|
|
PRÓXIMO ENCONTRO CON FRAN ALONSO |
|
|
|
|
|
VISITA DE FINA CASALDERREY |
|
O 18 de maio, os nenos e nenas de QUINTO de EP, recibiron na nosa biblioteca a Fina Casalderrey, unha escritora xa coñecida polo alumnado por ternos visitado noutras ocasións. Desta vez, o motivo foi a súa preciosa historia A lagoa das nenas mudas. Como sempre, foi unha delicia estar con ela, escoitala e compartir opinións e sentimentos. Moitas grazas, FINA, esperamos verte axiña!!!
Por suposto, tamén asinou os nosos exemplares:
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CONNOSCO ESTES MOMENTOS TAN AMENOS!!!
Moitas máis fotos, AQUÍ |
|
|
|
VISITA Á EXPOSICIÓN DE TRABALLOS PARA O DÍA DO LIBRO 2017 |
|
Agora que xa está totalmente rematada , o alumnado de CUARTO DE EP, gozou de todas as creacións familiares arredor dos Libros viaxeiros. Fixeron un percorrido ao longo de toda a exposición e quedaron abraiados pola enorme imaxinación e o coidado dos detalles en todos os traballos. Encantounos. PARABÉNS a tod@s, sodes uns ARTISTAS!!! MÁIS FOTOS, AQUÍ |
|
|
|
LETRAS GALEGAS 2017: EXPOSICIÓN |
|
Durante as dúas semanas de misteriosa correspondencia na que recibimos preciosos contos da obra de Carlos Casares, A galiña azul, os paneis da biblioteca fóronse enchendo de datos moi interesantes sobre a vida e a obra deste escritor. Os nenos e nenas do centro atenderon a petición de MIK e recolleron nos distintos xornais galegos todas as noticias que trataban sobre este autor. Ao final case empapelaron as paredes!!! Quedou chulísimo!! Dentro da biblioteca tamén se dispuxo unha selección das súas obras máis coñecidas: Despois de traballar na biblioteca arredor do DÍA das Letras e de Carlos Casares, saímos para ler os paneis da biblioteca e aprender máis cousas. GRAZAS, MIK!!! VER MÁIS FOTOS AQUÍ |
|
|
|
MAIOS 2017 |
|
Como cada ano no mes de maio, hoxe celebramos a chegada da primavera coa tradicional "Festa do Maio". Todos os nenos e nenas do centro contribúen á construción do maio vestindo con fiuncho, flores, cocas e outros elementos naturais unha armazón de madeira con forma de pirámide: Como era de supoñer, unha alusión ao noso proxecto anual sobre Países e culturas coroaba o noso maio viaxeiro. QUEDOU XENIAL!! Despois de dous días de traballo, reunímonos no ximnasio (a choiva non deu tregua!) para gozar cantando unhas coplas moi simpáticas e batendo cos nosos paus ao ritmo dos recitados. Unhas flores moi bonitas fixeron a presentación do que ía acontecer: A continuación viñeron as coplas: E cando xa pensabamos que o problema dos pokemon quedara solucionado no entroido, atopamos un Pikachu rebuldeiro agochado debaixo do maio!!! Estamos apañados!!! Teremos que seguir buscando polo mundo estes trasnos amarelos!! Queremos dar as GRAZAS ás familias que quixeron acompañarnos neste día e a toda a comunidade educativa pola súa colaboración na achega dos materiais. E, por suposto, un agradecemento moi especial ao noso conserxe Alfonso e á nosa querida PROFE MARILUZ pola súa xenerosidade e pola súa impagable axuda.
Para ver máis fotos, clic nas seguintes ligazóns: - ELABORACIÓN DO MAIO - FESTA DOS MAIOS 2017 |
|
|
|
NOVA MENSAXE DE MIK!!! |
|
QUE SORPRESA!!! A primeira hora da mañá o noso conserxe, Alfonso, colocou unhas preciosas caixas de correo nas portas das aulas. Que misterio!! Non sabiamos que pensar, pero, ao pouco tempo, o noso amiguiño MIK enviounos unha mensaxe! Como vedes, xa temos traballo! Haberá que buscar nos xornais e recortar as noticias que falen de Carlos Casares, semellantes a estas que nos mandou MIK: Pero..., ademais da mensaxe, dentro da caixa había unha carta nun sobre azul que levaba o debuxo dunha galiña tamén AZUL!! Que haberá dentro??? Cada curso deberá descubrilo e... INVESTIGAR!!! Que emoción! Este MIK é XENIAL!!
|
|
|
|
MISTERIO NOS PANEIS DA BIBLIOTECA |
|
Durante os últimos días estiveron aparecendo misteriosas mensaxes nos paneis da biblioteca e quedamos moi intrigados cunha feituca e moi simpática GALIÑA AZUL!!! Que andaría argallando o noso amiguiño MIK?? Por fin, hoxe resolvemos o enigma: o Día das Letras Galegas está dedicado ao escritor CARLOS CASARES, autor de moitas obras dirixidas aos lectores máis novos como A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, Lolo anda en bicicleta ou O can Rin e o lobo Crispín. Agora só temos que seguir lendo nos paneis para enterarnos de todas as cousas interesantes relacionadas coa súa historia ou coas súas historias. XENIAL!!!
|
|
|
|
DÍA DO LIBRO 2017: MURAL DOS LIBROS VIAXEIROS |
|
Así de precioso quedou o mural dos libros viaxeiros para poñer de relevancia o Día Mundial do Libro. Como vedes, a imaxinación e a orixinalidade, ademáis dos libros, foron protagonistas de todas as achegas do alumnado e as súas familias. Unha vez máis, GRAZAS pola vosa colaboración e complicidade.
|
|
|
|
TEATRO ESCOLAR: VISITAMOS O CEIP LOPE DE VEGA |
|
Como sabedes, desde hai varios cursos participamos nas XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR patrocinadas polo Concello de Vigo e organizadas e coordinadas pola Escola Municipal de Teatro. Coa obra "Por culpa dun Pokemon", os nosos fantásticos actores e actrices acudiron ao Ceip Lope de Vega onde nos acolleron con moita ilusión e agarimo. Despois do espectáculo agasalláronnos cunha riquísima merendola. Moitísimas GRAZAS pola vosa acollida e polos vosos aplausos.
Para ver as fotos, clic AQUÍ |
|
|
|
APADRIÑAMENTO LECTOR 2017 |
|
Por fin chegou o tan agardado día do Apadriñamento lector, unha das actividades más apreciadas polo alumnado do centro. O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia posta en marcha para o fomento da lectura que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que as pretendidas inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. Con esta actividade créanse ligazóns afectivas que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente.
Consiste en que o alumnado de cursos superiores (de 3º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura. Con estas sinxelas premisas levamos a cabo o Apadriñamento lector para celebrar o Día Mundial do Libro e, como todos os anos, TIVO MOITO ÉXITO!!! Con axuda dos seus familiares, os padriños e as madriñas seleccionan e preparan na casa e na escola todos os aspectos relacionados co texto e coa súa lectura (expresión, entoación, linguaxe corporal, etc) Entre os obxectivos que se pretenden conseguir:
-Dinamizar a biblioteca: coñecer os fondos, utilizar o servizo de préstamo... - Animar a ler ao alumnado, tanto aos maiores como aos máis pequenos. - Favorecer a comunicación e afectividade entre os alumnos de distintas idades. - Promover o gusto pola lectura nos seus diferentes contextos. - Potenciar a linguaxe oral, saber expresarse para ser entendido. - Favorecer o saber escoitar. - Desenvolver a responsabilidade e o compromiso. - Implicar aos rapaces maiores no proceso de aprendizaxe dos pequenos. - Aumentar a autoestima. - Fomentar a convivencia: escoita ao outro, respecto... -Aumentar a motivación fronte ao proceso lector. Resumindo, a través desta actividade, que une a alumnos de diferentes idades nun mesmo proxecto, animamos de forma sinxela á lectura favorecendo a comunicación e potenciando a adquisición e consolidación das habilidades lingüísticas e sociais.
ASÍ se desenvolveu a actividade:
Á hora prevista, madriñas, padriños e afillad@s reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde acomodarse.
Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras provocando conversas e sorrisos.
Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.
Un ano máis, un auténtico pracer!!
PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!!
PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC AQUÍ |
|
|
|