O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

RUMBO ÁS ILLAS CÍES
Xa se están rematando os traballos relativos ao noso Proxecto Documental sobre a nosa cidade: Vigo, un mundo por descubrir. Así, o alumnado de terceiro e cuarto de EP debe realizar a seguinte proposta interactiva como actividade de repaso e autoavaliación. Se queredes aprender moitas cousas interesantes sobre as Illas Cíes intentade resolver todas as cuestións que nos plantexan. Seguro que o pasaredes moi ben!! ADIANTE!!
(Clic na imaxe de abaixo)
http://www.chiscos.net/almacen/lim/cies/lim.swf?libro=cies.lim

Comentarios (0) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 30-05-2016 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
PRÓXIMA VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ
O próximo día 24 de maio, o alumnado de quinto e sexto de Primaria recibirá a visita de Xavier Estévez, autor do libro "O corazón da maxia":
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-05-2016 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
EL MONSTRUO DE COLORES E OS SALADINOS
O xoves, 19 de maio, recibimos unha visita moi especial: o grupo de teatro "Os saladinos" (Cee Saladino Cortizo) acudiron ao noso centro para representar a obra "El monstruo de colores", que trata dun xeito moi divertido o mundo dos sentimentos e das emocións. Foi FANTÁSTICO!! A obra gustounos moito e os actores e actrices fixérono xenial. Pasámolo requetebén cando nos convidaron a xogar cuns balóns enormes que simbolizaban a nosa alegría, tristura, rabia... Moitas GRAZAS e moitos PARABÉNS polo magnífico traballo de alumn@s e mestres que quixeron compartir con nós uns momentos inesquecibles.

OS SALADINOS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Se queres ver máis fotos, clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 20-05-2016 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO ESCOLAR NO AUDITORIO MUNICIPAL
O mércores, día 18, os nenos e nenas de E. Primaria do noso centro foron convidados a asistir ás VII Xornadas Municipais de Teatro Escolar no Auditorio do Concello de Vigo. Tivemos unha mañá moi "teatreira" xa que, ademáis de ver aos nosos compañeir@s representando "O Principiño", puidemos gozar da obra O mozo Quixote (Escola Municipal de Teatro) e Cun pouco de axuda (Ceip Sobreira). PARABÉNS aos actores e actrices polo seu bo facer e a súa profesionalidade. E MOITAS GRAZAS ao público polo seu saber estar, atento e respectuoso, e polos seus aplausos

TEATRO 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Se queres ver MÁIS FOTOS clic AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 20-05-2016 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
TEATRO INTERESCOLAR 2015/2016
Comentarios (0) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 15-05-2016 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO PARA O ALUMNADO DE CUARTO: RUMBO ÁS ILLAS!
Hoxe recibimos una espléndida noticia! O alumnado de cuarto de Primaria acadou o segundo premio do concurso "Rumbo ás Illas", convocado polo Centro de Visitantes Cambón e dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP. Despois de asistir , xunto cos compañeiros de terceiro, e implicarse con moito entusiasmo en todas as actividades que lles plantexaron, os arroutados Rebeldes aceptaron o reto de elaborar un traballo que recollera os contidos da visita. A proposta era moi acaída ao Proxecto Documental deste curso polo que non dubidaron e puxéronse mans á obra. O resultado foi un precioso e orixinal mural que mereceu un espléndido segundo premio: unha visita guiada ás ILLAS CÍES. PARABÉNS A TOD@s polo fantástico traballo:

Comentarios (2) - Sección: PDI 15/16: VIGO - Publicado o 13-05-2016 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA DA POESÍA 2015/16: HOMENAXE A MANUEL MARÍA
Nada mellor que a poesía para celebrar a chegada da primavera!! Como cada ano, a biblioteca do centro organizou, do 9 ao 13 de maio, a "Semana da Poesía". Trátase dunha actividade moi consolidada no centro e con moito éxito de acollida entre os nenos e nenas, que traballan arreo durante días para preparar os seus poemas concienzudamente, lendo, ensaiando, memorizando, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... A "Hora de ler" foi o momento do encontro poético, onde cada grupo de alumnado recitou, para o resto de compañeir@s, poemas de varios autores/as, en galego e en castelán, sendo Manuel María o principal protagonista deste ano, ofrecendo así o noso particular homenaxe a este poeta. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria foron os encargados de pór de relevancia a figura deste escritor no primeiro día das xornadas, facendo un percorrido pola súa biografía e pola súa obra, con lecturas de varios dos seus poemas máis coñecidos. Finalizaron a súa intervención cunha orixinal e luminosa posta en escena para recitar outra das súas poesías (VER ÁLBUM).
O martes foron os nenos e nenas de terceiro e cuarto os que ofreceron un fantástico recitado cunha perfecta posta en escena, teatralizando, xesticulando e entonando marabillosamente os seus versos:
O xoves chegou o turno de 1º e 2º de EP que recitaron fantasticamente unhas preciosas poesías

E xa o venres foron os peques do cole os encargados de levar a tenrura, o encanto e a simpatía ao escenario poñendo, así, o punto final a esta poética actividade:
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA ILUSIÓN E ENTUSIASMO E MOITOS PARABÉNS A TOD@S, nenos, nenas e profes, por tan espléndido espectáculo poético e por ser capaces de transmitir, unha vez máis, toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!!
SE QUERES VER O ÁLBUM COMPLETO COAS FOTOS DE TODOS OS CURSOS PREME AQUÍ
Tamén podedes visitar os blogues de aula para ver as crónicas dos protagonistas: MI AULA (3º) - KANGURINES (4º) - O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO (1º e 2º)
Ou dar unha volta pola "Semana da Poesía" de cursos anteriores AQUÍ
ATA O CURSO QUE VEN!!!
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 13-05-2016 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARÍA E SEMANA DA POESÍA
Xa levamos dúas xornadas da Semana da Poesía na que Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, é o principal protagonista dos recitados dos nenos e nenas do centro. Axiña teredes toda a información sobre esta actividade. Para ir abrindo boca podedes escoitar os poemas escollidos polo alumnado de cuarto de EP e gozar das súas espléndidas ilustracións. PARABÉNS por tan estupendo traballo!!! (Preme na imaxe)
http://www.chiscos.net/almacen/lim/poesia_4_o4/poesia_4_o.html
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 11-05-2016 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS
O xoves, 5 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria recibían con moitísima ilusión a visita de Érica Esmorís, a autora do libro que estiveron lendo e traballando este trimestre, "Nena e o mar". Como agasallo de benvida prepararon un precioso mural que nos lembraba o argumento da novela e que gustou moito á nosa convidada. Axiña comezou a charla e inmediatamente quedamos engaiolados polo relato ameno e fluido que a escritora, sempre cercana, nos fixo da súa vida e de como influiron nela as tres grandes paixóns que a acompañaron e guiaron desde cativa: os animais, o mar e a escritura. Co apoio dalgunhas imaxes fomos percorrendo a historia de Nena desde o momento en que naceu na imaxinación da escritora ata que se convertiu na obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015. Tamén nos encantou escoitar a fermosa canción que compuxo Matthew, a súa parella, inspirada no personaxe do fareiro. Para finalizar, Érica, asinou moi amablemente os nosos exemplares. MOITAS GRAZAS!!! Agardamos que os ciumes do teu can fagan que axiña poidamos gozar doutro dos teus libros. GRAZAS, tamén, a Matthew por permitirnos compartir o seu talento cos lectores deste recanto. (Podedes escoitar máis cancións no seu canal de YouTube)
Para ver todas as fotos clic AQUÍ
Se queres escoitar a canción do fareiro:
Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 11-05-2016 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
MAIOS 2016 NO MESTRES GOLDAR
Este mércores celebramos no cole a festa dos MAIOS, despois de varios días de traballo nos que todos os niveis colaboraron na construción dun fermoso maio tradicional. Como é habitual, as familias achegaron os elementos naturais cos que o alumnado foi "vestindo" pouco a pouco o "maio", que loceu florido e fermoso no centro do patio para dar a nosa particular benvida á primavera. Arredor do "maio", os nenos e nenas, adobiados con coroas, colares e pulseiras de flores, explicaron marabillosamente a historia e o significado desta celebración. A continuación, o grupo de sexto de EP, encargouse de cantar unhas simpáticas coplas que tiñan preparadas. Para rematar, familias, profes e alumnado puideron facer un percorrido pola historia dos "maios" no noso centro, recollida nus paneis coas fotos dos cursos anteriores. Pasámolo xenial!!!
Para ver máis fotos, preme nas ligazóns:
PRIMEIRO EP
SEGUNDO EP
TERCEIRO EP
CUARTO EP
SEXTO EP
A FESTA
Comentarios (1) - Sección: Festas - Actividades - Publicado o 05-05-2016 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0