As macabras historias do Museo de Ciencias Naturais foron unha serie de historias con fondo humorístico realizadas no ano 1989.
Están feitas cando estiven no
Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago, onde facía ilustración científica.
Alí aprendín moitas cousas, non só de ciencias.
Un dos traballos que fixen alí foi a restauración duns
modelos en escaiola ou cera do século XIX.
No museo había, aínda hai, unha
momia filipina que arrepiaba mais que todo o mundo tiña o morbo de ir ver. Estaba agochadiña nunha esquina como para que non se vira ben, mais mantiña o control de todios que entraba no museo. O caso é que un dos investigadores no quería quedarse só cando marchaba o celador porque entráballe un medo arrepiante.
Fixen esta historia que a todos sorprendeu porque non entendían que un tipo que afondaba no eido científico fora quen de facer unha banda deseñada.