O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

QUE VES?
Os Estereogramas son imaxes especiais que permiten obter unha ilusión de visión de profundidade, en tres dimensións e non requiren ningún equipamento adicional.
Como velos?
Ao principio pode resultar un pouco difícil velos, con todo, con algo de práctica e un pouco de paciencia podes conseguilo. Cando o consigas a primeira vez, xa non haberá ningún que se che resista.
Trátase de que cada ollo vexa unha parte da imaxe. Primeiro podes tentalo desde unha distancia normal do monitor, tratando de ver máis aló da imaxe, isto é, o plano de atrás (pode soar raro pero é así). Hai un momento en que parece que a imaxe se desdobra e é entón cando aparece a figura tridimensional.
Coloca o nariz pegado ao monitor e, fixando a vista á fronte máis aló da imaxe, vai separando a cara do monitor pouco a pouco, ata chegar a unha distancia normal (uns 40 cms.), pero en todo momento debes manter a visión como ao principio (no plano de atrás da imaxe).
Non desesperes e sigue tentándoo, marabillarate o que ves cando o consigas. Sorte!
Preme nas imaxes para velas ampliadas:








Conseguíchelo? Se é así escribe nun comentario que figura apreciaches en cada estereograma.

ANÍMATE!!


AVISO: Xa podedes ver os estupendos recitados dos nenos e nenas polo día da poesía AQUÍ

Comentarios (16) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 31-03-2009 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
FIEL, LEAL E VALEROSA...
O 28 de marzo de 1809 foi a primeira vez que o exército de Napoleón se retiraba dunha praza conquistada, e por lograr vencer as tropas francesas Vigo recibiu o título de CIDADE. Tras esta vitoria veu a organización da ofensiva coa que rematou a ocupación de Galicia polo exército bonapartista.
Este ano conmemorouse o bicentenario da fazaña con moitos actos culturais e lúdicos. A empresa Duplostudio Motion Graphics foi a encargada da produción do Vídeo oficial do Bicentenario da Reconquista de Vigo, unha produción que combina imaxe real mesturada con " motiongraphics". Este curto-documental pretende resumir de forma gráfica e directa o desenvolvemento dos acontecementos desde a chegada das tropas napoleónicas á vila de Vigo, até o desenlace que a levaría a lograr o título de Cidade Fiel, Leal e Valerosa, tras comandar a reconquista de toda Galicia.
O personaxe central é Carolo, interpretado polo actor galego Vicente Montoto.
Fai click sobre a imaxe de abaixo para ver este estupendo documental e seguro que ao rematar saberás moitas máis cousas sobre a historia da túa cidade e de Galicia.



Gracias, profe Charo, por facernos chegar este fantástico documental sobre unha das nosas festas máis celebradas.

Comentarios (5) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 30-03-2009 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: Unha vida a prol da cultura
Un novo recurso para o Día das Letras Galegas. Trátase dunha liña do tempo coa vida de Ramón Piñeiro López e información adicional nas datas máis significativas.
Está realizada coa ferramenta
TimeRime que permite unha elaboración sinxela e completa dunha liña do tempo, coa posibilidade de engadir arquivos multimedia e imaxes.

Preme na imaxe para ir a RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ: UNHA VIDA A PROL DA CULTURA e explora todos os vínculos, seguro que terás moitas cousas da súa vida un pouco máis claras...


MÁIS RECURSOS


Comentarios (3) - Sección: Letras Galegas - Publicado o 28-03-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
INCRIBLE PERO CERTO
Vivimos nun mundo cheo de extremos e paradoxas pois cando parece que todos nos atopamos mergullados na transición inevitable cara á era dixital, nun recuncho da India un diario escrito a man resiste o paso do tempo e o avance da tecnoloxía. The Musalman é o xornal indio máis antigo en lingua urdu. Cada día é escrito a man por calígrafos e ten 23.000 subscritores, principalmente nas comunidades musulmás do sur da India. Consta de catro páxinas nas que se cobren desde noticias locais até internacionais, editoriais e unha sección de poesía cada venres.

Aínda que existen programas informáticos en urdu, unha lingua derivada do persa, o árabe e dialectos locais, os calígrafos que transcriben os artigos (traducidos ao urdu do inglés, idioma no que escriben os dez redactores do xornal) fano a man utilizando unha antiga caligrafía horizontal.
O xornal ten dificultades financeiras pero o seu propietario Syed Arifullah, quen herdou o negocio do seu pai, afirma que non pechará pois é un ben familiar.

FONTE: 223 grados

Comentarios (6) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 26-03-2009 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
ALFIN EN 1º DE PRIMARIA
Despois da visita de MIK HOLMES á aula de 1º de EP para recoller os resultados das últimas investigacións, agora déixanos unha proposta para investigar empregando outra fonte de información. MIK quere saber máis sobre un animal que lle gusta moito: o elefante africano. Preme na imaxe do elefante e sigue as instruccións de MIK. Cando remates serás un expert@!. Deixa os resultados das túas pescudas na biblioteca, MIK estará moi contento!!



PREME NO ELEFANTE PARA COMEZAR A TRABALLAR!!




E aquí tendes os resultados das investigacións anteriores, que xa forman parte dos fondos da biblioteca, na sección "PRODUCCIÓN PROPIA":





Comentarios (19) - Sección: Formación usuarios - Educación documental - Publicado o 21-03-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
PASEANDO POLA RÚA...
Cando pasees pola rúa fíxate no que te rodea. Pode que atopes algúns carteis como estes:



Si alguien lo entiende, por favor que avise. Va ganando el "si va del lado contrario lo atropella un carruaje que lo lleva al hospital"


Es para uno de los famosos arboles que dan elefantes y rinocerontes...


No intente pasar con el porton cerrado porque con el roce lo gasta.


Orine directamente dentro. Gracias.


Dicen que bajo la delincuencia un 1493%...


Milanesa de vaca sin preocupaciones, lista para la aventura...


"Publicidad cooperativa" que se le dice...


Cuidado, hombre semisentado con dos barriles va para atras.


Vienen con título universitario.


Ideal para llevar a su hijo...



...y entonces?...



Avisan que no cierran y se disculpan por trabajar...



Los acuaticos se agotaron...


Cuidado! Muerden, patean y se hacen pis y caca.


????????

(Visto en Blogcindario, cos seus comentarios orixinais)



Comentarios (4) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 16-03-2009 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
OH, QUE LINDO GATIÑO!!!
Intenta rodear o gato. Vai picando nos círculos verdes.
Se está verde oscuro, por aí xa non poderá saír.

Deixarás fuxir este gatiño? PON A PROBA AS TÚAS DOTES DE ESTRATEGA!!!



PREME NA IMAXE PARA EMPEZAR A XOGAR


Comentarios (2) - Sección: As cousas de MIK - Humor - Curiosidades - Publicado o 15-03-2009 01:44
# Ligazón permanente a este artigo
LOS AMANTES MARIPOSA

LOS AMANTES MARIPOSA

Autor: Benjamin Lacombe
Traducción de Elena Gallo Krahe
Editorial: Edelvives

Los amantes mariposa é un álbum en gran formato que recrea unha lenda anónima chinesa e que relata unha tráxica historia de amor na que os protagonistas viven episodios de tenrura e momentos dramáticos comparables aos de Romeo e Xulieta. Na versión creada por Benjamin Lecombe, Naoko, unha moza de catorce anos decide escapar do destino tradicional dunha rapariga chinesa da época e enganar ao seu pai coa intención de estudar literatura na cidade, para o que deberá vivir disfrazada de home. Alí coñecerá ao amor da súa vida e comezara unha fermosísima historia de amor.
O seu estilo sinxelo e as súas extraordinarias ilustracións fan deste álbum unha auténtica obra
de arte. Aínda que a editorial recomenda a súa lectura a partir dos sete anos de idade, a calidade e os atractivos da obra tamén enganchan aos adultos.
O ilustrador do libro, o francés Benjamin Lacombe, demostra nesta obra o seu enorme talento xa recoñecido a nivel internacional e que podes constatar na súa páxina.



Comentarios (0) - Sección: Recomendacións de lectura - Novidades - Publicado o 14-03-2009 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
VOCES POLA IGUALDADE DE XÉNERO!
Hoxe foi un día raro. Tiñamos moitas "baixas" por mor das gripes, gastroenterite, catarros... Empezaba a mañá un pouco tristeira, pero como "quen canta, os males espanta" non fixo falla insistir moito para que uns pouc@s espontáne@s se lanzaran a cantar. E que mellor que aproveitar para seguir reclamando a igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres. Velaí tendes un coro de voces estupendas que cantan como os anxos e que ademais cren no que están a dicir. DISFRUTADE!!




Comentarios (3) - Sección: Efemérides - Datas - Conmemoracións - Publicado o 11-03-2009 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
ISTO NON É UNHA TETEIRA...
O noso centro é un dos participantes na campaña CONTARTE, do concello de Vigo en colaboración con OQO EDITORA. Trátase dunha iniciativa didáctica de animación á lectura mediante obradoiros deseñados para achegar os cativos á literatura, á interculturalidade e á creación artística.
Estas actividades, están completadas con lotes bibliográficos que teñen como destino as bibliotecas dos centros participantes.

Hoxe estivo con nós Raquel, unha estupenda animadora que nos contou o conto O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira. Despois os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º convertíronse en pintores surrealistas, ao estilo de Magritte, e transformaron unha teteira nos obxectos máis variopintos: bananas, xeados, pipas, machadas... E por último, emulando o famoso cadro de Magritte amosaron as súas creacións comezando pola frase: "Isto non é unha teteira". Foron uns momentos fantásticos mergullad@s no mundo dos soños.
GRAZAS, RAQUEL!!!


Aquí tés algunhas fotos:

Podes ver AQUÍ o obradoiro Retrarte cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º
Comentarios (4) - Sección: Fomento da lectura - Publicado o 11-03-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0