boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Axencia Espacial Europea designa á Universidade de Vigo nodo europeo da rede mundial de satélites non comerciais
Foi elixida entre dezaoito candidaturas procedentes de toda Europa

A Universidade de Vigo é o nodo europeo da rede mundial de satélites non comerciais
Grupo de investigadores que participaron en Vigo na reunión do proxecto





A ETSE de Telecomunicación acolleu unha reunión para ultimar os detalles da posta en marcha do proxecto

D. Besadío |Vigo
A Universidade de Vigo foi designada pola Axencia Espacial Europea, ESA, nodo de operacións en Europa de GENSO, a nova rede mundial de satélites non comerciais ?científicos, de investigación e educativos- e, en bandas libres. A proposta, elixida entre dezaoito candidaturas procedentes de toda Europa ?sitúa á Universidade de Vigo como referente mundial dentro dos sistemas de pequenos satélites?, subliña o profesor Fernando Aguado, investigador principal do proxecto Xatcobeo, punto de partida de todo este proceso.
Como nodo europeo da rede, a ETSE de Telecomunicación acolleu un seminario de traballo no que participaron 25 investigadores de Europa e América para acordar os requisitos que debe cumprir o software que se empregará de forma libre para construír esa rede mundial de seguimento de satélites e que deberá estar preparado en maio ou xuño deste mesmo ano. Trátase de ultimar os detalles para pór en marcha toda unha constelación de pequenos satélites distribuída por todo o mundo que permitirá recadar á comunidade científica diversos tipos de información.

Xatcobeo, ?a pedra que iniciou o camiño?
O proxecto, liderado pola Axencia Espacial Europea, conta coa participación da NASA, o Departamento de Defensa do goberno americano e a axencia xaponesa JAXA, así como arredor de 200 universidades de todo o mundo, e actualmente está liderado pola investigadora Helen Page, da Oficina de Educación da ESA.
Page, que participou tamén en Vigo neste encontro de traballo, destacou os motivos polo que foi seleccionada a proposta viguesa, ?valoramos moi positivamente o carácter multidisciplinar da Universidade e a súa aposta polo mundo da tecnoloxía?, ao que engadiu que tamén foi fundamental, ao tratarse dun proxecto mundial, ?todas as conexións que os investigadores desta Universidade teñen actualmente tanto en Europa, como América, Asia e mesmo África?, ao que engadiu ?a importancia da experiencia previa co proxecto Xatcobeo, que seguiu estándares internacionais?.
En referencia a este último aspecto, o picosatélite Xatcobeo, Aguado sinalou que se tratou?da primeira pedra que permitiu ir facendo o camiño e grazas a el, e co apoio institucional tanto da Universidade como do Ministerio de Ciencia e Innovación, permitiu crear unha infraestrutura de investigadores que actualmente están traballando e sendo recoñecidos a nivel mundial pola calidade do seu traballo?.

No proxecto participan máis de 60 investigadores de Vigo e Ourense
En total a Universidade de Vigo ten implicados neste proxecto máis de trinta docentes e outros tantos estudantes de doutoramento e de proxectos fin de carreira de oito grupos de investigación dos campus de Vigo e Ourense. Á ETSE de Telecomunicación hai que sumar a forte implicación das escolas de Informática e as dúas de Industriais, así como as facultades de Química e Ciencias. ?Na actualidade todos os nosos proxectos son moi pluridisciplinares?, subliña Aguado neste sentido.
A idea coa que xurde esta rede é que calquera satélite, independentemente da súa posición xeográfica, poña a disposición da comunidade científica de todo o mundo a información que recolla. Aguado explícao cun exemplo ?trátase de que cando o Xatcobeo da Universidade de Vigo pase por China poidamos obter información desde unha estación chinesa como si estiveramos na nosa propia Universidade e, á súa vez, que un hipotético satélite chino ou americano poidan obter os datos que precisen non só cando pasan por encima de China ou de América, senón en calquera parte do mundo, por exemplo, en España?.

Primeira vez que a rede de seguimento de satélites ven a España
Aguado destaca a importancia de que a reunión se celebrara en Vigo, pois todas as reunións da ESA que teñen que ver con ciencia e tecnoloxía fanse en Holanda e, ?por suposto, é a primeira vez que a rede de seguimento de satélites ven a España. Son contadas as ocasións nas que a Axencia Espacial Europea propón realizar unha reunión de traballo nun país como España, de aí a importancia que ten para nós este encontro?, destacou.
Segundo a directora do proxecto, na actualidade a investigación sobre este tipo de satélites está aínda nunha fase inicial, ?pero estase madurando e unha vez que esta tecnoloxía estea o suficientemente consolidada desenvolveranse moitas misións en múltiples campos, dende a astronomía ata a meteoroloxía espacial?, subliñou ao tempo que remarcou a importancia que terá a implantación e posta en funcionamento da rede Genso. ? Será unha peza fundamental xa que permitirá recibir moita máis información deste tipo de satélites, xa que o seu prezo é moito menor ca o dos satélites convencionais?, apuntou.
http://duvi.uvigo.es
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 03-02-2010 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Igalia, ´connecting people´
Unha empresa coruñesa que aposta polo cooperativismo lidera a produción do 'software' libre empregado nos últimos teléfonos da multinacional finesa Nokia

Os teléfonos máis modernos de Nokia levan algo de galego dentro. Unha empresa coruñesa, Igalia, é punteira no 'software' libre para dispositivos móbiles, a tecnoloxía que emprega a multinacional das telecomunicacións nos seus últimos modelos. Desde que a fundaran hai oito anos un grupo de estudantes, Igalia conseguiu facerse un oco no mercado internacional da tecnoloxía, mantendo un inusual modelo empresarial: todas as decisións tómanse entre os traballadores, que ademais participan dos beneficios


PILAR MERA | A CORUÑA Un cuarto para durmir, comer, ver a tele ou xogar á videoconsola. Unha plantilla que ronda os 30 anos de idade media. Mobiliario de deseño e unha enorme sala de reunións onde os traballadores deciden, entre outras cousas, o seu propio salario. É a sede coruñesa de Igalia, unha empresa galega punteira no desenvolvemento de software libre e nas tecnoloxías móbiles que empregan multinacionais coma Nokia. A aventura desta firma coruñesa comezou hai xa oito anos, cando un grupo de estudantes de informática, a maioría deles recén licenciados, decidiron montar o seu propio negocio co obxectivo de "dignificar o traballo do informático e evitar que a xente tivera que marchar de Galicia para ter un emprego decente". Baixo esa premisa, convertíronse nuns emprendedores moi particulares, cunha idea empresarial clara e novidosa.

"Cando montamos a empresa, queriamos que a xente se involucrase e participase no proxecto, así que escribimos un documento, unha especie de Constitución, onde se regula o modelo asembleario e o sistema de tomar as decisións entre todos os traballadores" de Igalia, explican Xabier Calvar e Chema Casanova, un dos fundadores da compañía, que ademais da súa sede na Coruña tamén ten oficinas en Pontevedra. Logo dun ano na firma, calquera empregado de Igalia ten dereito e obriga de participar na asemblea, "o máximo órgano" de Igalia, unha firma onde "non hai xerarquías, senón roles". Nestas asembleas, que se celebran cada dous meses, son os propios traballadores os que deciden todo o que poida afectar á empresa: dende a continuidade dos contratos cos provedores, até a reforma do mobiliario ou mesmo a subida dos seus propios salarios. E en canto o empregado leva catro anos traballando, convértese en socio de Igalia, é dicir, comparte o capital e os beneficios de forma igualitaria. Dos 37 traballadores que hai na actualidade en Igalia, 15 deles son socios. "Xurídicamente somos unha sociedade limitada, pero en realidade funcionamos como cooperativa", resume Chema.

A conciliación da vida laboral e persoal e o bo ambiente na oficina son outros dos pilares de Igalia. Así, fomentan o teletraballo (cinco dos empregados están en Barcelona, Sevilla e Helsinki) e dan clases gratuitas de inglés nas oficinas, e sesións de fisioterapia para aliviar as horas de escritorio. Ademais, na sede da Coruña, inaugurada esta primavera en Elviña -até entón estaban na Grela-, hai un cuarto de esparcemento para comer, ver unha película, xogar á vídeoconsola ou simplemente descansar.

Canto á actividade, os fundadores de Igalia tamén tiñan claro desde o principio que se dedicarían ao software libre, é dicir, o que pode usarse, modificarse e distribuirse sen problemas de licencias nin dereitos. "O noso primeiro proxecto foi crear un programa informático para Sergesco, a compañía de augas de Oleiros", recorda Chema Casanova. Despois diso viñeron outros encargos para firmas como a viguesa Communitel, o Concello da Coruña (aínda hoxe son os encargados do mantemento da rede de aulas de informática nas escolas da cidade) a Xunta de Galicia, o sector naval ou un taller mecánico que precisaba unha ferramenta informática de xestión. Con todo, hoxe en día o 70% da súa facturación -que o ano pasado superou o millón e medio de euros- procede de clientes estranxeiros e dunha rama tecnolóxica na que Igalia é punteira: as tecnoloxías e aplicacións para teléfonos e outros dispositivos móbiles, como a plataforma Maemo ou o sistema GNOME. Por exem- plo, os programas para consultar o correo electrónico desde o teléfono, os botóns e menús ou Vagalume, unha plataforma para escoitar música en radios online. De feito, a firma coruñesa estivo involucrada no desenvolvemento do software empregado nos últimos teléfonos de Nokia incluído o inminente N-900, que será o primeiro da firma finesa baseado no sistema GNU-Linux.

La Opinión A Coruña
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 11-10-2009 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
"A economía galega non depende para nada de Madrid"
CAMILO NOGUEIRA, EX-EURODEPUTADO
Participou, canda a Xavier Vence, Gonzalo Vázquez Pozo e Francisco López Peña (Rodman) nun debate no encontro da Asociación de Estudos Galegos.

"Galiza é un país rico"; esa é a mensaxe na que confluíron as intervencións dos expertos que esta tarde participaron no debate Galicia: unha nación no mundo. Unha visión económica e empresarial. Foi Camilo Nogueira quen máis incidiu neste punto, salientando que a economía galega está "totalmente internacionalizada", pois exporta o trinta por cento do que produce (mentres que Madrid só o fai co 10%) e que "non depende para nada da capital do Estado", que só é unha "referencia política e fiscal". Nogueira engadiu que "Galiza non é un país pobre", e que se non é máis rico é pola marxinación histórica que sufriu, por exemplo nas negociacións para ingresar na Unión Europea.

Nogueira seguiu referindo sectores e empresas galegas de éxito, como Inditex, "un éxito que no resto do Estado seguen sen entender, e que por iso houbo quen caeu nos tópicos españois de pensar que todo era cousa do narcotráfico, o mesmo que o éxito do Deportivo", bromeou Nogueira.

Tamén Xavier Vence quixo fixar a dimensión económica de Galiza nas súas xustas medidas: "non somos unha gran potencia, pero é que no mundo hai moi poucas grandes potencias, e de feito os países medianos e pequenos adoitan ser máis eficientes e neles os cidadáns teñen máis benestar", dixo o catedrático, que engadiu que a economía galega está "entre as 50 máis potentes do mundo polo tamaño do seu Produto Interno Bruto", polo que non é certo que unha Galiza autónoma non puidese sobrevivir nun mundo globalizado.

Economía e lingua
Aínda que habitualmente os congresos da Asociación Internacional de Estudos Galegos tratan sobre todo cuestións relacionadas coa cultura e a lingua, na súa edición deste ano, que comezou este luns e que rematará o venres, entran así mesmo debates e paineis centrados na economía ou nas novas tecnoloxías. Porén, no debate entrou tamén a lingua, da man de Gonzalo Vázquez Pozo, que criticou a actitude dun "goberno hostil" co galego e "posicionado claramente en contra da lingua", con orixe na "fobia que dereita sente contra o galego".

Consulta aquí o programa completo do congreso
"A economía galega non depende para nada de Madrid"
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 15-07-2009 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
O albariño Don Olegario, entre os viños máis deliciosos do mundo segundo o Wall Street Journal
Manuel Gago
Capítulo 0

Acábome de quedar de pedra. O albariño Don Olegario 2005 figura na lista dos 9 Delicious Wines of 2008 que publica o Wall Street Journal, xunto con marabillas coma o Chateau Latour 2005 ou ?Les Caillerets? de Volnay 2005. É unha tremenda noticia, e o único viño da Península en figurar nese cadro de honra. E fíxome moita graza porque teño compartido algunhas copas de Don Olegario co seu propietario Olegario en Casa Milagros, en Cambados, ao carón dunhas excelentes zamburiñas cun preve de limón e aceite. Olegario foi manager de Xil Ríos, home de vida intensa e amabile, e un saco inesgotábel de anécdotas do Salnés. E fai un Albariño excelente que lle gusta compartir cos amigos ao redor dunha mesa. Moitos parabéns. (vía)
O albariño Don Olegario, entre os viños máis deliciosos do mundo segundo o Wall Street Journal
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 21-01-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense estrea un super interactivo
O GRUPO CUEVAS ESPALLARÁ A FRANQUÍA

Europa Press . Os clientes de 'Aquí é' calcularán automaticamente as calorías da compra, pagarán tres euros menos se levan o carriño da casa e non abonarán o peso das bolsas de plástico da carne.

O Grupo Cuevas abrirá o próximo mércores na cidade de Ourense un supermercado de nova xeración que pretende facer a vida "máis doada" ao consumidor. O xerente da empresa, Manuel Rodríguez de la Fuente, presentou este proxecto, xunto a expertos da Universidade de Vigo, que colaboraron na súa posta en marcha.

A nova liña de supermercados, coa marca 'Aquí é', é un novo concepto de supermercado. Ademais de ter diferentes liñas de produtos habituais, a súa entrada contará cunha pantalla táctil onde o consumidor poderá imprimir un menú diario elaborado por expertos en nutrición da Universidade de Vigo.

Rodríguez de la Fuente explicou que o consumidor poderá acceder a el e imprimilo gratuitamente ou se o desexa, poderá comprar "os ingredientes que necesite segundo o número de comensais para o que o elaborará", coas indicacións para preparalo e a achega enerxética que contén.

Non se cobrará o peso dos envoltorios

Unha terceira opción ante a falta de tempo será que o consumidor poida comprar o menú directamente cos seus tres pratos por un prezo diario de 7,95 euros. Segundo garantiu o xerente do Grupo Covas, trátase dun menú elaborado "a base de produtos naturais que non leva aditivos nin conservantes", polo que terá unha vida limitada "de cinco ou seis días".

Ademais, contou que a nova visión de supermercado ofertará aos clientes "dez garantías" sobre os que se asentarán os os seus piares básicos. Entre elas, citou que se un cliente atopa un produto caducado a empresa se "autopenalizará" regalando o consumidor "dous produtos coa data correcta".

Etiquetas con RFID

Así mesmo, o establecemento contará con diversas caixas pero cunha "cola única" para evitar "a sensación de que nos poñemos na cola que máis tarda e haberá maior rapidez". Rodríguez de la Fuente quixo destacar que a etiquetaxe co prezo dos produtos será "exacta" e estará conectado a un "ordenador central por radiofrecuencia" a través dunha etiqueta electrónica para evitar "que haxa dous prezos diferentes". Por outro lado, o envoltorio dos alimentos como a carne non se cobrará ao consumidor e "se o plástico que leva a carne pesa dous gramos ese peso non se cobrará no prezo final".

Pagarán por levar bolsas e carriño

Por outro lado, a empresa conta con "toda a maquinaria necesaria de baixo consumo" procedente de Holanda e Gran Bretaña para "preservar o medio". Neste sentido, Rodríguez de la Fuente manifestou as bolsas da compra serán "biodegradables" e que se un cliente "chega cun carriño ou as súas propias bolsas a empresa lle aboará tres euros" pola súa "responsabilidade ambiental".

O xerente do Grupo Cuevas explicou que esta nova visión de supermercado responde ás "necesidades" que o consumidor ten na actualidade pola "falta de tempo ou a distancia que separa o seu traballo do domicilio familiar". Os estudios nos que se basearon para a súa posta en marcha apuntan a que as necesidades actuais neste sentido, son a "saúde, a rapidez e o sabor dos alimentos".

Máis de vinte empregados indefinidos

'Aquí é' ocupará 1.000 metros cadrados de superficie e 22 empregados con contrato indefinido, segundo a empresa. Trátase dun proxecto empresarial de referencia, que será implantado noutros lugares de Galicia e pretende facer especial fincapé na correcta alimentación e nutrición.

O estabelecemento, que estará situado á altura do número 30 da rúa Doutor Fleming da capital das Burgas, abrirá as súas portas este mércores día 29, ás 12.30 horas, e terá horario ininterrompido de 09.30 a 21.30 horas, de luns a sábado.
Ourense estrea un super interactivo
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 30-10-2008 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Presentan un catamarán semilleiro para o preengorde de moluscos
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Presentan un catamarán semilleiro para o preengorde de moluscos
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 17-07-2008 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
A Axencia Espacial Europea lanzará un satélite galego o próximo inverno
[GZnación / Redacción / 5 Xun 08]

A Axencia Espacial Europea lanzará ao espazo o próximo inverno un pequeno satélite galego dentro da lanzadeira espacial Vega. O desenvolvemento deste dispositivo correrá a cargo da Universidade de Vigo, e nel participa a empresa pública Retegal (Redes de Telecomunicación Galegas) que inviste 300.000 euros.

Será o primeiro satélite galego en órbita e tamén supón a primeira participación de Galiza e do Estado no voo inaugural da lanzadeira, xa que é o único español seleccionado entre os máis de 25 proxectos presentados a nivel europeo.

O picosatélite, como é denominado polo seu tamaño, de tipo Cubesat, polo proxecto científico no que se inclúe, levará por nome "Dieste" e terá un peso e un tamaño reducido, un quilogramo e un decímetro cúbico respectivamente. A súa finalidade non é comercial, senón científica e educacional, para desenvolver a investigación e a capacidade tecnolóxica das universidades e as empresas galegas. Así, o seu obxectivo é a investigación no campo das comunicacións dixitais, a mellora dos sistemas fotovoltáicos satelitais e o desenvolvemento de metodoloxías para a xestión de satélites de comunicación.

O "Dieste" formará parte da carga útil da lanzadeira europea, que sairá no inverno desde a sede da Axencia Espacial en Korou, na Guayana francesa. En Galiza, realizarase un seguimento desta operación e dos seis meses seguintes por parte da Universidade de Vigo e Retegal, segundo informou hoxe o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

Galiza, "nunha situación punteira"

Touriño afirmou que este proxecto permite a Galiza colocarse "nunha situación punteira" e "abre un camiño" para unha tecnoloxía avanzada de "alto interese" para o país. Por iso, dixo que se trata dunha "magnífica noticia" e é "un motivo de satisfacción", tralo que felicitou á Universidade de Vigo por esta tecnoloxía, que sitúa a este centro como unha das oito universidades europeas líderes no desenvolvemento de picosatélites.

O Consello da Xunta coñeceu hoxe un informe no que se dá conta da aprobación por parte da Axencia Espacial Europea do proxecto galego para o picosatélite. O consorcio para o desenvolvemento do mesmo está integrado tamén polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial INTA, dependente do Ministerio de Defensa, o Ministerio de Ciencia e Innovación, e a propia Axencia.

Blanco considérao ?moi positivo?

Mentres, o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, considerou "moi positivo" o feito de que a Axencia Espacial Europea aprobe o proxecto para o desenvolvemento do satélite posto que "xerará actividade investigadora" e significa que o país "estará presente en proxectos de carácter europeo moi importantes". Blanco recordou que esta iniciativa será "un proxecto de investigación" e, xa que logo, non comercial, onde están implicadas varias universidades europeas.

Así, considerou que o feito de que Galiza participe "significa que se están dando pasos nun sector tan importante como as telecomunicacións". A este respecto, explicou que a elección do proxecto desenvolvido por Retegal e a Universidade de Vigo demostra que esta institución académica "ten unha gran base tecnolóxica" que, segundo engadiu, verase impulsada coa actividade do Centro Tecnolóxico dás Telecomunicacións de Galiza (Gradiant), situado no campus da cidade olívica.
A Axencia Espacial Europea lanzará un satélite galego o próximo inverno
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 06-06-2008 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza, xa non periferia: porta do Atlántico
Galiza afianza a súa forza en Europa da man de Portugal: "fúndense nunha nova realidade: Galiza é a comunidade á que máis exporta Portugal, e tamén a que máis lle exporta ao país. Económica e demograficamente, esta nova realidade que integran Galiza e Portugal é moi potente, non ten nada que ver con esa ideoloxía que temos interiorizada de sermos "recuncho" do Estado, cando Madrid ten unha posición moito máis afastada de Europa. Non somos periferia, senón fachada, porta ao Atlántico".
Camilo Nogueira: 'Galiza non é un recuncho, é a porta atlántica de Europa'
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 09-05-2008 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza: a falacia da "comunidade pobre"
GZNación tivo acceso a un informe de Xosé Díaz sobre o sistema de financiamento do país e os cartos que Galiza recibe do Estado respecto da súa achega fiscal. O balanzo deixa para Galiza os 10.396 millóns de euros achegados polos 6.839 recibidos
[GZnación / Lara Graña/ 7 Mai 08]

O sistema de financiamento autonómico e a súa reformulación está enriba da mesa. Ou debería. Así se desprende dun informe elaborado por Xosé Díaz Díaz, ex presidente da comisión de economía do Parlamento de Galiza, e ao que tivo acceso GzNación, un completo estudo do sistema de financiamento estatal que aborda as cifras do exercicio do 2005, último ano do cal se posúen datos. Devandito sistema, critica Díaz, é unha resulta ?do peculiar modelo de descentralización do estado español, consecuencia directa da nunca ben ponderada, inequívoca, incontestábel e incombustíbel Constitución de 1978?. Que contempla este mecanismo de distribución tributaria? Pois que, tendo en conta o carácter de nación do Estado Español na Carta Magna, tanto o texto xurídico como o sistema de financiamento non recolle a ?realidade plurinacional? española.

Cómpre dicir, neste punto, que estamos a falar dun financiamento, no caso do sistema en vigor, que se realiza ?por medio dos ingresos tributarios procedentes dunha cesta tributaria que integra unha parte dos impostos estatais dos que os principais en termos cuantitativos son cedidos ou territorializados, tamén de maneira parcial, nunhas porcentaxes iguais para todas as CCAAs do réxime común?.

Que é o Fondo de Suficiencia?

O Fondo de Suficiencia cobre a diferenza entre o que custa ter unha competencia e os ingresos recibidos do Estado. Isto é, este fondo implica que debe existir unha correspondencia entre o custo dos servizos públicos (transferencias, por exemplo Educación) e os recursos dos que dispón un goberno autonómico. Por esta razón, os territorios do Estado co fondo de suficiencia positivo (máis positivo) son as que máis transferencias soportan -e máis gasto-. Un exemplo, se Galiza obtén a transferencia de tráfico, todo o dispositivo institucional, policías, coches, etc deberá ser sufragado pola Xunta, algo que o Executivo Central deberá ter en conta á hora do 'reparto' territorializado do sistema de financiamento público.

Segundo se recolle no estudo de Díaz, ?todas as CCAAs teñen un Fondo de Suficiencia positivo agás os casos das Illes Balears e de Madrid?. Isto, polo explicado anteriormente, significaría que Madrid e as Baleares teñen menos competencias transferidas polo Goberno. ?Así?, di o informe, ?a identificación de CCAA pobre como aquela que precisa de Fundo de Suficiencia para completar os recursos cos que financiar as competencias e servizos transferidos (educación, sanidade, xustiza, servizos sociais, ...) remata nun auténtico desatino?. ?Cataluña, que percibe en termos absolutos un Fondo de Suficiencia (2.392 M?) que equivale ao 75% do galego sería segundo esta teoría unha das máis pobres do Estado Español?.

Segundo estes datos, Galiza (3.207,7 de f. Suficiencia) sería menos pobre que Madrid (co que iso implica no 'reparto')

En base a isto, Díaz continúa co análise. ?A recadación nas Delegacións galegas por todos os impostos do sistema fiscal español achega soamente 4990.6 M?. A través disto, queda evidente que fronte a unhas necesidades de gasto de 6839.7 M?, a recadación nas delegacións galegas é unicamente de 4990.6 M?. E máis aínda, se Galiza achega 10.396 millóns de euros ao Estado e recibe só 6839.7 en base a ese fondo de suficiencia (o que necesitamos gastar para cubrir as nosas competencias), Galiza fica cunha perda de 3.556,5 M?. Onde está, daquela, a solidariedade para co noso país?

Para Xosé Díaz, sería necesario un principio de suficiencia que garantise os recursos necesarios para ofrecer uns servizos públicos do mesmo (o máis parecido posíbel) nivel e calidade, cuxo custe de subministro é moi diferente en cada CCAA .


"Como exemplo extremo", ironiza o BNG, "asistimos ao milagre de que só existen fumadores en Madrid", pois alí recádase o 100% do imposto do tabaco.
Galiza: a falacia da
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 08-05-2008 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Imaxes de Galiza no Día da Terra
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 28-04-2008 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0