Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro.
Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos...
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
María Reimóndez
Extracto do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018
A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
O 24 de outubro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitanpara dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. Atopan mozos e mozas na lectura dos seus versos unha muller actual e poderosa que se amosa cada ano que pasa máis próxima a todos e todas, a medida que os investigadores van desfacendo cos seus estudos as capas de escuridade que nola ocultaban. Unha vez máis, A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. Publica un manifesto na voz de María Reimóndez e propón, así mesmo, múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos.
Hoxe tivemos unha nova visita do noso amiguiño MIK acompañado polas axudantes da biblioteca. Desta vez trouxeron un convite a unha nova sesión cinematográfica na biblioteca. Que guai!!! Axiña baixará todo o alumnado para ver "Meñique y el espejo mágico", un filme que ten relación cun dos artistas galegos que estamos investigando. Sabedes de quen se trata??? Pois si, a banda sonora foi creada por MANUEL RIVEIRO!!
Dentro das actividades programadas co gallo do ENTROIDO, o venres, 2 de febreiro, tivemos un anticipo da festa e da troula coa charla sobre un dos persoaxes máis orixinais e antigos do entroido tradicional galego: A MÁZCARA DE MANZANEDA. Agradecemos moito a Xosé Diéguez a súa xenerosidade ao compartir con nós os seus coñecementos e o seu tempo. Pouco a pouco imos descubrindo os tesouros culturais que se atopan nos pobos e vilas de toda Galicia. Encantounos ver o pucho tan artístico que nos trouxo e gozar, en directo, do baile cun cinto cheo de chocas que acompaña o ritmo do "fulión". Pasámolo xenial!!! MOITAS GRAZAS!!!
Ao rematar a charla, Pepe tivo a amabilidade de prestar os seus obxectos aos máis ousados para facer unhas fotos moi trouleiras:
A continuación podedes ver o vídeo do programa da televisión española "Galicia para el mundo"que recolle esta tradición:
Durante os últimos días todo o alumnado do centro traballou e reflexionou sobre o significado do DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA e realizou uns preciosos murais colectivos onde reivindicaban o seu desexo de que a PAZ se instale nos corazóns das persoas e se extenda por todos os pobos do planeta. PARABÉNS A TOD@S!!!