|
|
MOCHILAS VIAXEIRAS: O REGRESO |
|
Metid@s na voráxine que supoñen os últimos días de curso, facemos unha pausa para agradecer ás familias a boa acollida que dispensaron en xeral ás MOCHILAS VIAXEIRAS. Xa de volta todas elas e á espera de emprender o vindeiro curso unha nova aventura a través dos tesouros que transportan, rescatamos, con non pouca curiosidade, os "cadernos viaxeiros" onde as familias lectoras depositaron as súas impresións. E non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción polos resultados desta experiencia, á vista dos comentarios positivos que nos fan os participantes nesta actividade. E para mostra aquí vos deixo algunhas das anotacións:

GRAZAS A TOD@S !!
|
|
|
|
FESTIVAL FIN DE CURSO |
|
O día 20 de xuño celebramos coas familias o fin do curso 07/08. Foi unha velada moi agradable onde todo o alumnado do Centro participou nas actividades programadas para este día. O festival xirou en torno aos nenos e nenas de 6º de Primaria, que acaban unha etapa no seu percorrido escolar e comenzan unha nova no Instituto. Quixemos ofrecerlles o noso cariño e o desexo de que a vida lles depare nesta nova andaina moitos éxitos.
Tamén o alumnado de E. I. de 5 anos recibiu unha pequena homenaxe xa que eles/elas deberán comenzar unha nova etapa o curso que vén.
PARABÉNS E MOITA SORTE !!
Xa podedes ver algunhas fotografías do festival de fin de curso. FOTOS
|
|
|
|
LECTURAS FRESCAS |
|
Xa saiu para os fogares a guía de lecturas recomendadas "Para este verán... lecturas frescas". Míraa detidamente e pensa que títulos che resultan máis atractivos. Despois lánzate á aventura de lelos durante estas vacacións...


¡¡FELICES VACACIÓNS e BOAS LECTURAS!!
|
|
|
|
UN MEIGALLO MOI SALGADO |
|
Co motivo das Letras galegas todo o alumnado do cole colaborou na creación deste conto colectivo. Os nenos e nenas de E. I. e 1º de E.P. foron os ilustradores e os demáis cursos encargáronse da redacción. Aquí tendes o resultado. Disfrutádeo!!
(Preme en OPEN PUBLICATION e despois en FULLSCREEN)
|
|
|
|
E TOD@S A MERCAR...!! |
|
Que mercadiño tan chulo e cantas cousas mercaron cos MIKOPUNTOS!! O día 13 de xuño FOI UNHA FESTA!! Todo o alumnado foi pasando pola Biblioteca cos seus mikopuntos, gañados nas actividades que se levaron a cabo durante o curso. Alí agardábaos a profe Cristina, que os axudaba a escoller os agasallos.
Grazas a Cristina e a Mik por este día tan especial.
|
|
|
|
EXCURSIÓN |
|
Por fin o xoves, día 12, poidemos facer a tan esperada excursión, despois de tela que aplazar en varias ocasións. Ás 9 da mañá partimos coas nosas mochilas e un montón de ganas de pasalo ben. A pesar da tremenda calor todo saiu perfectamente e disfrutamos moito desta viaxe na que participou todo o alumnado do cole, dende infantil de tres anos ata sexto. Visitamos un castelo, vimos como as abellas elaboran o mel, vimos traxes típicos das festas galegas, demos longos paseos á beira dun río, bailamos, cantamos e, por suposto, comemos moitos xelados...
Ah!! E tamén houbo... CHIKI, CHIKI!!
(deixa que cargue enteira unha vez para vela sen interrupcións)
VER FOTOS
|
|
|
|
O VENRES, MERCADIÑO!! |
|
Como remate das actividades da Biblioteca, o 13 de xuño poderás canxear os teus MIKOPUNTOS por regalos no mercadiño da Biblioteca. Non te esquezas e recolle os teus agasallos o vindeiro venres!!

O 13 de xuño, 1ª feira do libro de ocasión na Biblioteca
Reúne os teu MIKOPUNTOS e corre á BIBLIOTECA...!!
|
|
|
|
PROXIMAMENTE... |
|
Xa está cerca...

O vindeiro venres, día 13, poderás canxear os teus mikopuntos no mercadiño da Biblioteca. Haberá libros e outras sorpresas...
|
|
|
|
DISPARATES |
|

Esta vez os nen@s de 5º obséquiannos con un traballo colaborativo no que participaron tod@s. O resultado, como veredes, é ben orixinal... Parabéns, rapaces/as, facedes un equipo estupendo!!
Preme na imaxe
|
|
|
|
DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA |
|

No noso convencemento de que a familia xoga un papel fundamental no fomento do hábito lector, durante este curso a nosa biblioteca tentou acercarse ao entorno familiar, mediante as mochilas viaxeiras e outras actuacións, con resultados moi positivos. Agora que se aproximan as vacacións queremos facer con vós algunhas reflexións para que esa boa práctica de ler en familia, ou simplemente de ler, se reforce nesta época de ocio.
A formación de todo individuo depende de dous ambientes fundamentais: a familia e a escola. En principio, a creación de hábitos lectores, así como dos hábitos de comportamento, das actitudes e valores, áchase inicialmente na familia.
A escola non pode suplir a responsabilidade que corresponde á contorna familiar no achegamento ao libro. A creación dun hábito lector, a promoción e difusión da lectura, non son competencia única da escola. Son as familias as que propician o acercamento temperán do neno/a aos libros e por iso cremos que é moi conveniente convertirnos en FAMILIAS COMPROMETIDAS COA LECTURA.
DECÁLOGO DUNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA:
1. Unha familia comprometida coa lectura é aquela que anima aos seus fillos a ler ata antes de que estes o saiban facer. Deixan aos pequenos/as que investiguen, que se recreen mirando as ilustracións dos libros...
2. É aquela que conta contos aos seus fillos, que lles recita pequenas rimas, que enche os seus oídos de musicalidade e beleza.
3. É aquela que nunca forza a ler.
4. É unha familia que selecciona moi ben os libros dos seus fillos ( ata determinada idade ), valorando o feito de que as boas ilustracións axudan a formar o seu gusto pola arte e polo fermoso.
5. É aquela que dá exemplo de lectura a diario.
6. É aquela que comparte as lecturas dos seus fillos e fillas e xuntos coméntanas.
7. Unha familia comprometida coa lectura procura coñecer os gustos dos seus fillos e respéctaos no posible.
8. É unha familia que acode cos fillos aos lugares onde están os libros -librerías e bibliotecas-, e anímaos a facerse socios dalgunha biblioteca.
9. É aquela familia que fomenta o gusto e coidado da biblioteca persoal dos seus fillos, e que dispón para tal efecto dun espazo apropiado.
10. Unha familia comprometida coa lectura considera que a compra dun libro non é algo excepcional con motivo dunha celebración, aínda que nestas ocasións o libro ten que estar presente como agasallo, senón que o considera parte dos gastos de educación.
|
|
|
|