación, fronte a 4,35% no conxunto de España.
Nese sentido, puntualiza que houbo un «crecemento vexetativo negativo da poboación galega» do 1,79% entre os anos 1995 e 2000, fronte a un «modesto crecemento positivo» de 0,18% no conxunto de España.
O informe subliña tamén a supremacía da poboación feminina sobre a masculina e a tendencia ao envellecemento da poboación cara a finais do século.
Así, puntualiza que mentres que en 1900 os menores de 16 anos representaban o 36,88% da poboación galega, fronte ao 36,28% en toda España, a finais de século diminuíu ao 13,05%, mentres que no conxunto nacional situouse en 15,57%.
Así mesmo, os maiores de 65 anos pasaron de ser o 6,54% da poboación galega a principios de século, fronte ao 5,21% da española, a situarse no ano 200 en 20,57% dos residentes en Galicia, comparativamente ao 17% do conxunto de España.
O estudo indica que «o envellecemento da poboación galega é maior relativamente por mor da emigración».
Un 40% da poboación galega emigrou durante o século XX
Comentarios (1) - Categoría: historia - Publicado o 08-11-2007 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ptéranodon Podgeys en peluche (04-09-2013 10:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0