Hoxe o alumnado de 4º de EP mantivo un encontro co escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro Ti non xogas! Durante a súa visita compartiu cos nenos e nenas a súa experiencia como escritor e respostou amablemente a todas as preguntas que plantexaron. Despois dunha agradable conversa asinou os pacientemente todos os exemplares.
Silvestre, moitas grazas por compartir con nós a túa presencia e o eu tempo.
Aquí tendes a reportaxe:
Por fin chegou o día esperado tanto polos padriños e madriñas como polos afillad@s, e aínda que o tempo non nos permitiu disfrutar dos libros ao aire libre, tivemos a nosa sesión de lecturas compartidas no ximnasio.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, o aire encheuse de historias fantásticas que facían sorrir aos máis pequenos e que levaban moi lonxe os pensamentos. A imaxinación viaxaba ao tempo que os padriños e madriñas lían con agarimo páxina tras páxina... Pero mellor que as palabras son as imaxes e aí volas deixo, para que dalgún xeito compartades con eles eses momentos tan especiais:
Cun precioso cofre que gardaba unhas fermosísimas tarxetiñas para facer o sorteo de padriños e madriñas lectores, o curso de 2º de Primaria recibiu moi ilusionado a visita do alumnado de 4º. Cun sinxelo pero moi emocionante acto, levamos a cabo as presentacións. Por suposto, os nenos e nenas de 2º están moi agradecidos e contentos porque o luns, 23, Día do Libro, escoitarán entusiasmados as historias que estes estupendos padriños van compartir con eles. Aquí vos deixo as imaxes duns momentos tan especiais:
E aquí a visita dos padriños e madriñas á aula de 1º de EP:
Xa se achega o 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, no que realizaremos, un ano máis, a actividade que tanto nos gusta "Madriñas e padriños lectores". Durante esta semana os padriños elexiron con moito coidado os libros que lerán aos seus "afillados" ese día. Mañá serán as "presentacións" nas que os padriños e madriñas visitarán as aulas dos afillad@s onde se concretará a cita para o gran día. Que emoción!! Pero... sabedes por que se celebra o 23 de abril o Día do Libro? Pois veña, a INVESTIGAR!! Por se non tendes moita idea aquí vos deixo unha pista (preme na imaxe):
Con este Lim elaborado polo Seminario Galán para o 3º ciclo de Primaria podes aprender moitas cousas sobre o personaxe homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Preme AQUÍ para facelo en pantalla completa.
Aquí outro libro de actividades interactivas para que te convirtas nun expert@ na vida e na obra de Paz Andrade. Se queres facelo en pantalla completa preme AQUÍ
Premendo na imaxe de abaixo accederedes a todas as actividades interactivas preparadas polo Seminario Galán para todos os ciclos de Primaria e para E. Infantil. Seguro que o pasaredes ben e aprenderedes moito:
Desde o Ceip Nosa Señora de Xuvencos propoñen unha webquest moi interesante para traballar en grupo a figura de PAZ ANDRADE:
Podes acceder a moitos máis recursos e materiais sobre as LETRAS GALEGAS na ligazón do panel lateral:
Seguimos traballando no noso Proxecto Documental Integrado arredor dos Xogos Olímpicos. Entre os materiais de apoio elaborados polo profesorado, chéganos desde o 2º ciclo o seguinte libro de actividades interactivas, co que podes poñer a proba os teus coñecementos sobre as cidades e os países sés dos Xogos. Anímate, seguro que te divertirás e aprenderás moitas cousas interesantes. (Podes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño da esquina superior)
Neste mes dos libros, no que agasallamos aos escritores e escritoras que nos fan máis agradable as nosas vidas queremos presentarvos a uns pequenos grandes artistas: os nenos e nenas do noso cole e os seus "CADERNOS DE ESCRITORES". Pois si, temos uns estupendos escritor@s e ilustrador@s dentro das nosas aulas, que cuidan con mimo os seus preciosos cadernos onde escriben contos, poesías, adiviñas... Aquí vos deixo algúns exemplos, ireivos mostrando máis porque paga a pena velos todos. NORABOA RAPACES!!!
Para achegarnos á figura de H. C. Andersen e á súa obra, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentaremos ao alumnado estas actividades interactivas. O mes de abril estará cheo de libros e contos,XA VEREDES!!!(podedes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño da esquina superior).