Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración |
|
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O mar no paleolítico |
|
Nalgún momento a humanidade chegou á beira do mar e decatouse que alá, no horizonte, uns seres fantásticos arbolaban un surtidor tremendo.
Non os podían ver porque vivían baixo da auga, mais a súa presenza non pasaba desapercibida.
Esta ilustración pode amosar un bo momento de reflexión diante daquel acontecemento. Neste caso reflecionando diante dos cachalotes. |
|
|
|
Rula e torcaz |
|
As rulas parécenme unhas aves fantásticas, son moi elegantes á vez que fráxiles, voan rápidas e ao mesmo tempo planean como a chimpos no ar.
As súas curmáns pombas torcaces son tamén moi boas voadoras.
Tiven unha ruliña albina durante moitos anos compartindo a miña vida, convivindo ceibe pola casa. |
|
|
|
Escarapote |
|
O escarapote é un peixe moi fermoso, cheo de espiñas protectoras e dunha intensa cor vermella. Moi agradecido de debuxar e que sempre dá moi bo resultado. |
|
|
|
Ilustración científica |
|
Dende hai moitos anos levo adicándome á ilstración científica. Seguramente empreguei a maior parte das horas da miña vida observando e transladando as imaxes a un papel ou a unha pantalla. Neste 2018 retomo a actividade como forza vital. |
|
|
|
|
|