|
|
|
EL GANCHO |
|

Hoxe SUPERMIK tráenos un novo divertimento para as tardes do verán. Chámase EL GANCHO e trátase dun xornal dixital para nen@s da Junta de Andalucía. Aínda que a meirande parte das noticias están referidas a esa comunidade tamén atoparás pasatempos, curiosidades, vídeos divertidos, entrevistas, concursos... todo o que precisas para pasalo ben. Entra e explora as súas seccións!!

Visto en Blog de segundo
|
|
|
|
LETRAS GALEGAS 2010: UXÍO NOVONEYRA, O POETA DO COUREL |
|

Uxío Novoneyra converterase, no ano no que se cumpre o décimo aniversario do seu pasamento, no poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular. Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra. Novoneyra foi un poeta de entrega total, pero non de minorías, xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo.
Entre os seus libros destacan Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.
En Muller para lonxe (Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo) reúne algúns poemas de amor xa publicados e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro . O poemario Tempo de elexía (Vía Láctea, Oleiros, 1991) recolle esencialmente Elexías do Courel (Rialp, Madrid, 1966) . Máis sobre a súa OBRA
ALGUNHAS REFERENCIAS NA PRENSA DIXITAL:
Galicia-Hoxe.com

A Nosa Terra
Vieiros
La voz de Galicia.es
El Progreso
Xornal.com
RECOMPILACIÓN DE RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS
|
|
|
|
PROGRAMA LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 09/10 |
|
Información recollida vía Reibonteca:
Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 ? por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar ?ou ata 6.000 ?, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar ?ou entre 6.000 e 9.000 ? no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para
os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.
Implantación progresiva:
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009
O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
José Manuel Pinal Rodríguez
|
|
|
|
FORGES E OUTRAS PERSPECTIVAS |
|
Porque un pouco de humor nunca vén mal, aquí vos deixo este post que ben se podía titular "visión forgiana do noso" ou algo así.



E outras "perspectivas"...



(Preme enriba da imaxe para ampliar)
|
|
|
|
PARA PASALO GUAI!! |
|
 Chega un novo recurso publicado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Trátase dun conxunto de 11 xogos para nenos e nenas de 3 a 5 anos estruturados a través de 4 unidades e protagonizados por Fervello (un morcego), Fuco (un neno), Xana (unha nena) e Farragús (un can). Neles trabállanse as habilidades básicas nestas idades: memoria visual, auditiva e numérica, atención, coordinación óculo-manual, asociación, razoamento, discriminación, linguaxe, corpo humano, imaxinación e creatividade.
Ofrece tamén unha sección de descargas na que se poden atopar debuxos para colorear, debuxos para recortar, un protector de pantalla e dous fondos de escritorio.
Conta tamén cunha guía descargable en PDF onde se explica o funcionamento dos diferentes xogos e se nos ofrecen unha serie de consellos para unha utilización correcta do ordenador por parte das nenas e nenos.
(Visto en A Profa)
|
|
|
|
PASATEMPOS |
|


Xa chegan as vacacións e para que o pases moi ben traioche uns xogos moi divertidos e refrescantes do portal educativo da Junta de Castilla y León, indicados para os máis peques da casa. ¡¡PROBA E VERÁS!!
(Preme na imaxe de arriba)

Máis suxestións para pasalo pipa AQUÍ
|
|
|
|
TRAGAPALABRAS |
|
LA CUEVA DE TRAGAPALABRAS é unha aplicación multimedia de apoio á lectoescritura nos primeiros niveis da educación primaria. Ten unha completa colección de xogos, un editor de fichas para imprimir e información sobre o material didáctico.
Para acceder ao xogo debes completar a tarxeta e facer clic nas tesoiras.
¡¡ADIANTE!! (preme na imaxe)

|
|
|
|
EXPLORANDO CONTOS |
|
XOGANDO CON "O LIBRO DA SELVA"
Acabamos de recibir a reportaxe dos nosos intrépidos exploradores, que xa levan un tempo percorrendo as selvas na compaña dalgúns "amigos especiais". Dende aquí os nosos parabéns a estes arroutad@s aventureir@s. Esta é a súa crónica:
Os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos levamos todo o ano adentrándonos selva da man de Mowgli, Baloo e Bagheera. A última aventura foi atopar un tesouro. E non foi nada doado?, nada, nada, nada.
Tivemos que pasar 5 probas: facer pompas de xabrón, encadear palabras, imitar expresións faciais, atopar cousas coa letra ?m? e levar papeis pegados a unha palliña. Con cada proba superada podiamos buscar unha das cinco pezas do puzzle e unha vez completadas e organizadas correctamente todas as partes aínda tiñamos que atopar unha caixa chea de sorpresas: os vermes das Moradas Frías. E puidemos comelos, pero ¡¡sen usar as mans!!.
Toda unha aventura!
GRAZAS, PROFE MARÍA! |
|
|
|
POLO SENDEIRO DA NOSA HERDANZA |
|
No noso centro estase a realizar unha campaña de normalización da lingua, promovida polo ENDL, baixo o lema "DÉIXALLES AOS TEUS A LINGUA QUE TI HERDACHES". O alumnado do 2º e 3º ciclo elaborou uns carteis que reflicten esta idea e onde deixan patente a súa creatividade e orixinalidade. Eles sábense beneficiarios dunha grande riqueza, a nosa lingua, e así o queren transmitir nos seus traballos:
¡¡PARABÉNS, NENAS E NENOS, POR TAN ESTUPENDO TRABALLO!!
|
|
|
|
¡XA ESTÁ AQUÍ! |
|
E se queres podes velo AQUÍ (despois fai clic enriba das páxinas se queres amplialas)
|
|
|
|
|
|
|
|
|