Esta fantástica representación do ciclo da auga foi realizada polo alumnado de Infantil para o proxecto documental de centro. Os nosos PARABÉNS aos nenos, nenas e profesorado polo magnífico traballo que realizaron e que nos axuda a todos a comprender este fenómeno natural tan importante na vida do noso planeta:
Non se pode ter máis arte!! Estamos entusiasmad@s coas habilidades artísticas do noso alumnado que hoxe volveron quedar patentes nas actuacións que nos brindaron nesta xornada da Semana das Artes. Por se fora pouco, tamén gozamos da gratísima sorpresa de contar entre os artistas con Pepe, o avó de María e de Anxo, que nos deleitou cunhas magníficas pezas de música tradicional galega. MOITÍSIMAS GRAZAS!! Aquí vos deixo o vídeo e as fotos deste espectáculo variadísimo que nos encandilou a tod@s:
Continuamos coa Semana das Artes e hoxe estivemos rodeados de bo ritmo. Os nenos e nenas crearon e bailaron complicadas coreografías que entusiasmaron ao público. Con moita arte encheron de espectáculo o escenario demostrando, novamente, que neste cole hai moito talento. Aquí vos deixo o vídeo e as fotos dunha xornada "moi movida":
Hoxe tocoulle ao alumnado de 3º de EP ser os protagonistas da Semana das Artes cunha simpática obra de teatro titulada O PLAN XERAL, que representaron de marabilla. Fixérono tan requeteben que mesmo semellaban auténticos profesionais, uns pequenos grandes actores e actrices que encandilaron ao público que aplaudiu a rabear. NORABOA RAPACES!!!
Aquí vos deixo o vídeo para que gocedes desta actuación cando queirades: