|
|
CANTAS NOVIDADES!! |
|
A biblioteca aínda non abriu pero xa están pasando cousas. Hai unha "conta atrás" diante da porta da biblio, un cartel dicindo que esteamos atentos e ademais, hoxe, todas as titorías recibiron a seguinte carta (preme enriba para sacala do sobre):
¡¡ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE O DÍA NOVE!!
|
|
|
|
FAMILIAS EN MARCHA |
|

No noso cole estivo funcionando o curso pasado unha actividade dirixida aos adultos que acompañan ao noso alumnado ao centro e que demos en chamar "Lendo espero", onde os pais/nais/avós teñen acceso á prensa diaria, revistas de diferentes temáticas..., mentres agardan a saída dos nenos e nenas.
Este curso queremos seguir propoñendo actividades que favorezan a lectura no ámbito familiar, polo que estamos poñendo en marcha un punto de intercambio de libros entre familias. Esta iniciativa pretende que toda a comunidade escolar teña acceso a lecturas propias de cada segmento de idade. A nosa biblioteca, polo de agora, non dispón de fondos para adultos polo que tentamos suplir esta carencia co deseño desta proposta como un servizo máis. Trátase dun sistema de autopréstamo e autoxestión onde os fondos literarios son achegados polas propias familias. Agardamos que esta idea sexa ben acollida e que teña unha resposta masiva, como ven ocurrindo ata o de agora.
Aquí está toda a información: A ACTIVIDADE NORMAS E FUNCIONAMENTO Tamén podes acceder AQUÍ aos libros que están dispoñibles para o préstamo (polo de agora non está completo o listado) e que se irá actualizando segundo vaian aumentando os fondos. No panel lateral disporedes dunha ligazón para facilitar a consulta. E agora só queda agardar a que chegue o 9 de outubro, no que a biblioteca comezará a súa andaina neste curso no que de seguro haberá sorpresas e novidades.
ATA PRONTO!!!
|
|
|
|
AS VANTAXES DE LER |
|
Entre outros beneficios, ler tamén inflúe favorablemente na nosa integridade física. Que non o cres??? Observa:
|
|
|
|
XA TEMOS NOTICIAS DE MIK !! |
|

|
|
|
|
COMEZA A AVENTURA |
|
BENVID@S!!
Por fin chegou o día!! Os nenos e nenas voltaron ao cole cheos de ilusión e alegría, contentos de atopar aos compañeiros, desexosos de contar todas as experiencias do verán e algúns un pouco nerviosos á espera das novidades: aula nova, profes novos, libros novos...
Ás nove abríronse as portas do cole, as familias despedíanse con bicos e sorrisos e os nenos e nenas enchían de novo as aulas. Un día moi especial para todos!
Claro que entre os máis pequenos ...
TODO O PROFESORADO DO CENTRO DESEXAMOS UN MOI FELIZ CURSO 09/10 A NENOS, NENAS E FAMILIAS. ¡¡BENVID@S!!
|
|
|
|
NOVIDADE TECNOLÓXICA: PCBOOK |
|
De Dumpert
|
|
|
|
FÁLAME DE TI |
|
Háblame de ti é unha proposta didáctica de interculturalidade para nenos e nenas de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria, promovida polo Instituto da Muller e o Instituto de Migracións e Servizos Sociais. O material ten como obxectivo facer real a igualdade de oportunidades recoñecendo e valorando as diferenzas.

Moita máis información, materiais e ferramentas didácticas sobre este tema no portal Aula intercultural

|
|
|
|