O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

Resultados da búsqueda
Buscando'apadriñamento lector'
APADRIÑAMENTO LECTOR 2017
Por fin chegou o tan agardado día do Apadriñamento lector, unha das actividades más apreciadas polo alumnado do centro. O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia posta en marcha para o fomento da lectura que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que as pretendidas inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. Con esta actividade créanse ligazóns afectivas que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente.
Consiste en que o alumnado de cursos superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura. Con estas sinxelas premisas levamos a cabo o Apadriñamento lector para celebrar o Día Mundial do Libro e, como todos os anos, TIVO MOITO ÉXITO!!! Con axuda dos seus familiares, os padriños e as madriñas seleccionan e preparan na casa e na escola todos os aspectos relacionados co texto e coa súa lectura (expresión, entoación, linguaxe corporal, etc) Entre os obxectivos que se pretenden conseguir:


-Dinamizar a biblioteca: coñecer os fondos, utilizar o servizo de préstamo...

- Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos.
- Favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades.
- Promover o gusto pola lectura nos seus diferentes contextos.
- Potenciar a linguaxe oral, saber expresarse para ser entendido.
- Favorecer o saber escoitar.
- Desenvolver a responsabilidade e o compromiso.
- Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos.
- Aumentar a autoestima.
- Fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto...
-Aumentar a motivación fronte ao proceso lector.
Resumindo, a través desta actividade, que une a alumnos de diferentes idades nun mesmo proxecto, animamos de forma sinxela á lectura favorecendo a comunicación e potenciando a adquisición e consolidación das habilidades lingüísticas e sociais.

ASÍ se desenvolveu a actividade:

Á hora prevista, madriñas, padriños e afillad@s reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde acomodarse.


Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras provocando conversas e sorrisos.


Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.

 
 
 

Un ano máis, un auténtico pracer!!
PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!!
PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC
AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 01-05-2017 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR: SORTEOS
Hoxe realizáronse os sorteos para a gran cita lectora que se levará a cabo mañá, mércores, durante a hora de ler. Os nenos e nenas de E. Infantil e o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria recibiron nas súas aulas aos padriños e madriñas que os acompañarán un ano máis nunha aventura chea de emocións que permanecerán nos nosos corazóns ao longo do tempo. Así, un pouco nerviosos pola responsabilidade, os nenos e nenas de CUARTO visitaron coas súas preciosas tarxetas aos compañeir@s de PRIMEIRO para proceder, como vén sendo habitual, ao sorteo de afillad@s, aos que se presentaron individualmente dun xeito moi agarimoso:

Ver máis FOTOS AQUÍ


O nenos e nenas de TERCEIRO DE EP visitaron a aula de SEGUNDO DE EP:


Ver máis FOTOS AQUÍ
E por último, o alumnado de QUINTO e SEXTO de EP visitaron as aulas de E. INFANTIL:






Ver máis fotos AQUÍ

FOI FANTÁSTICO!!! PARABÉNS A TOD@S!!! VÉMONOS MAÑÁ!!!
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 25-04-2017 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO 2017: APADRIÑAMENTO LECTOR I
Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, a biblioteca do centro convocou unha nova edición da actividade de apadriñamento lector que, xunto con outras propostas, servirá para incidir na importancia dos libros e da lectura para a formación das persoas, ampliando horizontes de coñecemento do mundo e de nós mesmos. Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase na busca de historias, preparación de lecturas, elaboración de tarxetas lectoras... Unha morea de tarefas ateigadas de ilusión.
Aquí vos deixo algunhas das preciosas tarxetas de presentación que xa están listas para o gran día:

Como curiosidade, sabedes que este ano foi escollida Conakry (capital de Guinea) como capital mundial do libro??
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, co motivo do Día Mundial do Libro e del Dereito de Autor
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 20-04-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR 2016
Rematamos o mes dos libros cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro un día de abril desde hai oito anos: O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o patio do recreo. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionales que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos "afillados/as" para facer os sorteos e as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a "hora de ler" deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista, acompañados por un sol espléndido que convidaba a buscar a sombra dunha árbore, reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.
Primeiro, os padriños e madriñas, preparados cos seus libros, recollen aos seus afillad@s e buscan un lugar cómodo:

Agardamos a que tod@s estean preparados:
E COMEZA A LECTURA:
Finalmente, intercambian pequenos agasallos e regresan ás súas aulas. Un ano máis, un auténtico pracer!!

PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!!
PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC AQUÍ
Comentarios (4) - Sección: Día do Libro - Publicado o 30-04-2016 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR: OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO VISITAN A AULA DE PRIMEIRO DE EP
Dentro das actividades programadas arredor do libro e da lectura levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" (xa imos pola oitava edición!!!!). Antes da cita lectora, que terá lugar na "hora de ler" de mañá, venres, os padriños e madriñas visitan as aulas dos afillad@s para realizar os sorteos e facer as presentación coa axuda das "tarxetas lectoras" que levan días preparando. Con moita ilusión e algo nerviosos, os nenos e nenas de terceiro, que se estrenan este curso como padriños e madriñas lectoras, acudiron á aula de primeiro de EP para coñecer aos seus afillados/as que os agardaban cuns preciosos carteis de benvida.

FOI FANTÁSTICO!!! VÉMONOS MAÑÁ!!! Preme AQUÍ para ver todas as fotos:
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 28-04-2016 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS E EMOCIÓNS: APADRIÑAMENTO LECTOR 2015
Por fin chegou o día esperado tanto polos padriños e madriñas como polos afillad@s,que agardaron impacientes que o sol nos permitise gozar dos libros ao aire libre, baixo a sombra agarimosa das árbores do noso patio de recreo. Un ano máis, e xa van sete, tivemos a ocasión de ler e compartir historias e emocións. Así, durante a "hora de ler" do martes, día 12, repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e deixaban voar palabras que enchían o aire de fantasía e de maxia. As lecturas provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de revivir a experiencia en cursos vindeiros.
Aquí vos deixo algunhas imaxes desta fermosa experiencia lectora:
A CHEGADA AO PATIO E O ENCONTRO:


BUSCANDO UN LUGAR CÓMODO:
COMPARTINDO HISTORIAS:
REGRESO ÁS AULAS:
OS PROFES TAMÉN COMPARTEN LECTURAS:
Podedes ver máis fotos fantásticas AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 13-05-2015 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
AS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE QUINTO E SEXTO DE EP VISITAN AS AULAS DE E. INFANTIL
Na mañá do xoves, as madriñas e padriños lectores de quinto e sexto de EP visitaron as aulas de E. Infantil para realizar os sorteos do apadriñamento lector. Todos estaban encantados co encontro, tal e como vedes nas imaxes:
Podedes ver máis fotos AQUÍ
Se preferides ver o álbum completo dese día tal especial premede AQUÍ

Se tamén queres ler a crónica do que ocorreu nas outras aulas preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 25-04-2015 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
SORTEO DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES
Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, no noso centro levamos a cabo unha actividade de apadriñamento lector xa consolidada desde hai varios cursos. Antes da cita lectora, que terá lugar na "hora de ler" de mañá, venres, os padriños e madriñas visitan as aulas dos afillad@s para realizar os sorteos e facer as presentación coa axuda das "tarxetas lectoras" que levan días preparando. Tod@s agardaban ese momento con moita ilusión. Mañá acudirán ao patio de recreo para vivir, un ano máis, a emoción da lectura compartida.
TARXETAS LECTORAS:

Alumnado de 4º visita a aula de 1º - (VER MÁIS FOTOS)
Alumnado de 3º visita a aula de 2º -(VER MÁIS FOTOS)
O alumnado de quinto e sexto de Primaria estivo cos peques de E. Infantil.
Nos blogs de aula O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO, KANGURINES e MI AULA podedes ler as crónicas deste día.
Para ver TODAS AS FOTOS preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 23-04-2015 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO 2015: APADRIÑAMENTO LECTOR, UN CURSO MÁIS
O próximo 24 de abril, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola sétima edición!!!!). Como é habitual, durante os días previos  realizaranse os preparativos: os padriños e madriñas escollerán os libros que prepararán para ler aos afilla@s e elaborarán e decorarán as tarxetas lectoras para realizar os sorteos de afillad@s no día anterior á cita lectora. Á espera dese día, no que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s, podedes ir vendo algunas imaxes das artísticas tarxetas lectoras doutros anos (preme na imaxe):
https://plus.google.com/photos/103627355081983465459/albums/5870482698684018081
Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 13-04-2015 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
APADRIÑAMENTO LECTOR: ASÍ FOI...
Hai uns días tróuxenvos a crónica desta fantástica actividade. Hoxe déixovos o vídeo para que sigades gozando desta marabillosa experiencia:


FOI FANTÁSTICO!! XA ESTOU DESEXANDO QUE CHEGUE O ANO QUE VEN!!



Comentarios (0) - Sección: Día do Libro - Publicado o 01-05-2013 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats