Nesta páxina recollerei a evolución do traballo de ilustración |
|
Especializado en ilustración científica e banda deseñada, traballei ata o ano 1997 profesionalmente como ilustrador. Aínda que nunca o deixei, nos últimos anos, centreime na faceta meramente científica e de xestión da natureza, polo que quero retomar todo o traballo de ilustración coa forza e experiencia que me deron estes anos. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aldraxe |
|
 No ano 1984 debuxei a miña primeira historia longa de 23 páxinas, un libro completo con portada, contraportada e mesmo poesías.
Un guión pésimo cun pobre debuxo, mais unha obra de grande sentimento, unha biografía familiar sobre a represión de 1936 co o asasinato de Severo Paramés e a historia de D. Alfredo López Carballo e o seu agocho soterrado na casa durante tres anos, feito prisioneiro coa ameaza de matar a súa familia e a peregrinación polas cadeas no 1939. Aínda cambiando algúns nomes e bastante fiel á realidade, aínda que nin sequera fun quen de describir os feitos tal e como foron pola súa crudeza, a realidade sempre supera á ficción.
Saíu publicada na Peneira.
Penso que aínda estou en débeda co meu avó e con aquela xeración que sufriu o peor da represión franquista, polo que dende aquela lin todo o que pillei sobre a xénese e desenvolvemento da sublevación fascista e teño en mente unha historia, e debuxadas unhas páxinas tamén perdidas coa avaría do disco externo, e que voltarei retomar algún día. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
E então é que esta historieta foi autoeditada por primeira vez como um monográfico, antes da súa publicação#blgtk08# na Peneira?
Eu não posso esperar cousa pequena do novo tebeo da Demo. Felicidades!
|
|
|
Comentario por Ismael Sobrino (03-07-2014 22:52) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|