|
|
|
QUE PASA CON MIK?? |
|
Xenial!! Hoxe, o noso amiguiño MIK continuou coas súas visitas ás aulas, repartindo cartas para que todos os nenos e nenas do cole lle fagan un dos traballiños que tanto lle gustan. Pero..., a que non sabedes o que lle pasou con tantos paseos?? Pois que perdeu as gafas!! Ai, que demo de MIK!! Primeiro perde o gorro e agora as gafas... E alá foi a rapazada en busca delas. Con tantos ollos a buscar, logo as atoparon enriba dunha árbore. Que nen@s tan espilid@s!! Bueno, agora só queda traballar un pouquiño. Xa estamos desexando ver as vosas artistadas. Seguide atent@s, axiña haberá máis novas!!
|
|
|
|
DÉIXATE ILUMINAR POLA LECTURA!! |
|

|
|
|
|
QUENTANDO MOTORES |
|
Pois si!!! Xa ando maquinando actividades divertidas e moi luminosas para o día 24 de outubro. Ese día atoparémonos na biblioteca outra vez, para vivir unha morea de novas aventuras e pasalo requetebén tod@s xunt@s. Como xa sabedes, este ano imos investigar e aprender moitas cousas sobre A LUZ para o que contamos coa axuda da miña amiga Luciña, a quen pronto coñeceredes "en persoa". Xa veredes que simpática é!! Bueno, ide contando con facer algún traballiño escintilante coas vosas familias para celebrar esa data tan especial. E, como di LUCIÑA, este curso... "Déixate iluminar pola LECTURA!!"
Moitos bicos ratunos e moi, moi, luminosos.
|
|
|
|
NOVAS DE MIK!! |
|
Hoxe, o noso ratiño MIK andou visitando todas as aulas para traernos unhas cartas chulísimas nas que nos falaba dunha nova amiguiña que estamos desexando coñecer, LUCIÑA! Despois de ler atentamente a súa mensaxe, pediunos axuda porque, con tanto trafego polos preparativos da festa da biblio, perdera o seu GORRO!! E, claro!, tod@s nos puxemos a buscar durante o recreo para atopar o seu gorriño verde. Que contento se puxo cando Luis e Hugo deron con el!! Agora xa está todo guapo na biblioteca, agardando por nós. Bueno, MIK, se necesitas axuda novamente xa sabes que estamos dispost@s a botarche unha man!
Aquí tendes ao alumnado de terceiro recibindo a Mik e lendo a súa carta. Se queres lela ti tamén, preme AQUÍ.
|
|
|
|
KANGURINES E OUTROS RECUNCHOS VIRTUAIS |
|
Olaaaa!!! Hoxe quero presentarvos un blogue moi simpático que recolle, entre outras cousas interesantes, as experiencias escolares dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro. Chámase KANGURINES e podedes visitalo premendo AQUÍ. Dámoslle a benvida e desexámoslle unha feliz andaina polo ciberespazo.BENVID@S, KANGURINES!!!
Como vedes, a familia virtual do Mestres Goldar vai medrando e, pouco a poco, ímonos facendo cada vez máis tecnolóxicos. Así que xa podedes comezar a vosa viaxe e visitar aos compañeiros e compañeiras sen saír das vosas casas. Ah!! e animádevos a facerlles algún comentario sobre as novas e os traballos que vos presentan. Seguro que lles gustará moito!!!
Para cotillear nas cousas de cuarto de EP, premede na imaxe de abaixo: E se queredes pasearvos polo Curruncho do primeiro ciclo, clicade nesta outra: A PASALO BEN!!!Bicos ratunos,
|
|
|
|
BENVID@S!!! |
|
Ola, nenos, nenas e familias! Xa estamos aquí un novo curso!! A semana pasada voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e "profas", para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2014/2015. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas moi luminosas e brillantes, xa veredes! Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos ratunos e FELIZ CURSO 2014/2015!! !!
|
|
|
|
|
|