Ao finalizar as actuacións dos "artistas" da SEMANA DA MÚSICA, procedeuse á entrega de diplomas e agasallos para o alumnado "axudante da biblioteca", que durante todo o curso estivo colaborando xenerosamente, renunciando ao seu tempo de lecer, para apoiar no traballo da biblioteca, un traballo moi valioso para o bo funcionamento deste servizo. Desde aquí enviámoslles o noso profundo agradecemento polo seu bo facer ao longo de todos os recreos deste curso. MOITAS GRAZAS A TOD@s!! SODES ESTUPEND@S!!
Hoxe rematou "Música para VIGOrizarte", uns días ateigados de actuacións fantásticas do noso alumnado máis artista. Os nenos e nenas de E. Primaria presenciaron e aplaudiron o espectáculo musical que os compañeir@s estiveran preparando con moita ilusión e agarimo. Así, tivemos as espléndidas interpretacións de fermosas pezas de música clásica e tradicional: Nicolás, de terceiro, tocou moi ben o acordeón
Tamén houbo gaita e... GUITARRA ELÉCTRICA!
Despois puidemos gozar de bailes e coreografías orixinais e moi ben executadas:
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!! SODES GRANDES ARTISTAS!! PARABÉNS!!!
Se queredes ver máis fotos clic AQUÍ
O luns, día 13 de xuño, a Fundación Celta de Vigo visitou o noso centro para realizar unha actividade, promovida polo Departamento de E. Física, enmarcada no proxecto sobre a nosa cidade: "Vigo dá moito xogo II". Desta vez, as propostas xiraban en torno ao deporte que máis atrae ao noso alumnado: o fútbol. Por suposto, entusiasmáronse co feito de que persoas do clube enseña da cidade, o "Celta de Vigo", foran as encargadas de dirixilas e compartilas coa rapazada. Ao finalizar, non faltaron as fotos asinadas dos futbolistas e unha rica lambetada. MOITAS GRAZAS!!!
Como actividade FIN DE PROXECTO, o venres, 10 de xuño, todo alumnado de E. Primaria do centro compartiu unha xornada inesquecible no incomparable marco natural das Illas Cíes, o noso paraíso, do que nos gabamos, queremos e coidamos como a máis fermosa das xoias que a natureza nos ofrece.
A aventura comeza no momento en que, moi ilusionados, chegamos ao porto para embarcar rumbo ás illas. Para algúns foi a súa primeira viaxe en barco!!!
Despois de 45 minutos de travesía pisamos o peirao á beira do areal de Rodas. A continuación, cada grupo realizou a ruta que tiña organizada, acompañados dos guías que nos ían mostrando os incribles tesouros que se espallan por todo o arquipélago.
Despois da camiñata baleiramos as mochilas coa fame que tiñamos.
Despois de comer, reunímonos na praia onde xogamos, falamos, rimos e refrescámonos un pouco.
E chegou a hora de regresar, polo que camiñamos de novo cara o barco que nos levaría ata Vigo. Mentras navegabamos non deixamos de mirar hacia atrás, vendo como as illas que nos acolleran ían quedando cada vez máis lonxe. Ao chegar a Vigo tod@s estabamos moi contentos por ter vivido unha experiencia tan fantástica.
SEGURIÑO QUE AXIÑA VISITAREMOS DE NOVO AS CÍES!!!Podedes ver unha morea de fotos chulísimas facendo CLIC AQUÍ
Xa temos unha nova actividade interactiva enmarcada no PDI de centro: Vigo. Desta vez vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de EP pero da que podemos gozar tod@s ao tempo que aprenderemos moitas cousas interesantes sobre a nosa cidade:
O martes, 31 de maio, o grupo de teatro do Ceip Belesar acudiu ao noso centro para representar a obra "Lucía busca o seu sitio".
Os actores e actrices fixeron un estupendo traballo e foron capaces de transportarnos a través da música por diferentes países do mundo. ENCANTOUNOS!!! MOITAS GRAZAS!!!
O mércores, 1 de xuño, o alumnado de terceiro de E. Primaria visitou o Museo do Mar, actividade programada dentro do PDI de centro arredor da nosa cidade. Alí agardábaos unha monitora que os acompañou durante o percorrido e que lles explicou moitas cousas interesantes sobre a vida no mar da Ría de Vigo.
Primeiro estiveron no acuario, onde observaron a variedade de animais que habita nas nosas costas.
A continuación puideron comprobar o inxenio do ser humano deseñando traxes e máquinas para explorar o mundo submariño. Así, viron a evolución, a través dos anos, dos traxes de mergullo e mesmo experimentaron, grazas a Kevin, o esforzo enorme que supoñía manter a unha persoa baixo a auga.
Despois descubriron un curioso submariño, deseñado e fabricado por Sanxurxo Badía, e souberon da relación que este mantivo con Xulio Verne.
Finalmente puideron entender as dificultades do ser humano para desenvolverse debaixo da auga experimentando e facendo exercicios de apnea:
Xa están, recén saidiños do forno, os contos colectivos escritos e ilustrados polo alumnado do centro no marco das actividades arredor do PDI deste curso. Con todos eles elaborarase un novo exemplar para a sección de "Produción Propia" da nosa biblioteca. Xa temos unha estupenda colección!! PARABÉNS aos nenos e nenas e aos profes que dirixiron este fantástico traballo!!! Vigo, unha cidade de conto: