Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración |
|
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A orixe de Aldraxe |
|
 Esta carta escrita dende a cadea de Tui é real e foi atopada por min remexendo na hucha do meu avó cando andaba na percura de selos antigos. Cando a atopei, sen saber o que era arrinqueille o selo e tempo despois, sendo consciente do que fixera, considerei de xustiza convertela nun pequeno tesouro. Foi a orixe de toda a historia.
Alfredo López Carballo vivía en San Martiño da Portela, Vilasobroso, Mondariz e morreu no ano 1975 no hospital Cíes en Vigo.
Con esta modesta historia creo ter conseguido que por primeira vez algunha xente lera unha historia de banda deseñada na súa vida, entre eles meus pais, agardo que algúns deles continuarao facendo.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|