O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

FESTA POÉTICA!!
O venres rematou a actividade Días de Poesía, despois de varias xornadas de recitados de poemas que o alumnado preparou concienzudamente, lendo, analizando, ensaiando, memorizando... Un curso máis, queremos felicitar a todos/as polo ben que o fixeron e polo ben que souberon transmitir toda a beleza da poesía. FOI FANTÁSTICO!!
Aquí vos deixo os vídeos que faltaban. DISFRUTADE!!







Se premes na imaxe de abaixo poderás ver unha morea de FOTOS
DIAS_DE_POESIA_2012

Comentarios (3) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 31-03-2012 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA CON 1º
Que artistas! Aquí están os nenos e nenas de primeiro, recitando á perfección unhas poesías moi bonitas:
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 31-03-2012 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA CON E. INFANTIL
Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 30-03-2012 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA
Hoxe tivo lugar a segunda xornada de DÍAS DE POESÍA, a cargo do alumnado do segundo ciclo de Primaria. Axiña teredes cumprida conta de todo o que aconteceu nestes días, onde os nenos e nenas do noso centro volven facer gala do seu saber estar e da súa arte recitando aos poetas máis recoñecidos, tanto en galego como en castelán. Pero, para os impacientes, xa podedes disfrutar cuns vídeos que atoparedes na páxina web do centro: Días de poesía con 4º - Días de poesía con 3º.
Mañá tocaralles ao primeiro ciclo, que xa están moi preparados. Aquí os tendes nunha sesión de ensaio:
preme para agrandar

Bicos ratunos,


Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 26-03-2012 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO, ANXO!
Aquí está a crónica do encontro do autor e ilustrador Anxo Fariña cos nenos e nenas do 3º ciclo do noso cole. Eles mesmos relatan así a experiencia:
Cun "GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO" ben grande que puxemos no taboleiro da nosa biblioteca, o alumnado de Quinto e Sexto de Primaria recibimos o pasado xoves, día 22, a Anxo Fariña, autor e ilustrador do libro "Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa", novela que lemos neste segundo trimestre do curso.
Tiñamos todo decorado con palabras como: fantasía, amor, imaxinación, interese, medo, Venecia... , as que a cadaquén nos suxeriu a lectura desta obra.
Anxo foinos detallando como artella as historias que conta nas súas obras e máis en concreto nesta nova aventura de Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa.
Como tamén é quen ilustra os seus libros, explicounos o proceso que segue e mesmo nos demostrou a facilidade que ten para recrear plasticamente os seus personaxes literarios.

Contestando amablemente as nosas preguntas, desvelounos que algúns destes personaxes creounos baseándose en persoas que el coñece e que aínda son moitas as aventuras que lles quedan por vivir.
Ao remate, asinounos os nosos libros e despedímonos del agradecéndolle a súa visita e o tempo que nos dedicou.
Podedes visitar a páxina dos Megatoxos e estar á última en todas as novidades desta pandilla.
E agora a reportaxe gráfica:

Comentarios (1) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 25-03-2012 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE ANXO FARÑA
Hoxe estivo con nós o escritor e ilustrador Anxo Fariña, creador dos Megatoxos. Como a crónica e a reportaxe gráfica aínda están no forno, teredes que esperar para coñecer todos os detalles.
ESTADE ATENT@S!



Vale, vale..., aí vai un aperitivo:


Comentarios (0) - Sección: Visitas autores/as - Publicado o 22-03-2012 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAS DE POESÍA
Coa primavera, as flores, a alegría..., chega a POESÍA. O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía (podedes ler AQUÍ a mensaxe de Irina Bukova, directora xeral da Unesco, co gallo desta celebración).
Por outra banda, é tamén unha das datas sinaladas no calendario das letras, que recolle os principais eventos anuais relacionados coas letras galegas.
E, como desde hai varios cursos, no Mestres Goldar tamén temos unha cita coa poesía nas xornadas de recitados, DÍAS DE POESÍA, que comezarán o 23 de marzo. Non esquezades visitar a exposición de libros de poesía que temos na biblioteca.
Na seguinte ligazón atoparedes unha escolma de páxinas e recursos para traballar a poesía nas aulas. Podedes acceder tamén no panel lateral:


Desde a Biblio do pintor Laxeiro chéganos esta fermosa selección de poemas sobre o mar:

Comentarios (0) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 21-03-2012 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
APRENDER E XOGAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
Para traballar a Formación de Usuarios co alumnado do 1º e do 2º ciclo, aquí temos un libro Lim con actividades interactivas que poden facilitar o traballo co noso alumnado, ao tempo que lle ofertamos un xeito divertido de aprender.
Primeiro lede atentamente toda a información e despois faredes as actividades. Se vos saen todas ben..., haberá sorpresa?. ADIANTE!!
Podedes facelo en pantalla completa premendo no cadradiño que ten debuxada unha pantalla (na esquina da dereita do xogo)



Comentarios (2) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 19-03-2012 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
PRENSA NA ESCOLA. RECURSOS
Para traballar durante a semana da prensa nos centros escolares temos na seguinte ligazón unha escolma de actividades e recursos que nos poden ser útiles para levar ás aulas:


Podedes acceder a esta ligazón permanente no panel lateral da esquerda, no botón:


Comentarios (2) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 11-03-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
INTERROGATORIO OLÍMPICO
Primeiro le atentamente toda a información e despois fai as actividades. Se che saen todas ben serás un/unha auténtico "olímpic@". ADIANTE!!
Podes facelo en pantalla completa se premes no cadradiño que ten debuxada unha pantalla (na esquina da dereita do xogo)






Comentarios (0) - Sección: OS XOGOS OLÍMPICOS. PDI 2011/2012 - Publicado o 10-03-2012 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0