Hoxe, o alumnado de 4º de EP tivo unha xuntanza na biblioteca coa escritora Chus Pereiro, autora da obra de teatro Restaurante Farruco. A autora relatounos as circunstancias e as anécdotas que rodearon o proceso de creación desta divertida peza teatral. Foi unha conversa agradable e distendida, na que os nenos e nenas fixeron preguntas e expresaron as súas opinións, moi interesados no que se refería aos motivos de inspiración da escritora á hora de deseñar trama e personaxes. Ao finalizar a conversa, moi amablemente, asinou os exemplares de todos nós.
O próximo venres, día 9, recibiremos a visita da escritora Chus Pereiro, autora da obra de teatro Restaurante Farruco. O alumnado de 4º de EP compartirá con ela a experiencia do seu achegamento como lectores a este xénero, co que contactaran ata o de agora unicamente como espectadores.
Cunha trama divertida, uns diálogos rimados e uns pintorescos personaxes vivimos un día moi especial no restaurante do camareiro Farruco.
Xa levamos disfrutado moito coa lectura desta peza teatral e agora agardamos con impaciencia descubrir os segredos da siñá Manuela, Farruco e os extraños manxares deste restaurante peculiar. Xan López Domínguezfoi o encargado de dar vida aos personaxes coas súas estupendas ilustracións.
Chus Pereiro escribiu ademáis ¡Mamasiña, que medo!, outra obra teatral.
Proximamente celebraremos o Día Internacional do Libro, polo que nos pode vir ben coñecer este dispositivo difundido por Leerestademoda.com: (Visto en Biblioabrazo)
Para estes últimos días de vacacións, tráiovos un xogo que coñezo dende hai algún tempo. Trátase de retar a este xenio que o adiviña todo. Só tes que pensar nun personaxe e a continuación contestar as preguntas que che formula o xenio. Antes de chegar á número 20 terá adivinado o teu personaxe. ¿Que non o cres? ¡Pois inténtao! Se consigues vencer ao xenio, dime cal foi o personaxe que elexiches :
Co motivo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, MIK tráenos unha proposta de traballo co fin de lembrar unha vez máis a importancia da lectura e o papel fundamental que ten a familia na adquisición do hábito lector.
¿Queres saber o que MIK nos pide que fagamos? Pois preme no sobre:
O premio Hans Christian Andersen é o galardón máis importante dentro do campo da literatura infantil. Consiste nunha medalla acompañada por un diploma, que se concede cada dous anos a un autor e a un ilustrador. Prémiase aos autores que polo extraordinario valor dos seus traballos fixeran unha perdurable contribución á literatura infantil e xuvenil e estean vivos no momento do nomeamento. Concédeo o IBBY (International Board on Books for Young People - Organización Internacional para o Libro Xuvenil) e está patrocinado pola Raíña de Dinamarca. (El poder de la palabra)
Este ano os gañadores foron o escritor británico David Almond e a ilustradora alemá Jutta Bauer. De David Almond en España temos publicados os libros Comefuegos, En el lugar de las alas, Las raíces de Kit, Mi último verano e El salvaje E de Jutta Bauer, El ángel del abuelo, Así empezó todo, Bona Nox, Madre chillona, Por qué vivimos a las afueras de la ciudad, Selma ou Viaje a la isla de los milagros.
En Biblioteca viva recoméndannos dous títulos que ben nos poden servir para ir coñecendo estes autores.
Os dous gañadores impuxéronse a Jordi Sierra y Fabra e a Xan López Domínguez, candidatos españois a estes premios, como escritor e ilustrador, respectivamente.