Para pedir perdon pola discografía anterior que puxe que non tiña ben os links, poño esta BARBARIDADE de discografia de 1,6Gbs de Ricardo Arjona. 24 Discos en 3 links.
A darlle!!!!!
Agardando ó novo disco mentres disfrutamos do single adianto aqui temos a discografía deste recente descubrido grupo pola miña parte.
Enérxicos e dinámicos cunha musica fresca e un pelin distinta "ó de sempre"
Entre Cuac-fm e PixelinPhoto.com fixemos unha reportaxe do que deu de si o festival erótico en A Coruña desta fin de semana: o Eros 2010.
Agardamos que vos guste.
Despois de poñer algun disco instrumental dalgun grupo en concreto (Coldplay, Keane) asi que agora temos aqui un variadillo con cancións instrumentais de todo artista. 53 cancións nas que entran u2, red hot, deep purple, Bowie etc...
Aqui temos o single do novo disco de Slash que sae en Abril.
E o trailer do que vai ser toooodo o disco e as colaboracións.
Un disco que pinta moi distinto... e variado.
Seica a "tropa Marlango" se nos animaron, pasaron de estar baixo dunha manta cantando cancionciñas a pasar á cabana da árbore e cantar e tocar á luz e con ledicia e un sorriso. Vamos... que ven o marlango mais animado de todos.
Novo disco... cunha portada que visualmente fede a photoshop... o disco?? o típico segundo disco que miraremos con lupa pola culpa do anterior que no estaba nada mal.
Bueno!! por fin!! que parecía que non daba chegado. Un filme que levan pedindo dende hai tempo. Está en formato MKV, suponse que todos os pcs o len sin problema, senon baixade o "vlc player" e listo.
Por fin, e nunha estrea case exclusiva, chega o novo album de Shuarma (ex elefante). Roqueiriño sentimental coma sempre e cunha dinámica... un chisco... "blandengue" que gusta ou non gusta. Ás veces parece que non hai termo medio. hehehe.
"Hijo de la luz y de la sombra" é o Cd de 2010 de Joan Manuel Serrat. Basease nos poemas de Miguel Hernández, con colaboracións de Joan ALbert Amargós e Miguel Poveda
DESCARREGAR
Primeiro agasaio polo 8º aniversario de Mundopix.com de parte do noso compi NetOverflow.
Un pracer e unha maravilla de agasaio que eu desexaba con ansia.
www.Mundopix.com cumple o 25 de Febreiro 8 anazos.
Este ano non hai concurso nin nada... un desastre. Non é por crise nin nada... simplemente non puiden e ben sabedes que me encantaría.
8 anos de festas, fotos e risas (como quen di foi das primeiras webs sociais en Galiza, e sobre todo en Pontedeume). E logo, co tempo, o mundo da foto dixital quedou a man de todo o mundo e Mundopix tornou a compartir música, películas e demais cousas como agora a coñecedes.
Moita xente e de tódalas partes do mundo teñenos visitado e compartido ideas, afeccións e coñecementos de grupos, filmes e demais cousas.
Mundopix sigue en pe. Ainda que houbo unha época na que pensei deixala... pola sensación do traballo feito en van. Agora, en cambio, vexo que hai uns e unhas fieis que de cando en cando pasan por aqui a ver o que se coce.
8 anazos, nos que, incluso a Mundopix se lle cambiou a imaxe, e na que lle naceu unha irmá pequena. WWW.PIXELINPHOTO.COM.
Unha nova version do video/canción tan coñecida e que agora en plan homenaxe a Michael JAckson e á catástrofe de Haití levaron a cabo novos artistas desta nova xeración