|
|
|
A Causa do Crime |
|
Para ir abrindo boca: A Causa do Crime. Historia gráfica de Tokio que está recibindo os últimos retoques para saír á luz en agosto para Viñetas da Coruña. |
|
|
|
Escenas kallaikoi |
|
Un día os kallaikoi atoparon un arroaz varado, preguntábanse que sería, un monstro mariño, dixo un, un deses que nada por aí, dixo outro. A ver se vale para comer, e sacou o coitelo para probar un anaco. |
|
|
|
De como viu a Rianxo unha balea |
|
No ano 1995, ano adicado ao autor no día das letras galegas, Marisa Gil Nieto e outros autores, deseñaron unha unidade didáctica sobre o autor Rafael Dieste, ilustrada por Tokio, recreando graficamente o conto da balea. Esta é unha viñeta. |
|
|
|
ZACOES-2 |
|
O manuscrito anónimo de Partrovia non era tan anónimo, foi escrito polo preso 999 na torre da metrópoli, ás agachadas, nas páxians do xornal que forraban o libro das augas termais de Galiza. Cando morreu o libro pasou á biblioteca xeral da metrópoli, a misión era recuperar ese escrito e facerllo chegar aos Zacoes ceibes como símbolo da súa resistenza. |
|
|
|
ZACOES |
|
Elha Zacoa conseguiu librar o paso da onda de calor grazas a que a súa montura sepultouna baixo o seu corpo sacrificándose. O combatente nómada tiña un río preto polo que a auga librouno do desastre. Buscou a Elha por toda a chaira e atopouna baixo a súa montura calcinada, este é o momento no que consegue sacala debaixo de 1200 kg de carne churrascada, case asfixiada, case sen respiración, mais aínda con vida. O manuscrito anónimo de Partovia continúa o seu camiño cara a floresta onde os Zacoe aínda son ceibes. |
|
|
|
O Corvo mariño |
|
É o principio dunha historia que aínda non ten contido, a portada dun libro para colorear para @s cativ@s. |
|
|
|
Crustáceos parasitos |
|
Ilustración de ciámidos, crustáceos parasitos da pel dos cetáceos, en concretos estes foron recollidos sobre os caldeiróns tropicais que vararon na ría do Barqueiro. Nada novo mais uns animais moi curiosos, as femias levan ás crías agarradas ao ventre. |
|
|
|
A cagarra namorada |
|
Ilustración para un conto de pintar sobre educación ambietal, promoción do Centro de recuperaçao de animais marinhos de Quaios. A cagarra (pardela) namora nos cantís do norte. |
|
|
|
Tartarugas animadas |
|
Rascuños de tartarugas animadas para un conto de pintar. |
|
|
|
Aeroporto de Barajas |
|
Horas mortas. |
|
|
|
|
|
|