O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

QUE ARTISTADA!!
UNHA VIAXE A LONDRES

Así se titula o conto creado e ilustrado polo alumnado de Infantil. Pasarédelo en grande disfrutando dos preciosos debuxos que fixeron para unha simpática historia que ten un personaxe que eu coñezo moi ben. Seredes capaces de descubrilo?
O que está claro é que os nenos e nenas de E. Infantil son uns auténticos artistas!!

Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 30-05-2012 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
OS EXPERT@S DO 1º CICLO
Hoxe asistimos a unha nova "mesa de expert@s" a cargo do alumnado do 1º ciclo. Esta vez o tema abordado foi a mitoloxía grega, centrándose sobre todo nos deuses e deusas máis importantes, os habitantes do Olimpo. Ataviados á maneira dos gregos antigos ou como auténticos deuses, foron contándonos todo o que aprenderon nas súas investigacións: onde habitaban, que comían, como eran, cales eran os seus poderes, de quen eran protectores e mesmo nos falaron dos seus amoríos. Tamén nos mostraron os fantásticos traballos que fixeron e convidaron ao resto dos compañeiros e compañeiras a probar un "xogo de deuses" despois de facernos, claro, unha demostración. Dámoslles as grazas e os nosos parabéns polo seu espléndido traballo. NORABOA A TOD@S!!


Se queres ver máis fotos preme AQUÍ
Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 29-05-2012 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
INCRIBLE AVENTURA EN LONDRES
Recén saidiño do forno, aquí está o emocionante conto elaborado e ilustrado polos nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria. Seguro que o pasaredes moi ben lendo esta aventura chea de misterio:




Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 28-05-2012 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
OS EXPERTOS DO 3º CICLO
Continuando coa semana cultural, esta vez foi o alumnado do 3º ciclo o que se encargou de explicar aos compañeiros e compañeiras o traballo que viñeron realizando durante este curso. Os nenos e nenas de 5º relatáronnos como se desenvolvían os Xogos na antiga Grecia, quen participaba, cales eran as regras e as disciplinas nas que competían, anécdotas e curiosidades...

O grupo de 6º encargouse de explicarnos como se reanudaron os Xogos gracias ao barón de Coubertin, as dificultades que atopou e como chegamos ao momento actual, onde a celebración dos Xogos Olímpicos é un acontecemento de importancia mundial.
Moitos parabéns a tod@s, pola claridade das explicacións e polo espléndido traballo que realizastes. NORABOA!!


Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 28-05-2012 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
OS EXPERT@S DE INFANTIL
Os nenos e nenas de Educación Infantil inauguraron a SEMANA CULTURAL (ver programa), actividade coa que remataremos o noso Proxecto Documental, e na que cada ciclo exporá ao resto dos compañeiros e compañeiras os traballos que resultaron das súas investigacións e explicarán todas as cousas interesantes que levan aprendido.
As investigacións de E. Infantil centráronse nos Xogos Olímpicos das cinco últimas convocatorias, desde BARCELONA 92 ata LONDRES2012. Fixeron un espléndido mural onde recollían os datos máis significativos de cada un dos eventos: as mascotas, logotipo, bandeiras,situación xeográfica, monumentos e deportistas máis importantes...
Ataviados ao estilo grego, os peques do cole fixeron unha excelente exposición axudados polas súas titoras. PARABÉNS a tod@s por tan magnífico traballo!!

Se queres ver máis fotos preme na imaxe de abaixo:



Tamén tendes unha reportaxe na páxina web do cole
Comentarios (2) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 25-05-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA AMIZADE OLÍMPICA
Como xa estamos rematando o noso proxecto documental, empezamos a recoller os espléndidos froitos do noso traballo. Como mostra, aquí vos deixo o conto colaborativo que crearon os magníficos escritores/as e ilustradores/as do 1º ciclo de Primaria:


Comentarios (1) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 23-05-2012 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
SEMANA CULTURAL
Xa estamos rematando a nosa aventura investigadora e achégase o momento de demostrar todo o que levamos aprendido. A próxima semana comezará a SEMANA CULTURAL para rematar cunhas Olimpiadas especiais nas que o alumnado demostrará que, ademais de saber moitas, moitas cousas, tamén está "en forma". Ídevos preparando porque seguramente o pasaremos moi ben. Serás capaz de conseguir algunha das medallas "mikolímpicas"?


Comentarios (0) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 21-05-2012 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
COIDA A TÚA LINGUA!!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TOD@S!!


Velaquí a nosa humilde achega na procura de mil primaveras máis para a nosa lingua:



O autor da obriña de teatro é o noso compañeiro Antón López. Grazas!!
Comentarios (0) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 18-05-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
DIARIOS DE LECTURAS
Dentro das actividades do Proxecto Lector de Centro temos establecido un itinerario lector para cada curso/ciclo que inclúe como lectura obrigatoria unha obra en galego e outra en castelán. Para complementar a experiencia lectora recibimos a visita do autor/ilustrador ou autora/ilustradora de ditas obras, o que resulta moi motivador para o alumnado que sempre espera estes encontros con moita ilusión, preparando debuxos, murais, poemas, opinións ilustradas, en fin todo, aquilo que eles consideran que pode ser do agrado do escritor que ten a deferencia de compartir con eles tempo e conversa.
Ademais das actividades realizadas na aula arredor das obras que están lendo, elaboran o seu "Diario de lecturas" con moito mimo e coidado, onde analizan polo miúdo os textos, os reelaboran imitando as técnicas do autor, crean novos textos baseándose nos que acaban de ler, reflicten as súas opinións e impresións...
Trátase dunha actividade que vimos realizando desde hai varios cursos, coa que pretendemos que o alumnado se achegue aos textos literarios desde todos os ángulos e que consideramos que está a dar espléndidos froitos.

Aquí tendes algúns exemplos pertencentes ao alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria:

Comentarios (0) - Sección: Biblioteca - Publicado o 18-05-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE RAMÓN CARIDE OGANDO
O alumnado do terceiro ciclo relátanos o seu encontro co autor Ramon Caride na seguinte crónica redactada por eles mesmos:
O xoves, día 3 de maio, visitou a nosa biblioteca Ramón Caride, autor do libro "Peligro Vegetal", que lemos ultimamente o alumnado de Terceiro Ciclo de Primaria.
Desde o comezo Ramón foi desvelándonos as dúbidas que lle fomos expoñendo, como: en quen se inspirou para crear o personaxe de Sheila, para o que se baseou na súa filla; para Said, foi nel mesmo; para o malvado Beluz, no demo (Luzbel)... Tratando sempre de que calquera persoa que lea a súa obra poida sentirse identificada ou polo menos atraída por algún deles.
Preguntámoslle sobre o muíño que aparece e díxonos que existe na realidade. Como el é natural de Cea, terra de bo pan, a obra está ambientada nesa zona, onde hai varios muíños de características similares.
Sorprendeunos enormemente cando dixo: "A inspiración non existe!" E logo: "As musas non vos andan por aí pasando ideas a quen escribe." El para crear as súas obras recolle a actualidade, observacións, vivencias... que combina cos seus coñecementos de biólogo. É o caso do tema dos alimentos transxénicos tratado en "Peligro Vegetal".
Foi toda unha lección de literatura, ciencia e coñecemento das fermosas terras de Cea e O Carballiño.
GRAZAS, RAMÓN!


Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 18-05-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0