|
|
|
APADRIÑAMENTO LECTOR 2016 |
|
 Rematamos o mes dos libros cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro un día de abril desde hai oito anos: O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o patio do recreo. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionales que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos "afillados/as" para facer os sorteos e as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a "hora de ler" deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista, acompañados por un sol espléndido que convidaba a buscar a sombra dunha árbore, reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos... Repetíronse as fórmulas e consignas habituais: mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros. Primeiro, os padriños e madriñas, preparados cos seus libros, recollen aos seus afillad@s e buscan un lugar cómodo:
 Agardamos a que tod@s estean preparados: E COMEZA A LECTURA: Finalmente, intercambian pequenos agasallos e regresan ás súas aulas. Un ano máis, un auténtico pracer!! PARABÉNS A TOD@S E ATA O ANO QUE VÉN!!! PARA ACCEDER AO ÁLBUM CON TODAS AS FOTOS, CLIC AQUÍ |
|
|
|
APADRIÑAMENTO LECTOR: OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO VISITAN A AULA DE PRIMEIRO DE EP |
|
Dentro das actividades programadas arredor do libro e da lectura levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" (xa imos pola oitava edición!!!!). Antes da cita lectora, que terá lugar na "hora de ler" de mañá, venres, os padriños e madriñas visitan as aulas dos afillad@s para realizar os sorteos e facer as presentación coa axuda das "tarxetas lectoras" que levan días preparando. Con moita ilusión e algo nerviosos, os nenos e nenas de terceiro, que se estrenan este curso como padriños e madriñas lectoras, acudiron á aula de primeiro de EP para coñecer aos seus afillados/as que os agardaban cuns preciosos carteis de benvida.
FOI FANTÁSTICO!!! VÉMONOS MAÑÁ!!! Preme AQUÍ para ver todas as fotos:
|
|
|
|
REMATA A SEMANA DO LIBRO 15/16 |
|
Hoxe rematamos as actividades programadas arredor do Día do Libro coas que quixemos homenaxear ao creador de D. Quijote de La Mancha, el Prícipe de los Ingenios, Miguel de Cervantes. No salón de actos, presidido por un enorme mural que nos lembraba a escena do enfrentamento do noso singular cabaleiro cuns xigantescos muíños, o alumnado fixo un roteiro polas cinco divertidas propostas: "Exposición de exemplares de El Quijote" (achegados polo profesorado e as familias), "Adiviña a resposta" (biografía de Cervantes), "Si ou non" (Século de Ouro), "Descubre a Cervantes" (puzles de personaxes) e "Escribe o teu nome ao estilo de Cervantes". Ao finalizar, os nenos e nenas recibiron un marcapáxinas e unha pluma como agasallos de MIK. PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES!!!
E aquí estamos en acción!!! (Preme nas ligazóns para acceder a todas as fotos do grupo) EDUCACIÓN INFANTIL: PRIMEIRO DE EP: SEGUNDO DE EP: TERCEIRO DE EP: CUARTO DE EP: QUINTO DE EP: SEXTO DE EP: PARABÉNS A TOD@S!! |
|
|
|
DO MES DO LIBRO AO MES DAS LETRAS. PROGRAMA DE ACTIVIDADES |
|
 Durante os meses de abril e maio celébranse algunhas das datas máis significativas relacionadas co mundo da lectura e dos libros. Como vén sendo habitual, a biblioteca do noso centro deseña o organiza diversas actividades para pór de relevancia ditas datas ao tempo que tentamos achegar ao noso alumnado o seu significado e a importancia de integrar nas nosas vidas os mundos infinitos que nos proporcionan as páxinas dun libro. Estas son algunhas das nosas propostas: co gallo da celebración do Día do Libro e dos Dereitos de Autor, faremos un pequeño homenaxe a un dos escritores máis importantes da literatura universal, Miguel de Cervantes, o creador de D. Quijote. O 29 de abril viviremos unha vez máis a ilusión das lecturas compartidas cos Padriños/madriñas lectores. Ademáis, do 9 ao 13 de maio, teremos a Semana da Poesía, na que gozaremos dos recitados de poemas de varios autores e, en especial, de Manuel María, aproveitando a ocasión para celebrar o Día das Letras Galegas. Deixamos, a continuación, o PROGRAMA DE ACTIVIDADES. Preme na imaxe para ler:
Tamén elaboramos varios parcapáxinas para colorear que podes descargar facendo clic na imaxe de abaixo:
|
|
|
|
DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2016: "OS LIBROS SON PARA VALENTES" |
|
Hoxe, 23 de abril, Día Mundial do Libro, é unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas..."
Mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO, co gallo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor - 2016 DÍPTICO do DÍA MUNDIAL DO LIBRO-2016 TEXTO de Pedro Feijoo Fonte: artigo recollido no blog Bibliotecas Escolares de Galicia |
|
|
|
DÍA DO LIBRO: RECURSOS |
|
BIENVENIDAS VUESTRAS MERCEDES A AQUESTE SIN PAR SITIO... Con este título, xa no 2012, recollíamos esta fantástica páxina onde podemos atopar innumerables recursos arredor de Cervantes e da súa xenial obra, D. Quijote. Recomendamos unha visita virtual co noso alumnado para pasear polas páxinas do libro, pola biografía do autor e polos lugares e persoas coas que se relacionou. A QUE ESPERAS?? PREME AQUÍ PARA ENTRAR!! Podes atopar moitos máis recursos no panel lateral, no botón igual que o de abaixo:
|
|
|
|
MIK VISITA AS AULAS!! |
|
Durante esta semana o noso amiguiño MIK andou visitando todas as aulas do centro para entregar aos nenos e nenas unha carta na que nos adiantaba as actividades tan chulas que nos ten preparadas para conmemorar as datas que se achegan en relación coa lectura e cos libros. O alumnado recibiu as boas novas con moita ilusión e tod@s agardamos pasalo requetebén e aprender moitas cousas interesantes. MOITAS GRAZAS, MIK!!! (Se queres ler a carta de MIK, preme no sobre) Tamén podes ver as fotos desta visita AQUÍ
|
|
|
|
ENCONTRO CON ANXO FARIÑA |
|
Unha visita agardada polos nenos e nenas de cuarto convertiuse hoxe nunha sorpresa moi agradable. O escritor e ilustrador Anxo Fariña presentouse na biblioteca un día antes do previsto. Os nervios e a emoción revolucionou a rapazada e nun abrir e pechar de ollos acudiron ao encontro coa ilusión de coñecer ao autor do libro que estiveran lendo con entusiasmo, Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Anxo engaiolou a tod@s coas súas historias e cos seus debuxos. Unha experiencia fantástica!!! Ata pronto, Anxo, agardamos que volvas axiña!!! Para ver as fotos e saber máis cousas sobre este encontro visita o seu blog de aula KANGURINES |
|
|
|
OLI: ENCONTRO CO ALUMNADO DE 1º E 2º |
|
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de EP recibiron hoxe a visita do escritor OLI, autor dos libros que estiveron lendo e traballando este trimestre: O rato avó e o muraño e Leocadio, o león. Primeiro escoitaron atentamente todo o que contou sobre a súa traxectoria como escritor e como imaxinaba as historias que escribía; despois fixeron preguntas e comentarios sobre a lecturas; por último, asinou moi amablemente todos os exemplares. MOITAS GRAZAS, OLI!!! ENCANTOUNOS QUE VIÑERAS VISITARNOS!!!
Máis fotos AQUÍ Para ver o que eles mesmos nos contan deste encontro visita o seu blog: http://ocurrunchodoprimeirociclo.blogspot.com.es/ |
|
|
|
XELÍS DE TORO: O TROMPETISTA E A LÚA |
|
Os nenos e nenas de terceiro recibiron hoxe a visita do escritor Xelís de Toro, autor do libro que estiveron lendo e traballando durante varios días. O encontro resultou moi agradable e tod@s escoitaron atentamente o relato da historia de Evaristo. Xelís amenizou a súa charla tocando a trompeta e tivemos a sorte de que nos cantara un rap da súa época de xuventude en Santiago de Compostela. Despois de responder as preguntas e comentarios dos pequenos lectores, asinou moi amablemente os nosos exemplares. Por suposto, tamén deixou a súa pegada no noso libro de honra!!! MOITAS GRAZAS, XELÍS!!!
Para ver todas as fotos, clic AQUÍ |
|
|
|
|
|