|
|
|
X anos de BD |
|
A Librería BD de Vigo celebrou o X aniversario cunha actividade con Juan Canales e Juanjo Guarnido, guionista e debuxante de BLACKSAD, tamén estibo Miguelanxo Prado co que puiden falar un anaco. Un sábado comiqueiro. |
|
|
|
Portada Cabana |
|
Hai un ano que se presentou Cabana de Balieiros. Sei que segue vendéndose e que segue pedíndose nas tendas, iso é bó para a obra. Non sei aínda como vai de vendas. Recibín unha petición para adquirir un orixinal, cousa que me agradou moito. Aquí vai parte do orixinal a lápis da portada. |
|
|
|
Presentación en Ferrol |
|
 Hai uns días presentei Cabana de Balieiros en Ferrol, no Museo da Natureza. Ademais da alegría de poder achegar a miña obra a un pouco público máis, entre eles moitos amigos, a alegría foi doble por poder facelo no novo emprazamento do Museo da natureza coas portas abertas dende hai uns meses.
Se como se xestou o translado e as dificultades que tiveron os compañeiros da SGHN para poder levar adiante esta iniciativa, mais de seguro que será exitosa e un orgullo para o país todo. así llelo fixen saber alí.
Díxenlles que facer Cabana foi un chollo inxente, tremendo, titánico, mais é unha gotiña de auga no océano, unh grao de area no deserto comparado co titánico esforzo que moita xente está a facer dende tanto tempo polo Museo. Alí, na sala de lectura, magníficamente decorada en madeira, preside unha lemrbanza senlleira, o retrato de Xavier Soñora feito por Xaquín Marín, lembrándonos que o esforzo e constancia SEMPRE ten recompensa.
Adiante! |
|
|
|
Cabana de Balieiros en Ourense |
|
Cabana de Balieiros estará este xoves no Sindicato del comic de Ourense e o venres na Aira das letras de Allariz. Chega o salseiro ao interior!. |
|
|
|
Presentación en Alita |
|
O venres 14 foi a presentación na librería Alita da Coruña. Pouco, mais selecto, público. Botamos unhas parrafadas con Toño, Lolo e David. Cansados de tantos quilómetros e contentos do serán.
Preparando xa as desta semana, o 21 na librería Paz en Pontevedra e o 22 en BD en Vi go. |
|
|
|
Cabana en Gondomar |
|
 O 13 de outubro presentación de Cabana na Aula Ponte de Rosas, IEM, de Gondoma. Moito público e moit@s amig@s. Presentación de Carlos Meixome e coa especial presenza de Pepe Carreiro que fixo unha fonda introdución sobre a historia. Pepe atopou cousas que nin eu sabía que estaban...
Fixen un repaso da historia da BD galega dende 1984 e unha introdución audiovisual de Cabana de Balieiros. Moitas preguntas, algunhas comprometidas...
Unha moi agradable xornada que rematou con múltiples adicatorias.
Agardo que lles guste a historia a tod@s @s presentes.
Hoxe día 14 en ALITA na Coruña. |
|
|
|
Presentacións de Cabana de Balieiros |
|
Logo das xornadas de Viñetas na Coruña comezamos as presentacións de Cabana de Balireiros:
16 en librería Komic en Compostela
22 en FNAC na Coruña
En outubro máis en Pontevedra, Vigo e xa está en marcha en Ferrol e Gondomar tamén, informarei puntualmente. |
|
|
|
Presentación de Cabana |
|
 O sábado 13 as 13 h presentouse Cabana de Balieiros, na mesa Mandel Cráneo, o responsable de Demo Editorial, e Tokio. No escenario un panel cunha ilustración de Cabana e entre o público persoas que viñeron expresamenet, outras máis implicadas e outras que pasaron por alí, en todo caso unha charla amena e satisfactoria. agardo que abrira espectativas no público e lles causara a curiosidade suficiente como para abrir o libro. |
|
|
|