Xa metidos de cheo nas actividades do mes de abril, na próxima semana recibiremos a visita dun escritor e dunha escritora que fixeron as delicias do noso alumnado durante o segundo trimestre. Ana Alonso estará o día 4 cos nenos e nenas de 2º de Primaria para compartir as experiencias e as sensacións que provocou neles a lectura do seu libro El mapa del bosque, da colección Pizca de sal (entra na web de Pizca).
Se queredes saber moitas cousas sobre ela e as súas obras podedes visitar o seu blog.
O día 5 estará na nosa biblioteca, cos nenos e nenas de 4º de Primaria, o contador de contos e escritor de narrativa e teatro, Pepe Maestro. Neste encontro terán ocasión de dar resposta a todas as preguntas e curiosidades que suscitou a lectura do seu libro, El circo de Baltasar, cos seus personaxes entrañables, que entenden como norma de vida o traballo en equipo e o respecto ao entorno (guía de lectura).
Pois xa sabedes, dentro duns días podedes compartir cos autores dos vosos libros as vosas inquedanzas. XA ME CONTAREDES!
Xa estamos ás portas do mes de abril, un mes que nos trae dúas conmemoracións importantes arredor do libro e da lectura. O día 2 celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, promovido polo IBBY (International Board on Books for young people), co que quere por de relevancia a figura do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre os nenos e nenas. Cada ano un país membro de dita Organización Internacional encárgase de seleccionar a un escritor e a un ilustrador para realizar a mensaxe e o cartel que se dirixe a todos os nenos do mundo. Este ano correspóndelle a Estonia, que enviou o cartel de Jüri Mildeberg e a mensaxe de Aino Pervik.
Tamén podes ler o tríptico que presenta o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado.
Se queres saber máis sobre a autora do texto preme abaixo:
Seguimosentempodepoesía... A próxima semana terá lugar a Semana da Poesía, xornadas de recitados de poemas que o alumnado ven preparando todos estes días, lendo, analizando, ensaiando, memorizando... Bueno, que xa estou desexando que chegue o día para gozar da man destes pequenos artistas que, coa súa sensibilidade, saben apreciar e transmitir toda a beleza da poesía. Durante a "Hora de ler" cada ciclo ofreceranos o seu recitado, en galego e en castelán, de varios autores/as (podedes ver AQUÍ o programa ou premendo na imaxe).
Ah! E ide preparándovos para invocar ás musas e convertirvos vós tamén en poetas e poetisas... Xa vos contarei!!
E se queredes ir facendo boca, podes ver AQUÍ a reportaxe da Semana da Poesía do curso pasado. Foi FANTÁSTICO!!
Hoxe quedaron inauguradas oficialmente as xornadas dedicadas á poesía. Para este acto contamos coa colaboración de dous actores fantásticos que nos fixeron gozar cunha historia de piratas na que non faltou de nada: esqueletos, cofres do tesouro, mapas... e, por suposto, poesía! pois alí estaba un pirata poeta que nos recitou aquel famosísimo poema de Espronceda que comeza así: ?Con cien cañones por banda??, lembrades?
Eu penso que non se pode empezar mellor, xa que o teatro e a poesía fan unha mestura excelente. Pasámolo estupendamente e agora estou desexando vervos a vós, na semana dos recitados, pois seguriño que todos imos quedar abraiados co ben que o faredes.
Aquí vos deixo a reportaxe. ¡DISFRUTADE!
Para que poidas escoller as túas lecturas poéticas, na biblioteca tes unha exposición con libros de poesía, en galego e en castelán, na que che será moi fácil atopar o que a ti che gusta.
E xa sabes, tal e como di o cartel da biblioteca, estamos en
O venres, 18 de marzo, finalizou o plazo de entrega dos traballos de investigación sobre os xornais. Durante todos estes días o alumnado traballou arreo para completar os seus caderniños de pescudas, cos que aprenderon moitísimas cousas sobre as noticias, o estilo periodístico, os xornais do mundo, algunhas curiosidades?
Desde o comezo da actividade puideron visitar unha pequena exposición con xornais de todo o mundo, incluso puideron ver un de Xordania!
Preme na imaxe para ver máis
Os grupos de alumnado visitaron a exposición e xogaron a adiviñar o país ao que pertencían todos aqueles xornais. Que difícil foi para os máis peques!
Preme na imaxe
Despois tocou traballar:
Os nenos e nenas de Infantil buscaron titulares de noticias para contar aos compañeiros/as e ilustráronnas moi ben:
Preme na imaxe
Os nenos e nenas de Primaria investigaron, investigaron, investigaron..., na biblioteca, en internet, nos xornais...
Preme na imaxe
Agora só queda que cheguen os Mikopuntos mentres disfrutamos da satisfacción de ter aprendido moito realizando un traballo FANTÁSTICO!!! PARABÉNSATODOSOSNENOSENENAS!!
No día dos papás, nada mellor que compartir co teu papá unha desas lecturas "especiais para papás", que tamén nos valen para os "papás especiais", como esta que che deixo aquí:
Un papá a la medida, escrito por David Calí e ilustrado por Anna Laura Cantone, da editorial Edelvives. Nai e filla téñeno claro, queren buscar un papá á súa medida: que sexa forte, moi forte, con moito pelo, moi guapo, moi listo, que saiba facer quebracabezas difíciles, patinar como unha seda. A verdade é que o teñen bastante complicado.
Deciden poñer un anuncio no xornal e aparecen moitos candidatos, pero ningún cumpre as súas necesidades. Cando todos marchan queda un que é baixiño, moi baixiño, non moi guapo nin moi forte, non ten nin idea de patinar nin de facer quebracabezas, pero...
Tamén podes compartir con papá o visionado deste conto tan simpático. Verás como che gusta moito:
... preséntovos un gato moi especial, un gato POETA!!
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras, ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O libro vai acompañado dun CD con seis cancións con música de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia (www.gatopoeta.net) na que o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas? Claro que, para poder acceder, terás que mercar primeiro o libro, onde atoparás a chave para entrar no espazo virtual (parece ser que esta é unha desas "manías" que teñen os gatos con certas habilidades).
Por xentileza da editorial Xerais, podemos escoitar unha das cancións do CD:
¿A que ten boa pinta? Pois aproveita para ler poesía e pregunta por este gato tan especial na biblioteca do centro, verás como che gusta. (Recomendado a partir de 8 anos).
Como xa temos ás portas a nosa "II Semana da poesía" e andaredes moi atarefados buscando e escollendo os poemas que ides traballar e recitar, tráiovos uns libros que seguramente vos van gustar moito e axudaranvos na busca. Atoparedes poesías sobre animais, sobre a natureza, sobre persoas, sobre o amor, poesías de humor, poesías longas , poesías curtas...
Podedes empezar con Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo. Os poemas, ilustrados, toman como motivo diversos temas, entre eles, os insectos, as estrelas, os namorados, o calendario ou unhas bruxas que van ao súper. Coñecerás personaxes como Mariposa, ou é Mari Sopa?...; tamén descubrirás ao Mosquito chupasangues, a Don Lapis e Dona Libreta; axudarás á Lúa a contar estrelas e acompañarás á bruxa a mercar... (ver guía-actividades)
Pero aínda hai moitos máis libros con preciosos poemas. Aquí vos deixo unha selección feita por mestras e mestres de Educación Infantil e Primaria:
Preme AQUÍ para velo a pantalla completa ou AQUÍ para descargar en Pdf.
Como ven sendo habitual, a biblioteca do centro ofrécenos unha selección de recursos, materiais e propostas didácticas para levar a cabo nas aulas. Esperamos que vos sexan útiles:
Curtametraxe do IES Miguel Servet que obtivo o primeiro premio da súa modalidade no VII Festival de curtametraxes de Cinema e Saúde (Zaragoza 2009). O equipo de Servetus Studio 2009 realizou unha película en parte de animación cunha técnica nova. A mensaxe está clara: As cousas da casa son tarefa de todos. A banda sonora orixinal tamén recibiu unha mención especial no devandito festival.
¡DISFRUTA!