boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lingua e identidade
XOSÉ NEIRA VILAS

É difícil entender como poden existir persoas neste país que inda manteñen reticencias respecto do uso diverso, oral e escrito, da nosa lingua, atributo esencial que nos define como pobo diferenciado, cunha cultura de seu e un xeito propio de expresala. É ben sabido que o galego e o portugués, con mínimas diferencias fonéticas, son a mesma lingua. Este noso idioma, "fillo do latín, pai do portugués e irmán maior do castelán", vén sendo unha das tres grandes linguas atlánticas. Países tan anchos e importantes como Estados Unidos, Arxentina ou Brasil, utilizan idiomas "prestados". E aquí, neste pequeno territorio de a penas 30 mil quilómetros de territorio, falamos unha lingua propia, decantada polo noso pobo ó longo de oito séculos.

Cadra que os que a rexeitan non son precisamente iletrados, senón, en todo caso, domesticados. Saben todo esto. E saben tamén -ou deberían sabelo- que "se inda somos galegos é por obra e graza do noso idioma", como dixo Castelao. Mais tamén pode ser que os que así proceden queiran tamén rexeitar a súa orixe.

Dicía un personaxe teatral de Antón Villar Ponte que "ninguén sabe do noso máis que nós". Do mesmo xeito, ninguén vai defender o noso se nós non o defendemos. Fichte sentenciou que "o signo dunha nacionalidade é o seu idioma". Sorte ten este país por ter un medio propio de comunicación e ó mesmo tempo dispoñer doutro que é de todo o Estado. Carecen desta vantaxe os de Almería ou de Toledo, por exemplo. Un neno galego pode deprender á vez dúas linguas, e inda tres, e non se pense que esto pode confundilo. Os psicólogos sosteñen todo o contrario: axúdaos na súa evolución mental.

Son actitudes incomprensibles. Non se trata de forzar a vontade de ninguén, pero rexeitar a propia lingua é tanto coma menosprezar ós pais e ós avós e ó pobo do que formamos parte.
Lingua e identidade
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 08-11-2007 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por tricératops Podgeys en peluche (04-09-2013 10:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0