| BENVIDO A REPUBLICA DA MIÑA CASA |
|
Non, esto non e un anuncio de IKEA. Tampouco e un blog de tías en bolas, nin un blog de foros de adolescentes, nin de un programa de “aqui temos tomate” anque por alguns dos comentarios puidera parecelo. Simplemente pensei que un título así… A MALIÑA DE LUGO…. atraería a mai seguidores, si ben , hoxe, despois da experencia digome
: "¿para qué?" Pero bueno, xa teño a clientela feita e dame non sei que cambialo, así que de momento este blog chamase como se chama e o contido e o que e, (evidentemente). O que eiqui deixo cada dia, fallo algun, constitue un análisis nada metódico moito menos exhaustivo da actualidade tal e como eu a vexo, e que obviamente non coincidirá para nada con a sua visión, queridiño letor. Pero sepan que xa levo varios anos bisestos neste oficio de xunta letras e que, incluso gañeime unha certa (dudosa) reputación en algún oscuro rincón do gacetilleo en épocas remotas. A os que xa me coñezan desa etapa, xa saben qué poden esperar de min e de esta páxina. A os que caeron aquí por accidente, simplemente recordarlles a única máxima inquebrantabel que rixe este blog: nada do que aquí se escribe debe ser tomado en serio. Non no olviden xamais, ou iniciaremos polémicas estériles que no nos conducirán a otro calexón mais que ao dos insultos, as divisions entre bandos e as desercions en masa. Nin eu mesmo me tomo en serio, así que non cometedes ese erro no meu lugar.
Por o demais, sexan benvidos. Tomen asento, sírvanse unhas bebidas do moble bar e participen si o creen convenente. Intentarei actualizar contidos a diario, sempre e cando as forzas e a miña apretada axenda mo permitan, e a actualidade depare noticias suculentas que comentar….por certo como tecleo con presa e teño pouco tempo, non soio correxir os textos, asi que cometo faltas de ortografia a esgallo….pero entendese…de carallo…e se non tempo o tempo…….Por certo, olvidabaseme...son OTERO REGAL www.oteroregal.com
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| OS PULPOS E OS POLVOS |
|
O gusto polo Pulpo e, dende logo propio de toda a terra galega, dende o interior, onde non se celebra feira que se precie sin o cefalópodo como co-protagonista dun bó trato ata a costa, donde o “bicho” sacou a mais dun e de dous da terrible fame que as bisbarras de rente o mar sufriron ó largo dos séculos, para falar desto e de outras cousas, son boas as tabernas de tertulias, ali descubrimos fai tempo que os máis vellos dicían "polbo", (pooolbo), cunha ó longa, e si acaso "polpo", Falan os bellos escritos do oficio de "polbeiras". Quizabes ese complexo de inferioridade idiomatica que arrastramos por estes lares, nas relacións co mundo da feira, cos maragatos e arrieiros varios orixinaron que o nome quedara en "pulpo", que según Felipe Senen ven do latín, "polipus"= "polpo" = "pop" (en catalán) = "pulpo"= "polbo" ou polvo que soa a “polfo” en portugues do norte, que non é máis que o galego con un grado superlativo de querencias e sensualidades.
Cando estaba eu a escribir este articuliño con motivo do dia primeiro do Naseiro, adicado ó polvo, e non e que este feito quede postergado nin prohibido ós demais dias, pois Noriega Varela xa deixou dito aquelo, “FASTE NOVICIA EN VALDEFLORES E VACANTE NO NASEIRO” adicado as nenas en edade de merecer de Viveiro e bisbarra. lin nos papeis que os “pulpos teñen seis brazos ou raxos e duas pernas, Ata ahora creiase que todos os raxos eran o mesmo pero ahora seique, mirado ben a cousa catro son para a propulsion e outros catro para manipular obxetos, mira ti por donde, igualiño que os politicos do meu pobo.
Pero os estudiosos do asunto van mais alo, os bichiños teñen unha intelixencia de carallo, distinguen as cousas e ata manipulan obxetos pequerrechos como o cubo de Rubik, pese a sua intelixencia, pasalles como a un servidor non conqueriron resolver ese rompecabezas.
Pois ben, a pesares dos nomes do bicho, das suas duas pernas e seis brazos, que parecen unha deusa indú, da sua intelixencia, nosoutros os do Finisterre de Europa, seguemos a comer nel cunhas ganas e gusto que aquel amigo meu americano e veciño do Bush, ou seña de Texas nunca entenderan, nin falta que fai, non vaia a selo demo que lle collan gusto e suba o precio do polvo igual que o petroleo.
|
|
|
|
|
| A QUE HORA E A ACTUACIÓN NAS CATEDRAIS? |
|
Agora que a enchente turistica está de camiño ás súas vivendas habituais, mais aló da Xesta e o Xistral, o mes de Setembro é moi diferente tanto en calidade como en cantidade, e hora de contar algunhas das curiosidades que por omision ou descoñecemento protagonizan os nosos turistas de estio.
Xa contei algunha vez o presenciado por min na praza maior, acercase un grupiño de foraneos a estatua do egrexio escritor viveires e poñense a leer a placa: Pastor diaz corbelle, e de pronto o mais “listo” do grupo dille o resto: si home si este foi o fundador do Banco Pastor. Pero os veráns que un leva tendo contacto cos veraneantes , e xa son moitos, enchen unha alforcha de disparates similares ou, si cabe peores.
A Praia das catedrais é, quizaves un dos sitios que centralizan as visitas en verán, e encol dela fanse as mais peregrinas preguntas: ¿A que hora es la actuacion de las catedrales?, ¿Las catedrales pueden visitarse de noche?, En ese playa de las catedrales se oficia misa?, ¿De que siglo son las catedrales?, ¿Para ver las catedrales tiene que cogerse un barco? Vamos a ver las catedrales, eso esta en Ribadeo, o sea en Asturias, no?.
Claro que los indigenas tambien , con nuestras comedias veraniegas ayudamos en demasia a generar la confusion, La Queimada de Cervo o cosa similar que se celebra en Viveiro y casi en cada nucleo de poblacion que se precie originan el desconcierto y las preguntas curiosas: ¿Eso de la Quemada es una obra de teatro? En la queimada danzan desnudas las meigas?¿A qué hora ponen la queimada en Viveiro? ¿Podia contratar lo de la queimada con brujas y todo para una boda?? ¿Tienen un mapa donde aparecezcan los sitios donde se hace lo de las meigas?.
O da toponimia tamén ten a sua complicación, dos turistas non habituais que chegan a Viveiro pola estrada da Gañidoira o 30% acaba chegando a aldea de Viveiro en plena serra do Xistral, alguns incluso sofren un cabreo de moito cuidado pois eles pensaban que viñan a unha vila monumental, con prais e aquello son catro casas e unha casa de comidas, pero esta equivocacion non é nova. Algun ministro e tamén a algun conselleiro pasoulles o mesmo.
Os nomes das rúas ou de lugares tamen crea barullo nas mentes estresadas dos foráneos: Chove por Xove, Estaca de Barres, Fuez, La cueva de la Virgen por a cova da doncela, San Juan de Dios por san Juan de Covas.
Y otras cosas curiosas como aquel que protestaba que habia ido al monte faro y se sentia estafado porque alli no habia faro ninguno, o el que aseguraba a sus compañeros en plena cima del monte San Roque y delante de la placa que recoge el voto al santo “San Roque nacio aquí en Viveiro, en una cueva que existe debajo de la capilla”.
Claro que as confusions tamen xeneranse por parte da administracion, asociacions e malos politicos, asi despois do festorro de disfraces que alguen bautizou como mercado renacentista, alguns visitantes creian a cegas que fora en Viveiro donde desembarcara Carlos I de España e V de Alemania xunto coa sua dona cando chegaron por primeira vez a peninsula, ou aquel outro que preguntaba, ¿Dónde esta o palacio de doñaa Urraca? o el cristo que chora sangue, que supoño eu que se trata do Santo Cristo do torrellón que tan ben retratou Garcia Doriga nun longo poema. E moitas mais cousas podiamos contar encol da iñorancia e malos entendidos dos visitantes en estio, a ultima xusto de onte, Como aquí se hace mucha ceramica, ¿Dónde estan las minas de porcelana? ¿Se podian visitar?.
|
|
|
|
|
| Os promotores piden edificar en liña de costa porque os turistas non veñen a Galiza |
|
Os promotores piden edificar en liña de costa porque os turistas non veñen a Galiza "a comer pementos de Padrón"“ ¡¡¡¡¡Manda carallo na Habana¡¡¡¡
"Poñer portas ao ceo”. Descrición reivindicativa do sector promotor inmobiliario ante o novo Plano do Litoral, que establece como prohibición e delito a edificación nos primeiros cincocentos metros da costa. A Federación de Promotores de Galicia (Feproga) vén de remitir un comunicado aos medios no que se mostra moi contundente contra esta medida impulsada pola Consellaría de Política Territorial. Para eles, é unha medida “absurda”, e cren que a Xunta “está afundido ao país”.
O presidente deste organismo, Javier Garrido, considera que Galiza vai perder “grandes expectativas de desenvolvemento” en zonas como a Costa da Morte ou A Mariña de Lugo. Como xustificación ás súas demandas, botan man da comparativa: como a costa mediterránea está “demasiado saturada”, o noso país podería “absorber un novo mercado turístico residencial”.
"Para sermos competitivos temos que apostar polo turismo e pola oferta de vivendas de segunda residencia, porque a xente se vén a Galicia é pola súa costa non a comer pementos de Padrón", sentencian.
Mentres tanto, a Caride volveu ratificar hoxe que o Plano de Protección do Litoral entrará en vigor antes de maio de 2009, cando conclúe o prazo de vixencia da Lei de Medidas Urxentes que impide novas accións urbanísticas na franxa costeira de 500 metros.
Respecto diso, asegurou que o plan definirá metro a metro a protección da costa galega en función das características de cada zona, de modo que se definirá onde se pode baixar dos 500 metros e onde non, en función das características de cada lugar. |
|
|
|
|
| POUCAS IDEAS E MOITAS OCURRENCIAS |
|

Manuel Azaña, decía doctoral e malévolamente que "una cosa es pensar y otra tener ocurrencias " .E, dende logo unha desas frases de intelectual que dita por un señor particular apenas provoca un leve sorriso, pero que cando son pronunciadas por próceres e eximios homes de letras transfórmanse en cultismos que trascenden as xeneracións.
Xa e moi coñecida a miña tese de que en Viveiro temos moi mala sorte cos politicos, pero o peor de todo é que os dous ultimos alcaldes mais que ideas tiveron ou teñen ocurrencias, en tempos de Cesar Aja alguhas foron moi sonadas, lembro a de crear unha lagoa artificial nas dunas de Covas para criar patos e outras aves silvestres, tampouco tivo mal a de convertir as minas da Silvarosa nunha especie de Terra mitica, supoño que con escándalos e deudade incluidas, tamén falou nos papeis de convertir a Praza de Abastos da pescaderia nun invernadoiro con negocio de hosteleria incluido, o do Parador no vello Pazo da Misericordia, dun campo de golf e Parador na Insua ou de poñer un ponte colgante coma o de Bilbao sobre a ria e outro como o de Calatrava máis arriba, todo esto esta nas hemerotecas e mais ainda moitos destasc ocurrencias teñen feito estudio anteproxecto e pagado e todo.
Fai cinco anos cambiamos de alcalde pero non de estilo, o novo rexidor tamén ten unha morea de ocurrencias que non ideas no seu haber . Novo paseo maritimo de Covas con mais dun millón de euros de presuposto, un museo en Area, disque dos restos de Estabañon, que caben nun cesto, outro de Arte Sacra , Semana Santa incluida e outro no Pazo da Misericordia, A garda civil do mar, fixoselle edificio e todo pero brila pola sua inesistencia, Bienal de Maruja Mallo, fai catro anos aprobouse a proposta nun pleno, Patronato de turismo municipal, tapar no mes de Agosto a Praza Maior e convertila nun galiñeiro mais, mercar esculturas de persoaxes de Viveiro e colocalas en xardins e prazas e a ultima da pasada semana, con motivo da visita do Ministro de Cultura que seique vaia adicar a casa dos malates a centro de interpretacion de Maruja Mallo e o seu irman Cristino, que por certo non naceu nin nunca estivo en Viveiro, ¿Saberá o señor alcalde o que é un centro de interpretacion? axudémolo, son catro fotos e reproducións en col da artista, da que por certo non se quixo adquirir ningunha obra, están ainda a tempo de mercarlle a Vazquez Cereixo unha das ultimas carpetas dos gravados de Maruja Mallo.
Falo de “cousas que se venderon como grandes ideas e hoxe por hoxe non son mais que ocurrencias, craro que o pobo ese gran sabio diceo de outra forma “Unha cousa e predicar e outra dar leite”.
Azaña diría o das ocurrencias, O que está moi craro é que os nosos municipes son expecialistas en predicar.
.
|
|
|
|
|
| MORREU Teresa Villar Chao |
|
Filla do insigne intelectual e político Ramón Villar Ponte, finou o sábado aos 85 anos de idade. Teresa viaxaba de cando en cando a Viveiro, mantiña amizade con Carlos Nuevo, asi como a landrove de donde era orixinaria a familia, a capela ali existente foi da familia, seu pai foi alcalde constitucional de Viveiro na republica.
Na tarde do sábado finou na cidade da Coruña Teresa Villar Chao, filla do insigne galeguista Ramón Villar Ponte. O domingo os seus achegados acudiron ao enterro celebrado ao mediodía no cemiterio de San Amaro.
Aínda que non militaba activamente en ningunha formación política, Teresa Villar mantívose fiel ao ideario galeguista defendido polo seu pai, incluso durante os tempos máis duros da ditadura militar.
|
|
|
|
|
| O DOS CURAS NON TEN REMEDIO |
|
A Igrexa Católica: "as mulleres son as culpables das agresións sexuais"
A Igrexa Católica di en México que a culpa das agresións sexuais é das mulleres, que van provocando. Nunha reflexión con miras ao "Encontro Mundial das Familias" que se fará en México, a páxina da Arquidiócese Primada fixo unha análise da moda actual entre as mexicanas e cómo, na súa opinión, atenta contra o pudor."Xa non se precisa agardar a que chova pra ver os nocelos das rapazas: agora levan minifaldas, calzas e biquinis. Os medios mostran, como se fose a cousa máis natural, mulleres sen roupa. Xa non hai pudor?
DE CHUZA>
La Iglesia católica ha llamado a las mujeres mexicanas a dejar de lado prendas pequeñas, escotadas y ajustadas a fin de recuperar el pudor para evitar agresiones sexuales.
Para mpliar la información:
La Iglesia católica mexicana lanzó una dura critica a la moda actual y llamó a las mujeres, sobre todo a las más jóvenes, a dejar de lado prendas pequeñas, escotadas y ajustadas a fin de recuperar el pudor para evitar agresiones sexuales.
En una reflexión con miras al Encuentro Mundial de las Familias que se llevará a cabo en México en enero de 2009, la página de la Arquidiócesis Primada hizo un análisis de la moda actual entre las mexicanas y cómo, en su opinión, ha atentado contra el pudor.
Esta reflexión, firmada por el sacerdote Sergio G. Román, explica que antaño las jóvenes mexicanas llevaban faldas largas y que los varones sólo alcanzaban atisbar sus piernas cuando llovía.
"Ya no se necesita esperar a que llueva para ver los tobillos de las muchachas: ahora usan minifaldas, ombligueras, mayones (calzas) y biquinis. Las revistas y los periódicos muestran, como si fuera la cosa más natural, mujeres sin ropa, y no se diga el cine y la televisión. ¿Ya no hay pudor?", cuestionó el religioso.
Más adelante, aseguró que muchas jóvenes "educadas en el valor del pudor", se sienten incómodas con las ropas de moda y a menudo se les ve bajarse la falda o taparse el escote y evitar "ser objeto sexual para los mirones que las rodean, 'violándolas' con la imaginción".
"El pudor es reservar para el ser amado esos incentivos sensitivos y placenteros que llevan a tener hijos. (...) El pudor se aprende en el hogar. El pudor también es un valor que se debe enseñar a los niños, no sólo a las niñas", añadió la reflexión.
Por último, para evitar ser blanco de "agresiones sexuales", la Iglesia recomendó a las mujeres no usar "ropa provocativa", cuidar "miradas y gestos", no permanecer a solas con un hombre, "aunque sea conocido", no admitir "pláticas o chistes picantes", no permitir familiaridades del sexo masculino y pedir ayuda cuando se sospeche de una "mala intención".
Fuentes: Agencias/ Público |
|
|
|
|
| O MAR....,AMOR PRESENTASE EN VIVEIRO |
|
Paco Rivas e Otero Regal Teñen o pracer de invitar a Vde. á presentacion da carpeta
O MAR……., AMOR.
POEMAS DE PACO RIVAS E AUGAFORTES DE OTERO REGAL.
Acto que terá lugar o vindeiro Venres, 15 de Agosto ás 21 horas na Caseta de actos da
FEIRA DO LIBRO DE VIVEIRO situada nos XARDINS NORIEGA VARELA
Agradecendolle de anteman a sua presencia.
O MAR…, AMOR.SON POEMAS DE PACO RIVAS E AUGAFORTES DE OTERO REGAL
Rematouse de imprimir o 12 de Agosto do 2008.
No torculo dos obradoiros de REGAL XUNQUEIRA Por
Andrea Castro Abad.
Con unha tirada de 60 exemplares
Numerados do un a o 60 e firmados polos autores.
Ademais cada unha das laminas esta numerada e firmada por Otero Regal.
O MAR…, AMOR.
Así pensei en titular cada unha destas carpetas formadas ou conformadas por unhas fermosísimas láminas de Alfonso Otero Regal e por uns cantos poemas - espero que tamén vos parezan fermosos – escritos por min.
Otero Regal e eu; eu e Otero Regal, criámonos a carón do mesmo mar de Nois, rente ao mar do xogaral da Raxoa, do areal da Borneira…, bebendo sempre da brisa que nace na Orxal. Os dous somos fillos do mesmo mar. Os dous somos, polo tanto, dalgunha maneira, irmáns… Ben, medios irmáns se queredes…
Os dous somos de Nois e os dous adormecimos máis dunha vez – máis de miles de milleiros de veces-, arrolados unhas veces polas nanas que nos cantaba a brisa, outras, polo bruar do vento e das vagas que o mar espallaba – e aínda espalla -, polo Acivro, pola Barrosa, por Candín e Monte Faro.
O Mar e o Amor están ligados, que xa os fonemas son os mesmos – tan só unha pequeniña variante na colocación dos mesmos marca a diferencia (o mar/amor)-. O son é moi parecido e os dous – esta é unha teoría miña á que non hai que facerlle moito caso- nacen das ondas, das vagas, cando, con galerna ou aruxiño de nada, o mar desfaise no areal, no xogaral ou mesmo no peloural ou nos cantís, e deitase na praia ou contra os cons... Escoitade: o marrrrr… amorrrrr… ¿Soan así ou non soan así? …¡Xa volo dicía eu!
O Mar e o Amor, tamén están moi presentes na vida, e polo tanto na Obra de Alfonso Otero Regal. Tamén na miña vida. Tamén na miña Obra… Tamén nos meus versos o Mar bebe do Amor, o Amor bebe do Mar…
Ese mar que tanto nos deu a ámbolos dous – a Alfonso e a min -, ese mar que tanto nos ten quitado a todos – e que tanto nos segue a quitar ás veces -; ese mar é capaz de facer espertar os soños na ollada do artista, na ánima do pintor, do ceramista, do poeta, e mesmo de todos e todas os/as que o saben mirar.
De aí o título destas Carpetas: "O MAR…, AMOR". De aí que estas Carpetas cheiren a salseiro, a brisa maina, a galerna, ao lene asubiar do vento e a beizos de orballada. De aí que dous homes de Nois, dous homes da Mariña, dalgunha maneira fillos do mesmo mar – do mar de Nois -, xuntemos os nosos soños para presentárvolos formando ou conformando un todo, nun carabelo de soños, nun carabelo de beixos vestidos de láminas preñadas de maresía; de poemas cunha vaga de mar na ollada…
Desde este mar de Nois, desde este mar dos nosos soños – de Alfonso Otero Regal e máis os meus -, que esta Obra, ou este conxunto de Obras, sirvan, entre outras cousas, para que ao espertar empecedes a soñar - non esquezades que dormido soña calquera -, e que sintades – coma nós-, a brisa morna das auxías dun mar calmo na vosa ollada.
Sede felices…, e aínda máis.
Desde o mar de Nois no mes de agosto do ano 2008-08-04.
Paco Rivas.
|
|
|
|
|
| NAIDE E NAIDE EN AGOSTO |
|
-Naide me recolle, di o can de palleiro na perrera de Lugo o último día da sua vida.
- Naide me quere, chora o rapaz despois de unha noite de troula e sin mollar.
- Naide me cree, recorda o político caido en desgracia antes da entrevista concertada.
- Naide me necesita, ronronea o cura aburrido mirando a praia de Covas en agosto.
- Naide me lee, comproba o escritor cando visita a feira do libro.
- Naide me comprende, pensa pintor vanguardista mentras mezcla maxenta e trementina.
- Naide me escoita, solloza o adolescente con a sua crise de adolescencia.
- Naide me visita, di por o baixiño a velliña no asilo donde perdense os recuerdos.
- Naide e naide grito eu. |
|
|
|
|
| O MINISTRO QUE TEN QUE IR A MIRAR OS OLLOS |
|
Molina recibió diversos obsequios. La Junta de Cofradías le regaló ejemplares de varias ediciones del libro pregón de la Semana Santa y también fue obsequiado con el libro de acuarelas editado por la asociación Bágoas da Terra, con motivo del 50 aniversario de la fundación del grupo de danzas. Nada más llegar a la ciudad, el ministro manifestó su satisfacción por el crecimiento experimentado en Viveiro desde su anterior visita, hacía muchos años. Destacó «el respeto a la naturaleza de la ría y las playas» con que, subrayó, se ha desarrollado este municipio.
Sacado da Voz de hoxe...dende logo o ministro ou lle fixo mal o albariño ou ten que mellorar as diotrias pois decir «el respeto a la naturaleza de la ría y las playas» con que, subrayó, se ha desarrollado este municipio. Ten delito. |
|
|
|
|
| O CONSUMO DE DROGAS EN VIVEIRO |
|
A peticion dos meus lectores voltamos a un dos temas clave da xuventude en Viveiro O CONSUMO DE DROGAS, que puxose de actualidade estes dias con motivo de un acidente ocurrido no casco antigo de Viveiro donde o parecer un rapaz saleu por a ventá co intencion de voar, o que deduce un pouco o estado das cousas.
Din as estadísticas que os nosos rapaces empezan a beber alcohol os 14 anos e medio, preocupa a evolución das formas de consumo, o botellón .e tamén en Viveiro e bisbarra un fenómeno de consumo masivo en espacios públicos o que alarma a os expertos en toxicomanías por duas razons fundamentaes: bebese mais xa que e maisbarato.
Un cando da un paseo o fin de seman contempla que moitos-as son alumnos-as de a miña compañeira ou sexa menores de 18 anos.
Din os entendidos, eu descoñezoe, que ahora o botellón produce un "efecto chamada" sobre o uso de outras drogas ou, dito de outro modo, xenera unha "exposición masiva" de poboación moi xoven a todo un abanico de sustancias.
Volto as estadisticas : O arededor do 50% das persoas encuestadas mentras participaban no botellon consumía tamén hachís, el 15% usaba drogas de síntesis e un porcentaxe variable que podía situarse en un 7-10%, cocaína.
Para empeorar a cousa no grupo de edade que vai de os 12 a os 18 anos o porcentaxe de mulleres que bebe abusivamente supera a dlos varons, 3,5 por cento frente a 3,3 por cento.
As cousas nesta bisbarra son igual ou peores do que nos contan as estadisticas, pero vamos a analizar a situacion no noso concello.
¿QUE ALICENTES TEN A XUVENTUDE DE VIVEIRO PARA REALIZARSE EN OUTRO AMBIENTE CULTURAL E SOCIAL DIFERENTE?.
Pois casi nada de nada, aquí non existen realmente asociacions xuvenis, por exemplo os scouts non existen na bisbarra e dende logo seria unha boa oportunidade de socializar esa xuventude e iniciala en outros divertimentos mais alo do botellon e das drogas blandas ou duras.
Desapareceu a OJE pero non se sustitueu por nada, faise deporte, e mais deporte que non esta mal, pero non e suficiente, en outras terras e outros lugares donde vivín e viaxo de cando en cando, existe unha rede de clubs de escursionismo, con unha variada programacion, os que non de eses clubs fanse dos scouts, aquí nada de nada si eso das noites donde os rapaces do San Roque fan o que poden, pero a cousa ten que partir da familia, do entor e dar oportunidades diversas e complexas.
A droga existe e pulula por a bisbarra, sinon ¿Por qué de vez en cando aparecen paquetiños nas plaias?,. Membros dos corpos e forzas de seguridade xuzgados nas Rias baixas exerceron aqui durante anos, asi que aquí tamen funcionaba o contrabando, fillos de xente ben son consumidores habituales de coca, a alguhos incluso se lles apelidan os da farlopa, pero para mercar droga fan falta cartos que ou ben proceden de eses pais despistados ou de outras cousas como a prostitucion encuberta de menores e non tanto que tamen existe por aquí.
Dende as nosas autoridades xestoras tampouco se fai nada que non sexa bombo e platillo tal como exerce a concellala trasfuga do asunto.
Ahora tocavos avosoutros, pero podia seguer.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|