boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Preservación colectiva de Ridimoas
REPORTAXE

Un milleiro de copropietarios coidan o ecosistema de 300 hectáreas dun bosque do Ribeiro. O que comezou como un lugar onde recuperar aves feridas, permite hoxe en día a cría de lontras, corzos, xabarís e raposos e alberga flora en vías de extinción
ROSA VEIGAOURENSE


Unha zona ambiental nun bosque de tipo mediterráneo da comarca do Ribeiro está preservada grazas a un milleiro de persoas de España, Venezuela, Suíza, Alemaña e Canadá copropietarias de 300 hectáreas a cambio dunha cota anual de 10 euros, explicoulle a Efe o presidente da asociación que o xestiona, Pablo Oitabén.

Profesor de Formación Profesional, Oitabén decidiu hai quince anos buscar un lugar para facilitar a recuperación das aves feridas que lle levaban os seus alumnos e amigos, e ideou un proxecto de recuperación do bosque que ocupa os montes da contorna de Beade, onde vive, e fundou a asociación Ridimoas con cincuenta socios, fundamentalmente da Universidade Laboral de Ourense.

?Empezamos a traballar nunha leira chamada Ridimoas que era do meu pai e a partir de aí, cunha cota mínima por socio de 10 euros, dedicamos parte a ampliar aquel terreo e propuxémonos comprar polo menos unha hectárea ó ano e xa estamos en 300?, indicou Oitabén.

A superficie do bosque controlada por Ridimoas aumentou cada ano, segundo Oitabén, non só coas cotas, senón coa axuda dos premios concedidos pola Xunta de Galicia e outros organismos ó seu labor de educación e sensibilización. ?Este soño de preservación ocupa toda unha vida?, comentou Oitabén, tras sinalar que lle destinou a ese proxecto o seu soldo de actor nun documental sobre lobos, baseado nunha obra do escritor lucense Ánxel Fole, homenaxeado anos atrás no Día das Letras Galegas.

Para o mesmo fin destinou tamén a remuneración obtida na película A lingua das bolboretas de José Luís Corda, por utilizar bolboretas de Ridimoas, dixo Oitabén, quen recordou que ese espazo foi tamén o escenario dun documental sobre a vida de Pedro Pardo de Cela.
Negociar cos agricultores para aumentar o terreo

Os socios de Ridimoas pasaron en quince anos de 50 a 1.018 copropietarios do bosque, unha contorna natural de crecemento sostible e en equilibrio, segundo o promotor da iniciativa.
O profesor e naturalista é a clave nese equilibrio xa que, segundo explicou, encárgase persoalmente de negociar cos agricultores para comprarlles as parcelas para estender o bosque, algo que contribúe a que ?queden satisfeitos? e inclúe ?novos contactos?. Oitabén encárgase de vixiar, sobre todo no verán polo risco de incendios, esa superficie e desde hai dous anos supervísao a lombos dunha das eguas que lle entregou o Xulgado, logo de resultar abandonada e ferida tras un litixio.
A directiva de Ridimoas decidiu quedar con esa egua e a súa cría, habilitando para iso un pequeno cercado ó que Oitabén vai cada día para proporcionarlles comida e auga. ?As eguas agora forman parte do equilibrio deste bosque ?engadiu? xa que manteñen limpo o camiño que o cruza e que utilizamos para as visitas educativas?. ?Dentro duns días levareinas a pacer ós fieitos que cobren unha poza de auga na que está terminando a cría de larvas de salamántica, ata agora protexidas dos seus predadores por fieitos de dous metros?, engadiu.

Mentres a píntega cría, as eguas non poden alimentarse do fiuncho porque a planta acumula cianuro nas súas follas ?pero dentro duns días, coincidindo co fin das larvas, o cianuro pasa a concentrarse nas raíces e as follas serán comestibles?, dixo.
Axuda de voluntarios para coidar a contorna

Para o coidado do bosque colectivo, Oitabén aproveita a axuda das persoas que visitan a zona con vontade de contribuír e que dispón de tempo libre, especialmente para eliminar algunhas especies invasoras que danan a contorna.

Destacou que a acacia-mimosa, unha árbore procedente de Australia, é ?unha especie moi invasiva e difícil de eliminar? polo que cada ano é necesario sacarlle espazo e ?librarse desta praga? para deixar espazo a ?castiñeiros, carballos, bidueiros, abeleiras e corticeiras, entre outros, que permiten recuperar o ecosistema para aves, insectos e réptiles?.

Cada mes de febreiro celébrase unha asemblea xeral na que participan uns 400 socios procedentes de diversos puntos de España e celébrase xeralmente durante un xantar nun restaurante de Ribadavia e, posteriormente, durante a tarde, aproveitan para visitar os terreos do seu bosque.

O actual tamaño, segundo Pablo Oitabén, permite deixar unha zona sen visitas para non molestar a lontras, corzos, xabarís e raposos que viven e procrean entre as abeleiras e ?cerdeiras de acio?, en vías de extinción e que só conta con 50 plantas rexistradas en Galicia, das que 20 están en Ridimoas e outras catro saíron de Beade para o parque natural do Invernadoiro, tamén en Ourense.
Todas as idas e vidas de animais, a saída de leña do bosque a cambio de sacos de gran para os cabalos e todo o observado por Oitabén no bosque rexístrase nun diario que tamén incorpora temperaturas e horas de luz, datos que cada semana envía ó programa mundial ?Globe?, desenvolvido na NASA, no que tamén participa un centro escolar de Monforte.

O DATO

Zona ambiental tipo mediterráneo

A zona ambiental elixida por Pablo Oitabén para poñer en marcha o seu proxecto de conservación da contorna é un bosque de tipo mediterráneo. As trescentas hectáreas esténdense ó redor dos bosque de Beade, na comarca do Ribeiro.
Preservación colectiva de Ridimoas
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 08-11-2007 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por tigre Podgeys en peluche (04-09-2013 10:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0