|
|
AGARDANDO A XELÍS DE TORO |
|
Mañá, 1 de abril, o alumnado de terceiro de Primaria recibirá na nosa biblioteca a visita do escritor Xelís de Toro. Como agasallo prepararon entre tod@s un bonito mural. Agardamos que lle guste!!
|
|
|
|
GOOGLE: CIENCIA EN FEMININO - ÁNGELA RUIZ ROBLES |
|
Novamente, no seu doodle de hoxe, Google pon de relevancia un nome en feminino e en galego conmemorando o 121º aniversario do nacemento da mestra e inventora Ángela Ruiz Robles, creadora da enciclopedia mecánica, considerada a precursora do actual libro electrónico.
O 12 de novembro de 2013, no canal La 2, de RTVE, o programa Con ciencia, fóra de emisión na actualidade, dedica un reportaxe a esta polifacética muller:
|
|
|
|
CAMIÑO DA LINGUA |
|
 O martes, 8 de marzo, no marco do PDI sobre Vigo, a proposta do ENDLG do noso centro, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria gozaron do obradoiro Camiño da Lingua, que incluía probas lingüísticas, culturais, adiviñas, trabalinguas e xogos didácticos, o que resultou moi moi acaído ao noso proxecto xa que se xunguían coñecementos sobre a nosa lingua e sobre a nosa cidade. A unidade lúdica é o xogo da oca tematizado co personaxe de Buxo e cos lugares emblemáticos de Vigo.
Un taboleiro, un dado xigante, dous equipos e moitas ganas de divertirse foron os ingredientes desta fantástica actividade. Pasámolo xenial!!!!
|
|
|
|
CADERNO DE TRABALLO SOBRE VIGO |
|
O alumnado de 1º e 2º de EP xa están traballando no seu caderno de pescudas sobre o tema do PDI deste ano: Unhas pinceladas de Vigo Quedou moi chulo e seguro que vos encanta traballar nel!!! |
|
|
|
8 DE MARZO: MATERIAIS PARA A AULA |
|
Agradecemos a FETE-UGT a achega dos seguintes materiais para traballar o 8 de marzo nas escolas: - Cartaz e explicación das letras do abecedario da Igualdade. http://www.educandoenigualdad.com/2016/02/25/8-de-marzo/
- Cuadernillo ESCUELA con actividades (infantil /primaria/secundaria) http://www.educandoenigualdad.com/wp-content/uploads/2016/03/Enero2016.pdf Tamén podedes acceder aos seus materiais aloxados na páxina "Educando en igualdad" onde atoparedes moitas propostas arredor da igualdade de xénero e a coeducación
|
|
|
|