|
|
|
Colaboracións con Chano Piñeiro |
|
Falando con Manel Craneo lembreime do story board do Camiño das estrelas de Chano Piñeiro, estou buscando todo aquel material para traer algo ao presente.
|
|
|
|
Ultima páxina de Cabana de Balieiros |
|
 Estou abordando a recta final da historia de DB Cabanas de Baleiros. Por iso vou dar un enorme salto por enriba de todo o que me falta para debuxar a ULTIMA PÁXINA. É de tolos mais estou seguro de facelo así. Ademais non a vou cambiar pase o que pase cando remate os capítulos intermedios.
Deixo a metade da páxina coa tonalidade azul e sen textos, para non darvos moitas pistas que se non xa vos conto a historia. |
|
|
|
Ultima páxina 0 |
|
Agora póñolle os cadros para darlle ritmo e continuidade á escena. |
|
|
|
Ultima páxina 1 |
|
 Compoño a páxina e deixolle cair os globos de texto, logo xa os ordenarei. Este xeito de traballar parece un pouco caótico mais o boceto está dentro da cabeza, non preciso velo, as veces equivócome e non está tan claro, e por iso sae un churro. Agardo que desta non sexa así. |
|
|
|
Ultima páxina 2 |
|
Gostoue a idea que Telmo, xa moi maior, reflexara a faciana na lanterna do faro na última viñeta de detalle. |
|
|
|
Ultima páxina 3 |
|
Nesta obra fun facendo os debuxos das viñetas por separado e logo compñéndoas como un collage. Non sei se é práctico mais é divertido!.
Neste caso, un renault 4-4 dos anos 50 sae do suposto aeroporto de Alvedro, que debía ser pouco máis ca un jaliñeiro (caricaturizando e non por desprezar). |
|
|
|
Ultima páxina 4 |
|
Ao chegar ao estudio pasei a un folio a estrutura cuns trazos superficiais.
O epílogo dá para dúas páxinas mais só se vai facer nunha. Todo un reto. |
|
|
|
ultima páxina5 |
|
No hospital xeral, acompañando a unha revisión da miña nai, fixen nun papeliño o esquema. |
|
|
|