|
|
|
Sebastián |
|
Novos proxectos nos que andamos lidando. |
|
|
|
|
|
No GUME DE OCKHAM. |
|
|
|
70%AUGA |
|
70% AUGA é unha historia que comeza cun aniversario inocente. Un grupo de persoas celebra o primeiro ano do neno, especialmente nas circunstancias nas que se atopan .... camiño de .....
70%AUGA es una historia que comienza con un inocente aniversario. Un grupo de personas celebra el primer año del pequeño, sobre todo en las circunstancias en las que están....de camino hacia.....
70% AUGA is a story that begins with an innocent anniversary. A group of people celebrate the child's first year, especially in the circumstances in which they are .... on the way to .....
70% AUGA ponse en marcha a través de PATREON |
|
|
|
Novo catálogo TOKIO na AGPI |
|
Podedes acceder dende aquí ao novo catálogo da AGPI de TOKIO
Na ilustración: guerreiro suevo.
Coa información da que dispoño actualmente, logo de visitar intemporesuevorum podería mellorar moito esta ilustración, sobre todo no relativo ao tocado dos cabelos. |
|
|
|
Peixes |
|
Este título forma parte do proxecto didáctico destinado á educación infantil edirado pola Mesa.
Os peixes e outra fauna mariña, con 30 ilustracións de Tokio, é para aprender, identificar e provocar interese polo mundo dos peixes, crustáceos, moluscos e outra fauna mariña nas nenas e nenos.
Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de peixes comúns.
Cun precioso video. |
|
|
|
Visita ao Clube de lectura da UDC |
|
O martes 10 de abril. ás 17 h afé literario con Tokio no clube Nébeda. Cabana de Balieiros.
|
|
|
|
O mar no paleolítico |
|
Nalgún momento a humanidade chegou á beira do mar e decatouse que alá, no horizonte, uns seres fantásticos arbolaban un surtidor tremendo.
Non os podían ver porque vivían baixo da auga, mais a súa presenza non pasaba desapercibida.
Esta ilustración pode amosar un bo momento de reflexión diante daquel acontecemento. Neste caso reflecionando diante dos cachalotes. |
|
|
|
Rula e torcaz |
|
As rulas parécenme unhas aves fantásticas, son moi elegantes á vez que fráxiles, voan rápidas e ao mesmo tempo planean como a chimpos no ar.
As súas curmáns pombas torcaces son tamén moi boas voadoras.
Tiven unha ruliña albina durante moitos anos compartindo a miña vida, convivindo ceibe pola casa. |
|
|
|
Escarapote |
|
O escarapote é un peixe moi fermoso, cheo de espiñas protectoras e dunha intensa cor vermella. Moi agradecido de debuxar e que sempre dá moi bo resultado. |
|
|
|
Ilustración científica |
|
Dende hai moitos anos levo adicándome á ilstración científica. Seguramente empreguei a maior parte das horas da miña vida observando e transladando as imaxes a un papel ou a unha pantalla. Neste 2018 retomo a actividade como forza vital. |
|
|
|
|
|
|