Chegamos ao venres e aquí remata a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Ah, pero aínda nos queda saber un pouquiño máis da vida de CARVALHO CALERO e... UNHA SORPRESA!!!! Primeiro lede a información da imaxe e seredes expert@s no autor deste ano:
E agora a sorpresa!!!! Un CONTO, CONTIÑO, cuns monicreques ben simpáticos e orixinais!!!
E para que nos quede un regustiño a festa rachada imos con estas cancións tan chulas. Veña,A CANTAR E A BAILAR!!!
Ola, nenos e nenas!!! Nunha das miñas viaxes polo ciberespazo descubrín unha web superchula que vos vai encantar. Nela podedes ler online ou descargar no voso ordenador o libro "AS PITAS BAIXO A CHOIVA", relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato ?Conto?, cedido por Ed. Embora.
Tamén podedes atopar unha UNIDADE DIDÁCTICA con actividades moi atractivas coas que aprenderedes moito (VER ou DESCARGAR) Para rematar, a cantar e bailar con catro cancións moi divertidas. Aquí vos deixo unha delas:
Ola, rapazada!!! Cantas cousas estamos aprendendo sobre RICARDO CARVALHO CALERO!!!! Aí van algúns datos máis da súa biografía e do seu peculiar xeito de falar e escribir en galego:
Ola a tod@S!!!! Xa estou aquí para plantexarvos un novo desafío!!! Primeiro imos con algún dato máis sobre a vida e a obra de RICARDO CARVALHO CALERO (para velo mellor, clic na imaxe):
E agora o RETO para os máis valentes: tes que averiguar de que personaxe se trata:
Se aínda non o sabes, aí vai unha axuda: entra na ligazón "PISTA" e seguriño que acertarás. Cando teñas unha resposta escríbea nun>COMENTARIO (non esquezas poñer o teu nome e o teu curso). VEÑA, A PENSAR!!!! Mañá agárdovos aquí mesmiño!!! Bicos ratunos!!!
Se che apetece facerlle algún comentario ao noso amiguiño MIK, sigue as instruccións do seguinte VÍDEO e... a practicar!! MIK vaise poñer supercontentísimo!!! (se fas clic no cadradiño que está ao lado da palabra YOUTUBE, verás en pantalla completa)
Ola, rapazada!!!! Xa estou aquí de novo!!! Hoxe teño un reto para vós, aceptades?? Seguro que si porque sodes uns valentes!! Primeiro imos aprender algo máis da biografía de RICARDO CARVALHO CALERO (clic na imaxe para agrandar):
Agora le a carta que vos escribín e un fermoso poema do autor:
E por último, estás preparad@??? Pois aí vai o reto!!! RETO PARA OS MÁIS PEQUEN@S: completa o poema da araña coas palabras dos recadros (clic para agrandar)
RETO PARA OS MAIORES: ordena os versos do poema e escríbeo de novo nun folio ou recorta os versos e pégaos ordenados. Podes ilustralo tamén.
LEMBRA!!! Mañá agárdote aquí de novo!! Ata mañá!!! Moitos biquiños ratunos para tod@s!!!
Estades preparad@s?? Pois alá imos con algunhas propostas superdivertidas para celebrar a festa das Letras Galegas!! Comezamos!! Sabedes quen é o personaxe homenaxeado este ano? Chámase RICARDO CARVALLO CALERO e hoxe imos averiguar algúns datos da súa vida (preme para agrandar):
Para saber máis visita as seguintes páxinas (vanche encantar):
E aí vai unha proposta que nos fan na páxina web do centro. Anímate e participa!! É moi guai!!!!
Por último, podes escoitar unha canción coa letra dun dos poemas do autor: E xa sabes... non te despistes!!! Mañá espérote aquí de novo con máis sorpresas!