|
|
|
UNHA INESPERADA E FANTÁSTICA VISITA!! |
|
Hoxe houbo unha sorpresa fantástica no noso cole pois veu visitarnos PINGUIÑA, unha nova amiga de MIK. Soubemos que era unha das pingas das que caeron nestes últimos días de tanta choiva. Que sorte que PINGUIÑA fora a dar na nosa biblioteca cando o vento a empurrou por un buraquiño da ventá!! E, claro, alí estaba Mik, que a convidou a quedarse connosco unha tempada. E como o noso ratiño é algo tímido, axiña lle fixo un encargo: levar as cartas que tiña preparadas para todos vós. Pinguiña é moi simpática e gustounos moito a tod@s. Seguro que con ela imos divertirnos e aprender mogollón.
Aquí tendes a PINGUIÑA:
A continuación podedes ver como recibiron a Pinguiña os nenos e nenas do cole:
Se premes na imaxe de abaixo podes ler as cartas que mandou Mik:
E premendo no sobre de abaixo atoparás a carta dirixida ás familias:
|
|
|
|
ESTAMOS DE ESTRENA!! |
|
Estamos de estrena!! Xa temos unha fermosa caixa de suxestións para facerlle chegar a MIK calquera das vosas ideas ou propostas. Desde aquí queremos agradecer á familia de Miguel este estupendo agasallo que seguro encheredes axiña coas vosas cartas para o ratiño MIK e para os seus amigos e amigas: as bruxas Maruxa e Pituxa, o pirata Malapata, Gotiña...
Así que xa sabedes: A ESCRIBIR!!!
|
|
|
|
OLA, OUTONO!! |
|
Xa chegou o outono!! A natureza prepárase para descansar pero antes ofrécenos un fermoso espectáculo de cores. O chan cuberto dunha mol alfombra de follas fai as delicias de pequenos e grandes... Só nos queda dicir: BENVIDO OUTONO!!  | Ilustración de Miriam Bos |
Na seguinte ligazón atoparemos unha morea de recursos arredor desta estación para traballar co alumnado de Infantil e Primaria:
|
|
|
|
OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR |
|
Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)(recollido en BEGA)
|
|
|
|
COMEZAMOS CON ILUSIÓN E UN POUCO DE HUMOR... |
|
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias! Acabáronse as vacacións e agora toca comezar un novo curso. Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2012/2013. Seguriño que algúns de vós estades desexando atopar aos compañeir@s, contar todo o que fixestes, coñecer as novidades do cole... Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Estade atentos, axiña teredes noticias miñas.
MOITOS BICOS RATUNOS E ATA MAÑÁ!!
E xa que nos andan a "recortar" por todas partes é mellor botarlle un chisquiño de humor, a ver se alguén se dá por entrad@... (se premes na imaxe poderás vela máis grande)
 |
Faro de Vigo, 11 de setembro 2012 |
|
|
|
|
|
|