|
|
|
Cabana de Balieiros |
|
 Cabana de Balieiros deixou de ser un segredo, ademais da información deste blog, La Voz de Galicia ben de publicar no suplemento de Banda Deseñada do sábado 22 unha notiña anunciando a súa publicación. Que responsabilidade ter que rematalo!. Sobre todo encántame o contar co apoio de DEMO EDITORIAL |
|
|
|
Escea cachalote |
|

Deixo unha composición da escea para que poida ser mellor apreciada. A composición de abaixo será como vai realmente na páxina. |
|
|
|
Cachalote |
|
 Seguindo cos comentarios desta nova xeira quixera poñer aquí unha pequena porción desta historia.
Trátase dunha das partes que levan deseñadas dende hai dez anos, ou así. Non mudaron moito, só na composición e na cor de fondo, os deseños son os mesmos.
Representa a incertidume de alguén que busca algo cunhas vagas indicacións, normalmente erróneas, e que descobre outra cousa diferente e inesperada, quedándoselle cara de poker, como vulgarmente se di. |
|
|
|
Ilustracións naturalistas |
|
Estou rematando unhas ilustracións naturalistas para unha pequena guía. Como é moi dificil ser orixinal ideei as ilustracións como se estiveran en construcción. é dicir, como se un estivera no campo e cunha plumiña e uhas acuarelas tratara de facer uns bocetos, ou cunha wacom portatil -menuda sería-, aquí vai un exemplo, unha pequena RELA.
Quedei bastante contento co resultado aínda que algún purista xa os criticou.
Están baseados nas ilustracións que Xosé Luís Gonzalez Gallego/Tokio fixeron para os libros: Atlas de Vertebrados e A natureza ameazada. |
|
|
|
Libro de túnidos e quenllas |
|
 Veño de recibr o libro ICCAT. 2010. Manual de ICCAT. Comisión internacional para la conservación del atún Atlántico. 1º Edición, xaneiro 2010. 325 pp. ICCAT. ISBN publicacion: 978-92-990055-5-2.
Do que xa estaba publicado o:
2006- 2009. Manual de ICCAT. Comisión internacional para la conservación del atún Atlántico. En: Publicaciones ICCAT [en linea]. Actualizado 2009. [Citado 27/01/2009].
ISBN (Edición electrónica) : 978-92-990055-2-1
Neles ilustrei a segunda parte do libro, os túnidos e as quenllas, seguindo as orientacións de Xulio Valeiras e Ester Abad que son os autores no ámbito do IEO, aos cales agradezo a confianza depositada. Un libro complexo de facer polo tema científico e pola xestión xa que o promociona a ICCAT que depende da FAo e ten se en Roma.
Este tipo de obras é complexo xa que é unha revisión mundial e leva en marcha dende hai sete anos. Por fin xa se rematou e está accesible.
Penso que a bacoreta é unha das que mellor quedou.
|
|
|
|
Os suevos en Galicia |
|

Propuxéronme facer unhas ilustracións sobre os suevos en Galicia, dos que non se sabe moito.
Así que tivemos unha xuntanza onde me explicaron o que querían e marchei dándolle voltas á cabeza. Dende logo non podían ser uns tipos con espada en man que chegaran arrasando porque foron aceptados pola poboación e integráronse sen traumatismos.
Así que fixen a chegada dun pobo buscando algo máis alá, deste xeito puxen ao meu fillo sentado no respaldo do sofá en postura adecuada para debuxar a un guerreiro suevo fitando máis alá dos tesos que se podían ver, mentres, o seu gobernante fala cun galaico que pasta tranquilamente unhas ovellas.
Nun segundo plano os cans galegos ládranlle aos cabalos xermanos, que como é ben nas persoas que viron moito mundo, pasan de todo.
Deixo o progreso da portada.
|
|
|
|
Os suevos en Galicia 2 |
|

|
|
|
|
Os suevos en Galicia 3 |
|

|
|
|
|
Os suevos en Galicia 4 |
|

|
|
|
|
Os suevos en Galicia 5 |
|

|
|
|
|
|
|
|