Seguindo cos comentarios desta nova
xeira quixera poñer aquí unha pequena porción desta historia.
Trátase dunha das partes que levan deseñadas dende hai dez anos, ou así. Non mudaron moito, só na composición e na cor de fondo, os deseños son os mesmos.
Representa a incertidume de alguén que busca algo cunhas vagas indicacións, normalmente erróneas, e que descobre outra cousa diferente e inesperada, quedándoselle cara de poker, como vulgarmente se di.