|
|
|
FESTIVAL FIN DE CURSO 15/16 |
|
O 22 de xuño tivo lugar no ximnasio do centro o acto de fin de curso co que rematamos un ano cheo de vivencias e moitas emocións, aprendemos, xogamos e tamén nos divertimos. As familias acompañáronnos neste acto sinxelo no que afloraron unha morea sentimentos: alegría compartida, agradecementos, sentidas despedidas...
O alumnado de sexto de EP foi o protagonista da xornada ofrecéndonos unha actuación inesquecible coa que dicía adeus aos compañeir@s, profesorado e ao centro do que formaron parte durante unha etapa fundamental das súas vidas e no que deixan a súa pegada para sempre.
  Para vós, nenas e nenos de sexto, un bico enorme. Agardamos que que o voso paso polo Mestres Goldar vos axude no camiño que ides comezar. MOITA SORTE A TOD@S!!!
E, por suposto, dámoslle unha agarimosa benvida aos nenos e nenas de sexto de E. Infantil xa que o vindeiro curso comezarán unha nova etapa na E. Primaria. Desde este recuncho desexámoslles a tod@s unha nova andaina feliz e chea de éxitos académicos e persoais.
Máis fotos AQUÍ
O claustro de profesores/as xunto co resto da comunidade educativa queremos enviarvos unha aperta moi forte e desexarvos que pasedes unhas vacacións fantásticas en compañía das vosas familias. FELIZ VERÁN!!!
|
|
|
|
|
|