boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Granxa Familiar
Dende este portal pretendemos facilitar o comercio sen intermediarios entre as granxas familiares e os consumidores, así como dar a coñecer a calidade dos productos galegos.
http://granxafamiliar.com
Comentarios (1) - Categoría: rural no futuro - Publicado o 15-06-2008 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
A gandaría de hoxe
A gandería Seixo vén de gañar o premio Aresa pola súa diversificación. Leite, queixos(a 1ª crema de queixo Arzúa Ulloa) e patos. Labranza, TVG

A Casa Grande de Xanceda, a unión do tradicional e do ecolóxico. Segunda produtora de leite ecolóxico do Estado, e unha das poucas que fabrica iogures cremosos 100% naturais. Reportaxe en Vieiros, tamén con vídeo.
Comentarios (1) - Categoría: rural no futuro - Publicado o 10-02-2008 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
AinfoVac, software libre e en galego para as explotacións leiteiras
O proxecto Ainfogra pretende introducir as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas agrogandeiras.

O proxecto Ainfogra (aula informática agraria) acaba de publicar a primeira versión de AinfoVac, unha aplicación de software libre para a xestión integral de explotacións leiteiras. Ainfogra ten como cometido, dende hai algo máis dun ano, dar a coñecer e promover o uso das novas tecnoloxías no rural e fornecer de ferramentas de código aberto para o sector agrogandeiro.

Como explicou un dos resposábeis do proxecto, Xosé Manuel Campos, o software está destinado a pequenas e medianas granxas leiteiras e deseñouse para que fose fácil de usar, ?para que como moito con unha ou dúas horas á semana se poida administrar a explotación?. A ferramenta está en galego, polo que as súas destinatarias son as empresas do país, e corre baixo o sistema operativo GNU/Linux.

Ademais da ferramenta informática, o proxecto ten unha parte formativa, pois o uso das novas tecnoloxías aínda precisa de bastante promoción nas zonas rurais. Ainfogra imparte clases de alfabetización dixital, que inclúen dende o coñecemento do hardware -os trebellos informáticos-, os sistemas operativos -neste caso Ubuntu, unha das distribucións de Linux máis populares e máis doadas de aprender-, e a ofimática, mediante o paquete OpenOffice.org.

Para Campos, ?aínda queda moito por andar?, pois aínda existe unha carencia de infraestruturas no rural que impiden o uso da internet en moitas explotacións, co obstáculo que iso supón para ter acceso a trámites administrativos ou ao comercio electrónico.
AinfoVac, software libre e en galego para as explotacións leiteiras
Comentarios (1) - Categoría: rural no futuro - Publicado o 28-11-2007 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0