|
|
CHEGOU O MAIO AO MESTRES GOLDAR |
|
Xa chegou o "maio" ao noso cole!! Mágoa que o día nos nos permitira facer a celebración no patio pero, aínda así, luciu florido e fermoso no centro do ximnasio. Traballamos arreo co fiuncho, as flores e todos os adobíos cos que creamos entre tod@s unha fantástica obra de arte para festexar a chegada da primavera e o renacer da natureza. E non faltou o "toque" especial relacionado co noso PDI: unha bombilliña moi feituca que alumeaba no alto do maio. Que ben cantamos as coplas e que guap@s estabamos coas nosas coroas, pulseiras e colares!! Pasámolo xenial!!
Queremos dar as grazas ás familias que quixeron acompañarnos este día e a todas as que colaboraron coa achega dos materiais para a elaboración do MAIO. E, por suposto, agradecer aos profes e, en especial, a Toniño o seu esforzo e dedicación na organización da festa. Grazas a tod@s!!! Así o fixemos: Durante dous días preparamos o maio: Quedounos chulísimo!!!
Despois chegou a festa!! Cantamos e tocamos arredor do maio:
Pero aínda temos moitas fotos supersimpáticas: Para ver como fixemos o maio preme AQUÍ Para ver como foi a festa, preme AQUÍ
Se queredes ler as coplas premede na imaxe de MIK E... ATA O CURSO QUE VÉN!!! |
|
|
|
AS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DE QUINTO E SEXTO DE EP VISITAN AS AULAS DE E. INFANTIL |
|
Na mañá do xoves, as madriñas e padriños lectores de quinto e sexto de EP visitaron as aulas de E. Infantil para realizar os sorteos do apadriñamento lector. Todos estaban encantados co encontro, tal e como vedes nas imaxes: Podedes ver máis fotos AQUÍ Se preferides ver o álbum completo dese día tal especial premede AQUÍ Se tamén queres ler a crónica do que ocorreu nas outras aulas preme AQUÍ |
|
|
|
SORTEO DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES |
|
Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, no noso centro levamos a cabo unha actividade de apadriñamento lector xa consolidada desde hai varios cursos. Antes da cita lectora, que terá lugar na "hora de ler" de mañá, venres, os padriños e madriñas visitan as aulas dos afillad@s para realizar os sorteos e facer as presentación coa axuda das "tarxetas lectoras" que levan días preparando. Tod@s agardaban ese momento con moita ilusión. Mañá acudirán ao patio de recreo para vivir, un ano máis, a emoción da lectura compartida. TARXETAS LECTORAS: Alumnado de 4º visita a aula de 1º - (VER MÁIS FOTOS) Alumnado de 3º visita a aula de 2º -(VER MÁIS FOTOS) O alumnado de quinto e sexto de Primaria estivo cos peques de E. Infantil. Nos blogs de aula O CURRUNCHO DO PRIMEIRO CICLO, KANGURINES e MI AULA podedes ler as crónicas deste día. Para ver TODAS AS FOTOS preme AQUÍ |
|
|
|
CHEIRA A MAIO!! |
|
Estes días o alumnado anda moi cantareiro. Penso que algo están argallando pois soben e baixan continuamente das aulas para o salón de actos, recitan e, sobre todo, rin moito. Teño que poñer o meu traxe de Mik-Holmes e empezar a investigar! Se vos enterades de algo, contádemo. Eu vou estar moi atento, asexando nun curruncho. Pero o meu nariz de rato dime que... cheira a MAIO!!!
Atopei as coplas do profe Toniño na biblioteca. Ai, que despistado é!!! Agardo que se poña contento porque non sei como faría para ensaiar os "maios" sen elas. Déixollas aquí para que non volva perdelas (preme na imaxe de Mik vestido de "maio").
Tamén podes lelas no libriño de abaixo.
Bueno, agora só queda agardar a que chegue o 30 de abril. Imos pásalo xenial. Bicos ratunos para tod@s!!! |
|
|
|
LEDICIA COSTAS NA NOSA BIBLIOTECA |
|
 A mañá do xoves, día 16 de abril, visitou a nosa biblio Ledicia Costas, autora de ?Escarlatina, a cociñeira defunta?, un dos libros que o alumnado de quinto e sexto de Primaria traballamos este curso. Esta obra recibiu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014 da editorial Xerais. Ledicia presentouse comentándonos datos da súa biografía: a súa orixe viguesa, os seus estudos de Dereito e que exerceu de avogada; aínda que agora só se dedica a escribir, actividade que realiza desde moi noviña, e a visitar os centros cuxo alumnado traballa cos seus libros. Tamén nos comentou a súa afección pola cociña e todo o referente ao mundo de ultratumba, temas que se reflicten perfectamente nesta obra. Preguntounos se practicaramos realizando algunha das receitas e como nos saíran. Con moita nobreza, recoñecemos que non sempre tivemos éxito, pero que en segundos intentos o resultado foi mellorando. Preguntándolle soubemos que este libro foi co que máis se divertiu ao escribilo, baseándose en vivencias propias como a impactante disección dun mexillón cando era nena. Entre outros moitos detalles, desvelounos a importancia que tivo para ela o seu avó, igual que para Román, o rapaz protagonista. Ao remate, asinounos os libros cunhas dedicatorias moi agarimosas. Moitas grazas, Ledicia!

 Máis fotos AQUÍ |
|
|
|
TRABALLANDO NO NOSO PDI SOBRE A LUZ |
|
Xa estamos na recta final dos traballos de recollida de información e elaboración de documentos sobre o noso PDI deste curso. O Departamento Científico EP-34 está traballando arreo e anotando nos seus cadernos os resultados. Aquí vos deixo unha mostra do que se está facendo nas aulas:
Presentando o Departamento científico:
Científic@s e investigadores: Os experimentos de terceiro: Os experimentos de cuarto:Fabricando o arco da vella O círculo de Newton:
Isto promete!! Pouco a pouco iremos mostrando o resto dos traballos. PARABÉNS A TOD@S!!! |
|
|
|
LEDICIA COSTAS |
|
Mañá, 16 de abril, o alumnado de quinto e sexto de EP recibirá na nosa biblioteca a Ledicia Costas, autora do libro Escarlatina, a cociñeira defunta.
|
|
|
|
DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR 2015 |
|
Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar".
Fonte: artigo recollido no blog Bibliotecas Escolares de Galicia: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog |
|
|
|
DÍA DO LIBRO 2015: CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS |
|
Para celebrar o Día mundial do libro e dos Dereitos de Autor, MIK tráenos unha divertida proposta para realizar en colaboración coa familia.
Coas vosas achegas faremos unha gran exposición para que tod@s poidamos gozar da vosa imaxinación e creatividade. Agardamos a vosa participación!! MIK LEVOU A SÚA CARTA ÁS AULAS NA COMPAÑA D@S AXUDANTES DA BIBLIOTECA:
Preme na imaxe de abaixo para ler a carta de Mik:
|
|
|
|
DÍA DO LIBRO 2015: APADRIÑAMENTO LECTOR, UN CURSO MÁIS |
|
O próximo 24 de abril, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR/A, levaremos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola sétima edición!!!!). Como é habitual, durante os días previos realizaranse os preparativos: os padriños e madriñas escollerán os libros que prepararán para ler aos afilla@s e elaborarán e decorarán as tarxetas lectoras para realizar os sorteos de afillad@s no día anterior á cita lectora. Á espera dese día, no que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s, podedes ir vendo algunas imaxes das artísticas tarxetas lectoras doutros anos (preme na imaxe):
|
|
|
|
|
|
|