O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

CONTO PARA UNHA FADA
Hoxe quero contarvos unha bonita historia:
Había unha vez unha fermosa escola onde aprendían e xogaban moitos nenos e nenas. Había tamén unha biblioteca chea de tesouros, de piratas, de viaxes, de aventuras... E había un ratiño que naceu da imaxinación dunha rapaza, que adoraba os libros e a lectura, que gozaba coas risas e coas visitas dos cativ@s, e que decidiu compartir os seus soños con tod@s eles. (¿Sabedes de quen falo? Pois si, son eu, MIK, que tanto levo disfrutado grazas a vós.)

E como ocurre en moitos contos, un marabilloso día chegou a este cole unha fada que encheu de maxia a miña vida e o meu recanto; e como adoitan facer as fadas madriñas, concedeume moitos desexos: fun poeta, aviador, investigador, comín castañas, fun actor, cantante, bailarín, gaiteiro, mago... en fin, grazas a ela podo compartir con vós unha morea de apaixoantes aventuras e moitos fermosos e emotivos momentos.
Pero como tamén ocorre en moitos contos, a miña fada madriña ten que marchar. Outros nen@s, e pode que outros ratiños, recibirán os agasallos da súa extraordinaria variña.
Desde aquí quero enviarlle o meu cariño e o meu agradecemento.

¡MOITAS GRAZAS, PROFE CHARO, POLO QUE NOS DECHES E POLO QUE NOS DEIXAS! Foi unha sorte coñecerte e compartir contigo estes anos. Desexamos que no teu novo destino teñas moitas alegrías e satisfaccións. Botarémoste moito de menos.¡¡ATA SEMPRE, FADA MADRIÑA!!

Bicos ratunos,


Comentarios (5) - Sección: Varios - Publicado o 30-06-2010 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
FÚTBOL
¿Gústache o fútbol? Se eres un seguidor de Torres, Messi ou Villa, podes poñerte a punto como futbolista, entrenando para ver se no próximo mundial estás na selección.
Tes 3 actividades:
Toques: Pulsando as teclas das flechas esquerda e dereita debes golpear o balón para que non caia ao chan.
Penalty: fai clic sobre o balón no momento adecuado para chutar a portería
Futbolín: unha versión moderna do xogo clásico.


(Preme na imaxe para empezar a xogar)

Comentarios (4) - Sección: Tics - Recursos - Xogos - Publicado o 25-06-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
DESPEDIDA
Tendes que perdoar pero é que ando tan liado que aínda teño pendente contarvos moitas cousas deste remate de curso. Irei pouquiño a pouco, en pequenas doses saboreamos mellor, ¿ou non?
Comezarei por unha despedida, a dos rapaces e rapazas de sexto, que o próximo curso estarán xa no instituto.
Desexámosvos moita sorte e moitos éxitos na vosa nova andaina.


Comentarios (5) - Sección: Varios - Publicado o 25-06-2010 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
MENTRAS AGARDAS
Seguramente xa saberedes que o mundo da literatura está de loito polo falecemento dun dos escritores máis importantes do noso século, o premio Nobel José Saramago. Nestes días terás ocasión de enterarte de moitas cousas da súa vida e da súa obra, das súas inquedanzas e do seu compromiso co mundo que lle tocou vivir. Quédanos como herdanza a súa maxistral produción literaria, da que gozarán moitas xeracións vindeiras. Se aínda sodes moi novos, xa chegará o momento en que a descubrades. E ese encontro será frutífero, como xa ten sido para tantos de nós. Oxalá vos naza esa comezón que remove a intelixencia e as conciencias. Oxalá prenda en vós a semente da xustiza e do compromiso.
Mentres non chega o momento de mergullarvos nas novelas de Saramago, podedes escoitalo contándovos esta historia que el escribiu para vós:



Os blogs das bibliotecas escolares fanse eco desta noticia e fan a súa particular homenaxe a este xenial escritor. Aquí tes unha mostra:
-
O segrel do penedo
-
A biblioteca do Colmeiro
-
Mesturas
Comentarios (0) - Sección: Varios - Publicado o 20-06-2010 02:14
# Ligazón permanente a este artigo
MERCADIÑO
Como remate das actividades da biblioteca organizouse o "mercadiño", que tivo lugar os días 17 e 18 de xuño, onde os nenos e nenas do cole puideron cambiar os MIKOPUNTOS que foran reunindo durante o curso. Algúns eran auténticos "millonari@s" e fixéronse cunha morea de agasallos, pero tod@s tiveron ocasión de "mercar" algún obxecto do seu gusto e, por suposto, había á súa disposición moitos libros para os lectores de todas as idades.



PODEDES VER MÁIS FOTOS PREMENDO NA IMAXE DE ABAIXO:

MERCADIÑO xuño10

O día 18 tamén se fixo entrega dos carnés de "Investigador/a TOTAL" a aqueles nenos e nenas que participaron nas convocatorias de Mik Holmes e acadaron as lupas correspondentes. Xunto co carné recibiron un agasallo. ¡¡PARABÉNS a estes avezad@s investigadores e investigadoras!!



Comentarios (0) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 19-06-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
SE SOBE A TEMPERATURA...
... ¡¡REFRÉSCATE COA LECTURA!!

Por se xa estás cavilando en preparar o teu plan de lecturas para este verán, aquí tes as suxestións de MIK :
(preme enriba da imaxe para vela máis grande)




Comentarios (3) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 13-06-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
TRÉCOLA.COM: Informativo
Un noticiario particular, onde o alumnado de 2º de EP dá conta das actividades máis destacables que se desenvolven no noso cole durante estes días:


¡¡MOI BEN!!


Comentarios (1) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 10-06-2010 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
PRODUCIÓN PROPIA
Xa temos na biblioteca os dous preciosos contos colectivos realizados polo alumnado do noso centro, baseados nos personaxes dos seus contos preferidos. "¡FELIZ ANIVERSARIO!", de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria, e "NUNHA CIDADE MÁXICA", escrito e ilustrado polos nenos e nenas do 2º e 3º ciclos de Primaria. Se premes nas imaxes poderás lelos, xa verás como che gustan:



Tamén os podedes ler no blog Ti tamén contas
Comentarios (8) - Sección: Club de escritores/as - Publicado o 02-06-2010 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0