O festival de hoxe foi o broche de ouro para o curso 17/18, un curso de aluCINE, que comezou cos agasallos de MIK aos axudantes da biblioteca, aos que lles estamos moi agradecidos polo seu espléndido traballo e pola súa xenerosidade. A partir das doce da mañá, o alumnado de 6º de E. Infantil e o de 6º de Primaria foron os protagonistas da xornada cos seus bailes, os seus vídeos, as súas fermosas palabras e as súas chiscadelas de humor, que lograron os entusiastas aplausos das familias que os quixeron acompañar neste día tan importante para eles. Non faltaron as emocións e as bágoas dos compañeir@s que exteriorizaban os seus sentimentos pola marcha dos maiores. Foron momentos inesquecibles que para sempre estarán nos nosos corazóns.
Desde este recuncho queremos enviarlles aos nenos e nenas de INFANTIL os nosos máis agarimosos parabéns pola súa fermosa chegada a PRIMARIA. E aos nosos queridos nenos e nenas de 6º desexámoslles unha feliz e exitosa andaina na súa nova etapa escolar e moita sorte en todos os seus proxectos, tanto persoais como académicos. MOITOS BICOS A TOD@S E ATA SEMPRE!!!!
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Infantil fixeron a súa propia versión do videoclip Thriller de Michael Jackson. Que medo nos fixeron pasar estes zombies!!!!MENUDOS ARTISTAS!!!!