O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

ILUSTRANDO A LECTURA. DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
En moitas ocasións, as imaxes axudan a comprender o significado do texto e serven de apoio visual aos lectores inexpertos. Sen embargo, aínda que nos libros xuvenís non adoitan ser necesarias para a comprensión do texto, si enriquecen a experiencia lectora e contribúen á formación dun criterio respecto ás calidades artísticas.
Para celebrar e gozar no Día do Libro infantil e Xuvenil déixovos unha fermosa colección de ilustracións, que convidan á lectura a grandes e a pequenos, imaxes que evocan placeres, mundos e soños, que suxiren viaxes ao longo da nosa imaxinación..., porque a ilustración non é só cousa de nenos:
ILUSTRANDO A LECTURA (para velo mellor pasa o rato pola zona de abaixo da presentación e preme nos cadradiños da parte inferior dereita)

(Imaxes de diferentes autores/as recollidas en Pinzellades al mon)


Comentarios (6) - Sección: Ilustración - Publicado o 31-03-2010 03:29
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIL, MES DO LIBRO

"UN LIBRO ESPERA POR TI; BÚSCAO!"

A piques de estrear o mes de abril, xa está á nosa disposición o cartel conmemorativo do Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que edita a IBBY (International Board on Books for young people), e no que reza o lema Un libro espera por ti; búscao! Este ano Noemí Villamuza e Eliacer Cansino son os responsables da ilustración e do texto, respectivamente. Podes ler o tríptico nas catro linguas oficiais. Na páxina da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) atoparás as actividades programadas por este organismo para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil.
Por outra banda, Cristina Novoa (Bibliotecas escolares de Galicia) facilítanos a ligazón á páxina da UNESCO onde podemos acceder ao cartel para o 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.

Como vedes, o 2 e o 23 de abril son dúas datas especiais nas que libro e lectura son protagonistas e convertirán este mes que imos comezar no Mes do libro, para o que as bibliotecas escolares están preparando xa moreas de actividades coas que poñer de relevancia estas datas e o seu significado.




Comentarios (1) - Sección: Día do Libro Infantil e Xuvenil - Publicado o 29-03-2010 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGOU O CARTEIRO
Por fin, o venres pola mañá, tivemos as esperadas noticias de MIK. Chegou o carteiro cunha morea de cartas para todos os nenos e nenas do cole. E, novamente, o noso ratiño fainos unha petición. ¿Queres ler a súa carta? Pois preme no sobre:



¿Que che parece? ¿A que é unha idea estupenda? Pois veña, a escribir fermosas poesías, que ben sei eu que sodes todos uns auténticos poetas e poetisas.



Comentarios (2) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 27-03-2010 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA A SEMANA DA POESÍA CUNHA CHAMADA INESPERADA...
Aquí tendes a reportaxe gráfica da SEMANA DA POESÍA. ¡Foi fantástica!


Unha vez máis, estes nenos e nenas demostraron que son uns artistas. Todos estes días estiveron traballando arreo para agasallarnos con estes fermosos recitados. Resultou unha semana do máis poética, na que descubriron o pracer de ler poesía e a satisfacción de compartila. Pero a última sesión de recitados viña con sorpresa: o profe Carlos recibiu unha inesperada chamada telefónica cando iamos comezar. Todos quedamos abraiados, e máis cando soubemos quen nos chamaba:


E isto foi o que pasou. Agora toca esperar pero, claro, estamos moi, moi impacientes e desexando recibir canto antes as noticias de MIK.


Se queres ver as fotos, preme na imaxe:


Comentarios (32) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 25-03-2010 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
NECESARIA POESÍA...
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, declara:
«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.» (Recollido en Bibliotecas Escolares de Galicia)

En
Rede Lectura atopamos unha selección de textos poéticos de referencia:

Poesía para todos os días, aínda que o 21 de marzo a fagamos protagonista das nosas lecturas.Poesía para todas as idades, para todas as personalidades, para todos os estados. Poesía imprescindible. E para facer boca... ter sempre presentes as antoloxías, as seleccións poéticas, as ocasións nas que abrimos un libro e catamos un poema. As antoloxías permítenos atopar varias voces e escoller as que nos "tocan" para seguir buscando eses libros e eses autores /as.

Para mostra algún botón:
Os nosos versos de Antonio García Teijeiro en Anaya
Antoloxía da poesía galega para nenos de Susaeta
O libro dos cen poemas de Álvarez Cáccamo e Marisa Núñez
Poetízate de Fran Alonso

(Recollido en Rede lectura)

E para soñar, para sentir, para emocionarnos, estes poemas, especialmente adicados ao alumnado do noso centro, que nestes días están a descubrir a beleza, a música que transporta a poesía e que golpea ou acariña directamente o corazón:






E, por suposto, "A poesía é unha arma..."



Comentarios (5) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 20-03-2010 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
POETA, POESÍA E GLOGS
A dous días de celebrar o Día Mundial da Poesía traemos a lembranza dun poeta universal do que se conmemora este ano o centenario do seu nacemento. Trátase de Miguel Hernández Gilabert, nacido en Orihuela en 1910, e considerado "o poeta do pobo". Humilde coidador de cabras, con pouca formación pero de mente elevada, cunha gracia innata que o convertía sempre no punto de mira de calquera reunión, soubo como ninguén ser a voz do pobo ao que el pertencía, o que asumía con dignidade e sen complexos.
Na rede atoparás moitísima información sobre este insigne poeta, ademáis de páxinas sobre actos, conferencias, homenaxes... Podes ler un interesante artigo en
20minutos.es, onde atoparás tamén algunhas ligazóns de interés.
Deixo aquí un póster dixital con recursos, datos biográficos, obra, webquest... sobre o autor. Examínao detidamente e conseguirás aprender moitas cousas sobre este poeta:

PARA VELO MELLOR CLICA AQUÍ

Este póster dixital está confeccionado coa ferramenta Glogster, que podes empregar para participar na homenaxe a Miguel Hernández promovida dende A pie de Aula, Bloggeando, Repaso de Lengua e Tres Tizas (podes ver AQUÍ a súa proposta)
Acceso á páxina do proxecto (tamén clicando no Glog de abaixo)



Comentarios (1) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 19-03-2010 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
A MOSCA
Hai xa algún tempo faleivos noutro blog dun dos meus contos favoritos: A casa da mosca chosca, de Eva Mejuto. É un conto que me resulta especialmente simpático pola súa protagonista, un insecto que normalmente nos provoca bastante rechazo e que de agora en diante, coa chegada dos calores, veremos cada vez con máis frecuencia. Eu xa as atopo diferentes dende que esta mosca chosca nos convidou á súa casa e nos presentou aos seus amigos...
Nunha das miñas viaxes coñecín a unha conxénere súa, igual de simpática, saída dos pinceis de Matt Dawson:



¿A que xa che gustan máis estes animaliños tan molestos en moitas ocasións? Pois iso é o que consiguen os artistas, que vexamos as cousas con outros ollos... Visita a páxina deste ilustrador, verás moitos bichiños que che encantarán.

Comentarios (1) - Sección: Ilustración - Publicado o 18-03-2010 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMAVERA E POESÍA
A primavera e a poesía chegan xuntas ao Mestres Goldar e, para celebralo, a Biblioteca organizou a "Semana da poesía", do 22 ao 26 de marzo. Durante a "Hora de ler" cada ciclo ofreceranos un recitado de poemas, en galego e en castelán, de varios autores/as (podedes ver AQUÍ o programa).
Todos os cursos están traballando arreo na súa selección, analizando métricas, rimas, ritmos, entoación... En fin, que xa estou desexando disfrutar do bo facer destes pequen@s artistas.
A verdade é que ando entusiasmado con isto da poesía, ¡palabras que teñen música!, e estou por pedirvos que fagades de poetas e poetisas. Estade ben atent@s, axiña haberá novidades.

MIK


Comentarios (2) - Sección: Semana da Poesía - Publicado o 16-03-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA POESÍA. POEMAS E OUTROS RECURSOS
De cara á celebración do Día da Poesía, e como ven sendo habitual, a biblioteca ofrece aos docentes unha recompilación de recursos para facilitar o traballo na aula. Atoparedes a ligazón no panel lateral, premendo en "Día da poesía". Esta recompilación pódese ir enriquecendo coas vosas achegas polo que se coñecedes algún recurso de interés agradecemos que nolo comuniquedes para engadilo á nosa listaxe.


Comentarios (4) - Sección: Recursos - Materiais - Publicado o 15-03-2010 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECA
As bibliotecas, un lugar para a imaxinación, onde os días máis grises poden convertirse nun caleidoscopio de cores, e as horas máis anodinas en momentos emocionantes...

Comentarios (0) - Sección: Lectura - Publicado o 15-03-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0