Xa liches asrecomendacións de Mik e non sabes que facer nesta tarde chuviosa de verán? Pois aí che vai unha proposta en forma de libro:Un intruso en mi cuaderno, de David Fernández Sifres. Ilustracións de Rafael Vivas. Edelvives, Premio Ala Delta 2012. Aínda non o lin pero os comentarios de Carmen Fernández Etreros fan que xa me estea preperando para ir correndo á libraría e gozar desta novela áxil, sensible e moi orixinal que nos conta a historia dun neno, Mariano, aspirante a astronauta, futbolista e detective, que un día despois dun dos recreos do cole, atopa no seu caderno unha bolboreta azul, cun bordo negro moi estreito e un fío escuro que colgaba do final de cada á.
Desde ese momento Mariano dedicarase a descubrir quen debuxou esas bolboretas, e como un detective afeccionado irá buscando pistas entre os seus compañeiros de clase. Un divertido xogo que terá entretido a Mariano ata que descubra o misterio desas preciosas bolboretas. Un intruso en mi cuaderno preséntanos unha historia diferente, sensible, que emociona de verdade, pola relación de amizade sen condicións que se establece entre dous nenos e polo vínculo inseparable que se crea entre eles. Un canto á amizade, á imaxinación e ante todo á loita pola vida. Sen ningunha dúbida, un dos mellores libros infantís do ano.
Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa ?o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e oito poemas musicados e cantados.(Recensión da editorial)
O día 30 de xuño celebrouse en Vigo a moi merecida homenaxe a un dos escritores máis relevantes do noso país, Agustín Fernández Paz, un emotivo acto conducido con mestría por Rosa Aneiros, onde os lectores máis novos, nenos e nenas de diferentes colexios da cidade, tamén manifestaron a súa gratitude e admiración ao escritor. Paga a pena ler a crónica do evento na revista dixital Praza Pública, onde se recollen as intervencións dos participantes, artistas, escritores e amigos, que fixeron canda el un percorrido vital a prol da cultura e da lingua de noso. Preme na imaxe:
Acabamos de comezar unhas moi merecidas vacacións despois de traballar arreo durante todo o curso, pero quedábanos pendente algo que non podía faltar neste Recanto: a crónica e a reportaxe do acto de fin de curso, que foi especialmente bonito e moi, moi, emotivo. Para aquelas persoas que, coma min, non tiveron a fortuna de presencialo "en directo" aquí vos deixo os vídeos que resumen unha xornada inesquecible: