boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As Redes Escarlatas premian o alcalde de Lubián pola súa defensa da lingua
No acto participarán Xosé Luís Méndez Ferrín, Dionisio Pereira e Xosé Henrique Costas.
24/06/2008

O Premio Roberto Vidal Bolaño recoñece publicamente persoas e institucións que se distinguen na loita pola emancipación de Galicia e das súas clases populares. Este ano, na súa quinta edición, as Redes Escarlata recoñecen o labor de Felipe Lubián, alcalde do concello zamorano, de fala galega, pola súa defensa da lingua. O Premio entregarase no contexto da II Xeira de lingua e cultura galegas nas Portelas, que se celebrarán na Casa da Cultura de Lubián

Na acta do premio saliéntase que Felipe Lubián é merecedor do premio pola súa "defensa insobornable da galeguidade lingüística e cultural dos catro concellos galegófonos de Zamora en tódalas corporacións locais, provinciais e autonómicas das que formou parte desde hai 30 anos", ademais do seu "compromiso coa cultura popular, nomeadamente do teatro de base". Así mesmo, saliéntase que o homenaxeado fixo de Lubián "o único concello de fóra da Galicia administrativa onde o galego é lingua cooficial e da escola Tuela-Bibei de Lubián o único centro escolar de Zamora onde se ensina a Lingua Galega".

O acto comezará coa proxección do filme de Antón Dobao 'A Mariñeira', presentado polo seu propio director. Así mesmo, presentarase o número 73 d'A Trabe de Ouro, coa presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín, Dionisio Pereira e Xosé Henrique Costas.
As Redes Escarlatas premian o alcalde de Lubián pola súa defensa da lingua
Comentarios (1) - Categoría: Galiza estremeira - Publicado o 25-06-2008 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Perto de 50 municipios de Asturias e Castela-León permanecen no área lingüística galega, cuns 75.000 'galegofalantes' reais
Un estudo alerta da "desprotección lingüística" destes cidadáns


O denominado 'galego estremeiro' non está en vías de desaparición nin moito menos. Perto de 50 municipios das comunidades de Asturias e Castela-León permanecen no área lingüística galega, onde os expertos sitúan a uns 75.000 'galegofalantes' reais e sobre 150.000 persoas que poderían utilizar a lingua galega potencialmente.

Así confírmao o estudo 'Dereitos Lingüísticos na Faixa Oriental', elaborado polo avogado Carlos Bello Stout, gañador do certame 'Dereitos Civís en Galicia" convocado o pasado ano pola Xunta e o colectivo 'Movemento pola Defensa dous Dereitos Civís'.

Bello Stout realiza unha demarcación sociolingüística do que denomina "dialecto oriental do galego" e debuxa unha faixa que se estende de sur a norte "dentro e fóra" dos límites administrativos da comunidade galega, desde Calabor (Zamora) ata Ribadeo (Lugo). Nela, sitúa a 75.000 persoas que falan galego, aínda que a porcentaxe de uso do idioma difiere considerabelmente dunhas áreas a outras.

A modo de exemplo, o investigador apunta que as cidades de Ponferrada ou Vilafranca rexistran un índice de 'galegofalantes' "moi inferior" ao doutros núcleos rurais como Lubián ou Ponte de Domingos Flórez, aínda que probablemente "sexa porcentualmente equiparable" ao de lugares como A Coruña e O Barco de Valdeorras. Ademais, sinala que estas localidades contan tamén cun "reducido" número de "neofalantes".

Superando a análise sociolóxico e lingüístico, o informe alerta da situación de "desprotección" en materia de dereitos lingüísticos coa que conviven os cidadáns que conforman o colectivo que habita as áreas galegófonas e a preocupación diante do feito de que esta situación non provoque "unha resposta reivindicativa máis enérxica por parte dous sectores sociais máis comprometidos dá sociedade galega".

Bello Stout asegura que, no mellor dos casos, os 'galegofalantes' que viven máis alá das fronteiras galegas reciben das súas respectivas Administracións un "mero respecto pasivo e indolente" á súa opción lingüística, pero sen chegar a adoptar un "comportamento activo", con súas consecuentes "medidas" para protexer o galego e aos seus falantes. Na súa opinión, "ou réxime de protección non abonda" e a comunidade lingüística galega "non acadará un estatus minimamente aceptable ata que toda ela poda desenvolverse un réxime de oficialidade".
Perto de 50 municipios de Asturias e Castela-León permanecen no área lingüística galega, cuns 75.000
Comentarios (1) - Categoría: Galiza estremeira - Publicado o 13-02-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
O galego fóra das nosas fronteiras
CONCERTO

Os cativos de Lubián (Zamora) poderán gozar con música en directo na súa lingua propia
JUAN FLORIANI . COMPOSTELA

O grupo de música infantil en galego Mamá Cabra ofrecerá hoxe ás doce e media da mañá un concerto na Casa do Pobo do Concello de Lubián (Zamora), organizado pola Fundación Via Galego e o Concello de Lubián coa colaboración da Vicepresidencia da Xunta de Galiza. O obxectivo da actuación, aberta a todo o público, é achegarlle aos cativos da bisbarra das Portelas, onde se calcula que o 90 por cento da poboación fala en galego, a oportunidade de escoitar música en directo na súa lingua.

Ademais de en Lubián, na provincia de Zamora fálase en galego nos concellos de Hermisende, As Pías e na pedanía de Calabor. A pesar de que a lingua tiña xa recoñecemento no Estatuto de Autonomía de Castela e León do 1999 e continúa a telo no novo Estatuto do 2007, o único beneficio de que goza o galego nesta comunidade é a súa simbólica introdución escolar e certa vitalidade cultural e reivindicativa. Está totalmente excluído ­doutros eidos de uso, como o da Administración (a pesar dos esforzos realizados polo Concello de Lubián) ou o dos medios de comunicación. Unha mostra de que a situación non é fácil para a cultura da zona é que na escola de Lubián, até hai un ano, os nenos e as nenas tiñan prohibido falar en galego.

Un dos obxectivos da Fundación Via Galego, creada no ano 2006 e auspiciada pola Mesa pola Normalización Lingüística, é apoiar as organizacións e colectivos que traballan pola normalización do galego alí onde se fala historicamente fóra das fronteiras de Galiza.
DATOS

Sons para os máis pequenos

O grupo Mamá Cabra é recoñecido pola súa música viva e chea de ledicia, ademais de polo espectáculo activo e atractivo para os máis pequenos. Basean o seu espectaculo no xogo e no baile tentando que sexa o máis participativo posibel para os cativos.
O galego fóra das nosas fronteiras
Comentarios (1) - Categoría: Galiza estremeira - Publicado o 29-12-2007 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0