 Un día ía nun bus polo centro de Madrí, falando cun compañeiro biólogo sobre a banda deseñada, sobre Cabana de Balieiros que viña de saír á rúa.
Ao noso carón viaxaban uns cativos de 10-12 anos e introducinos na conversa preguntándolle que comics lían, unha charla moi agradable e sorprendente para eles, pois no bus, ou no metro, ninguén fala con ninguén que descoñeza.
Pouco despois, unha muller que viaxaba máis adiante viu andando cara atrás a me preguntar se eu era ilustrador. Logo da miña sorpresa, pois pensei que quería consultar calquera outra cousa, ou vender algo, comprendín a pregunta.
Desa pregunta viu un contacto posterior, un acordo, un texto sobre un conto e unhas ilustracións. Bagamoio é unha delas. Do resto, e da autora, María Pereiro, xa falaremos. |