|
|
|
BENVID@S AO CURSO 2017 / 2018!!!! |
|
Ola, nenos, nenas e familias! Xa estamos aquí un novo curso!! Esta semana voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e "profas", para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis. Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2017/2018. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas de película! que vos encantarán, xa veredes! Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2017/2018!!
|
|
|
|
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR |
|
"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual. Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar". Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. (Recollido en: BEGA) |
|
|
|
|
|