Como estaba previsto, hoxe o alumnado de terceiro de EP recibiu a visita de Ramón Caride Ogando, autor de As viaxes de Ruki, o libro que leron durante este trimestre. O encontro resultou moi ameno e agradable e tod@s quedaron encantados coas explicacións sobre a vida e a obra do escritor. Os nenos e nenas agradeceron a visita cun fermoso mural no que recrearon os personaxes e as escenas da simpática historia de Ruki. Ao finalizar a charla, o autor asinou amablemente todos os exemplares. MOITAS GRAZAS!!!
Podes ver a crónica da visita no seu blog de aula Kangurines
O próximo venres, día 29, o alumnado de terceiro de EP recibirá na nosa biblioteca ao escritor Ramón Caride, autor da obra que estiveron lendo, As viaxes de Ruki.
Dentro do programa de Teatro Interescolar tivemos a oportunidade de gozar compartindo representacións e compaña co Ceip O Pombal. Como de costume, primeiro recibimos no noso cole aos nenos e nenas do Pombal que, co seu bo facer, encheron o escenario de arte e guiáronnos nun fermoso percorrido polo museo do Prado. O venres pasado acudimos nós áo seu centro. Foron uns momentos moi agradables e divertidos. MOITAS GRAZAS A TOD@S, nenos, nenas e profes, pola agarimosa acollida que nos ofreceron.
Como xa sabedes, o noso cole é un dos participantes nas Xornadas de Teatro Interescolar polo que esta semana está resultando moi teatral, chea de experiencias enriquecedoras que poñen de manifesto o bo facer do noso alumnado, non só como actores e actrices senón tamén como excelentes anfitrións dos nenos e nenas que nos visitan doutros centros.
A semana pasada, un estupendo grupo de teatro do Seis do Nadal representou no Mestres Goldar a obra "Os antollos de Margarida" polo que o martes, día 19, tocábanos a nós acudir ao seu centro para ofrecerlles a nosa obra "Deslumbrados" e... deslumbrados quedamos coa magnífica acollida que nos brindaron!! Desde aquí queremos enviarlles o noso agradecemento polo seu agarimo, polos seus aplausos e polos preciosos agasallos. Foi una estupenda xornada que non esqueceremos. MOITAS GRAZAS!!!
Xa podemos xogar e aprender moitas cousas sobre o sol con estas actividades para 1º e 2º de EP (se queres velo en pantalla completa, preme no cadradiño que está arriba, á dereita):
Outra das actividades deseñadas para o mes dos libros, dentro do PDI sobre a luz, foi a que denominamos"Retrato á luz dos libros", coa que pretendíamos pór de relevancia a celebración do Día Mundial do Libro implicando no traballo proposto ás familias do noso alumnado. Nesta ocasión tratouse de xunguir a lectura coa arte da fotografía, o xogo coas imaxes e, polo tanto, coa luz e coas cores, cos enfoques... Como cada vez que solicitamos a súa colaboración, a resposta foi extraordinaria. Non só nos sorprenderon coa súa creatividade e o seu talento para a fotografía buscando marcos e situación orixinais, senón que tamén se descubriron as súas habilidades coas novas tecnoloxías facendo espléndidas fotomontaxes das que xa podemos gozar na entrada do cole nunha preciosa exposición. Paga a pena observar detidamente cada una das achegas xa que son magníficas e seguro que vos farán sorrir case todas. O equipo de biblioteca agradécevos enormemente a vosa participación. MOITÍSIMAS GRAZAS A TOD@S!!!
Aquí tendes algunhas imaxes:
Por fin chegou o día esperado tanto polos padriños e madriñas como polos afillad@s,que agardaron impacientes que o sol nos permitise gozar dos libros ao aire libre, baixo a sombra agarimosa das árbores do noso patio de recreo. Un ano máis, e xa van sete, tivemos a ocasión de ler e compartir historias e emocións. Así, durante a "hora de ler" do martes, día 12, repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e deixaban voar palabras que enchían o aire de fantasía e de maxia. As lecturas provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de revivir a experiencia en cursos vindeiros.
Aquí vos deixo algunhas imaxes desta fermosa experiencia lectora: A CHEGADA AO PATIO E O ENCONTRO:
O Departamento Científico EP34 está traballando arreo no seu proxecto sobre a luz. Xa levan feitos varios experimentos cos que tentan demostrar as propiedades da luz e o seu comportamento nos diferentes medios. Como son uns auténticos científic@s van anotando todo no seu Caderno do científico"!!
A continuación podedes velos en acción, explicando magnificamente a refracción da luz e o punto focal a partir do que veremos os obxectos invertidos:
Podedes ver más experimentos AQUÍ, AQUÍ , AQUÍ ou AQUÍ. Pero se navegas polo seu blog MI AULA, atoparás moitas cousas interesantes sobre o seu traballo. Para ver as FOTOS preme AQUÍ
O Concello de Vigo deu comezo ás VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar nas que participa o noso centro coa obra Deslumbrados, dirixida por Antón López e interpretada polo alumnado de terceiro, cuarto e sexto de E. Primaria, coa colaboración de varias mamás pertencentes á ANPA.
Pero non só acudimos como actores e actrices senón como público atento e respectuoso, como demostraron os nenos e nenas de primeiro e segundo de EP, que asistiron á primeira das sesión deste evento, o martes desta semana.
Despois de ver o espectáculo, aproveitaron para pasear e merendar no monte do Castro:
O xoves, día 7, o noso centro foi un dos catro colexios que representaron magníficamente a súa obra teatral. Despois presenciaron a actuación do resto dos coles:
PARABÉNS A TOD@S!! Podedes ver moitas máis fotos AQUÍ Tamén podedes ver a crónica do primeiro ciclo no seu blog de aula O curruncho do primeiro ciclo